30/10/07

AS LAGOAS DE EPIFANIO CAMPOS



Este fin de semana foi diferente ó habitual. O domingo levanteime con ganas de pasear (igual son as pastillas de Ginseng que estou tomando). O caso é que me puxen o chandal e as miñas novas deportivas e ó acabar de comer funme camiñando por Vilalonga, máis aló dos institutos, ata chegar ás lagoas artificiáis feitas ai tempo por Epifanio nas súas ánsias de atopar máis barro. Para os que non están postos no tema, o dono da nosa fábrica de ladrillo, según din, adicábase a buscar nos arredores (está o lado do mar) as fincas que poideran ter máis, sacaba o que puidera e logo facía un recheo. Claro que algunhas, porque eran súas, ou porque os donos llo permitiron, quedaron en enormes furados. Ata que medioambiente, dise, prohibeulle sacar máis barro e entre a proximidade do mar e a chuvia formáronse unha especia de lagoas que parecen de sempre e que son paso obrigado e de descanso de aves migratorias e outras especies. Tamén podes atopar patos, galiñas de auga (que as dí miña avoa)...muxes enormes.
Pasear por entre esas lagoas fixo que a tarde se me pasara voando. Quitei ó móvil e tirei algunhas fotos. REspirábase quietude e fixo que outro día levo a cámara dixital. Levei algunha pranta para ver si prenden arredor do estanque das carpas, que é unha afición que teño (xa, xa sei que non está moi ben vista).
Atopei que está sinalizado para senderismo, pero eu nunca vin a ninguén. Alguns dos camiños (bastantes) están esquecidos, cheos de silvas e xestas sin control. Alguén tiña que pensar en pedir que se limpara un pouco, que se puxera un pasamanos retirado dos bordes (para non espantar os animáis) e que nos permitiran disfrutar das vistas, do silencio que só interrumpen as aves. Os ecoloxistas non permitirán nada de isto, pero pareceume moi triste o abandono da zona. Incluso xa cerca da marisma, onde ás mariscadoras vixiaban ós posibles furtivos, respirábase esquecemento: bolsas vellas, gamelas que pudren, sacos, botellas, rodas e xoguetes, un colchón, roupa, restos de obra ... ¡Que tempos aqueles en que sendo críos saltábamos dunha especie de trampolín feito sobre un tubo de comunicación das lagóas co mar !!!. ¡ Qué lástima mirar ahora esa "poza" !, colapsada, chea de auga putrefacta, e montons de cousas inauditas flotando por alí.

25/10/07

O MUSEO QUE NIN PARA AS TELLAS


Hoxe fun ver un cliente do traballo e tiven que sentarme na sala de espera un tempiño que o home viña con retraso. Logo de ollar varias revistas, collín un xornal caducado.
" UN INFORME DE URBANISMO DECLARA ILEGAL UN MUSEO QUE LEVANTÓ EL AYUNTAMIENTO DE SANXENXO EN ÁREA PROTEGIDA ".
Según parece, o colectivo  "Salvemos Pontevedra" xa se queixara de que era ilegar e puxeran unha denuncia, pero eu ceo recordar que esto fora autorizado por a Consellería de Política Territorial a pesares dun informe que non favorecía nada a decisión, do ano 2004. Esta antiga fábrica de tella, fíxoa restaurar Telmo Martín para convertila nun museo interpretativo do mar (ou algo así). O caso é que con ou sin informe o director de urbanismo, un tal Martín F.Prado, autorizou as obras sin moito miramento en xunio de 2005 e o problema sigue sin arranxarse.
En fin, o "museo" abreu no seu día, para a "inauguración", todos contentos, jiji, jaja... e ata hoxe. Ninguén entrou máis, e dicir, que fixeron unha construcción a pe de auga que:
1. Non semella nada o que era unha fábrica de tella.
2. O único que alí fai agora é pudrir, dar pé a que se faga botellón ou rompan os cristales os catro moinantes que ai en todos os pobos.
3. Podes aproveitar para aparcar o coche e ir pescar (sempre que non che importe a porcalla que bota o tubo da depuradora contínuamente). 4. Me da que o maior uso que vai ter, é para as parellas, de "picadoiro" .
Que non o van disfrutar nis as tellas. Unha pena.

22/10/07

CUESTION DE PAPELES


 Ayer, que fué domingo, me pasé toda la tarde en casa con mis futuros suegros y que era el cumpleaños de mi pareja. Desde luego fue un fin de semana completo, ya que el sábado nos los pasamos haciendo una jaula para pájaros de unos 3 x 1 metros y el domingo después de algo de marisco y carne y tarta... nos tiramos todos en el sofá para ver a Fernando Alonso... ¡¡ que tarde !!. Hamilton ni con "cosas raras" y ayudas inesperadas pudo ganar. No ganó Alonso, pero igual nos alegramos por Raikkonen, que también es un buen piloto.
Sobre las nove, ya cansados decidimos venir al piso y al llegar vemos las luces de una ambulancia del 061.
Despois de meter el coche en el garaje salimos a la calle para saber si es grave y quien es ya que habíamos visto una moto tipo scooter (no entiendo mucho). Al parecer, un vecino de la Revolta con unas copas de más se había caído de la moto, un señor con bigote y un peso poco saludable (léase eufemismo).
Lo primero que me chama la atención, es que nadie del bar de enfrente esta en la acera. Por lo general cuando ocurre algo similar, la curiosidad, o el morbo, hace que la gente se amontone. Pero estaban los de la ambulancia, una mujer de negro (parecía familiar), un home en una furgona, otra mujer con bata blanca y nosotros dos y otro hombre.

Lo segundo que me llama la atención, y MUCHO, es que repentinamente se formó un inicio de bronca, ya que según entendimos, un facultativo de la ambulancia no tenía claro si llevar al hombre, porque no tenía seguro. ¡¿ Por que no tenía seguro !!?. El hombre de la furgoneta, furioso, gritó al de la ambulancia "Tu lo que eres es un gilipollas " y luego "que tú vas a cobrar igual a fin de mes, hombre". La mujer de bata blanca, también se enfada: “¿y que piensas, dejar el hombre en la calle?. Nos miramos el uno al otro pensando que aquello era un tanto vulgar. Vulgar por lo sucio, no por lo común. Hasta yo dije en voz alta que aquello era vergonzoso. Es evidente que si no tiene seguro, tendrán que presentarle la factura a la familia o embargarse de la cuenta o lo que sea, o multarlo, o sacarle el carnet, pero de ahí a esto... ¿yo que sé ?. Pero, ¿puede alguien por un INSTANTE SIQUERA, plantearse dejar un ser humano herido tirado en la acera y decir sencillamente "es que no tenía el seguro" ? ou “tenía que haber llamado a otro servicio médico y no al 061? . Finalmente al hombre sí se lo llevaron.
Nosotros nos volvimos al piso discutiendo el tema:
- Que esto se dude a estas alturas...
- NO, si lo que pasa es que vamos para atrás en vez de avanzando...
- Y digo yo... ¿y si llegan los de la ambulancia y estuviera el hombre solo?, ¿lo dejarían allí y llamarían a otro servicio?. ¿Y ya está?

Denis Diderot, un escritor francés muerto en 1784, dijo:
“LA INDIFERENCIA HACE SABIOS Y LA INSENSIBILIDAD, MONSTRUOS”.
Al final, resultará que la diferencia entre salvar tu vida o criar malvas, será cuestión de tener o no un p..to papel.

2/10/07

E FOISE O REVEL

 E chegou o día: hoxe leo no Correo Gallego Dixital, que o xulgado de Cambados dalle de fecha a Velón ata o próximo día 18, para que desaloxe a finca do Revel. Para os que non estén ó tanto no tema, esta finca é unha hípica de 55000m2 cerca da iglesia de Vilalonga e que fora comprada por o concello (estando Telmo) no 2004, pero Nacho, un dos irmáns Velón sempre se negou a abandoala porque según dixo sempre, o trato non fora así. Tiña acordado con "D.TElmo" unha nova licencia para outra hípica, según entendín, e agora non lla dan. Por o visto ata o noso Honorable Notario de Sanxenxo, que estaba presente, recoñeceu medianamente no xuicio que algo deso houbo, solo apalabrado, xa que tal trato non podía legalmente formalizarse por escrito. Pero a xustiza que non entende de "pactos de caballero" como Velón, senón de firmas e papeis que sexan (ou o parezcan ben) legáis, obriga a Nacho a desaparecer da finca cos seus cabalos as 11 da mañá. A Garda Civil avisada.
Nunha ocasión, un grupo de amigos e eu falábamos con Nacho nun bar do pobo e dicíalle eu que porqué non llo fixo firmar, aínda que fora nunha folla de verdura, e él decíanos que a súa palabra vai á misa, e supoñía que a dun alcalde, tamén. Que TElmo lle dixo textualmente que tiña a súa palabra de honra, xa que non podía darllo escrito... pero agora dinlle que legalmente é imposible. ¡Pois vaia coña!. Pero, calro, que se pode esperar dun alcalde (agora ex) que participa casi nun 50% nunha constructora, que tras poñer en venda vivendas de protección oficial (ver enlace)http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070925124236
pretendía un cobro “en B” do 20% do piso, e che solta unha "perla" como : “El corazón me dice que hable de Construcuatro, pero los abogados y mi cabeza me dicen que no lo haga”.
Pois, artista, lévalo claro si xa mentas ós abogados de entrada nun tema que está máis colorado co cú dunha mona. En fin... ¿eu que sei?. Fai anos tiven unha amiga que traballaba en Sta. Cruz , a súa empresa en CAstrelo, e decíame que este home en 5 min. de charla, liaba a calquera. Que sabía facer que as personas se quedaran tranquilas, confiadas. Un constructor decíame tempo despois que coas mulleres tiña unha técnica aínda máis refinada, que sabía facerlles a rosca, alabalas (que non me dixo que tivera rolletes con elas, ollo). E teño un coñecido que está felicísimo de traballar para él, tanto por sueldo como por trato...
Especulando... ¿será que D.Telmo e solo un pobre ilusionado cos bolsillos cheos a reventar que pensa que todo vale cun soriso e unha ollada cómplice dende uns ollos azuis?. ¿Ou se cadra non ten malicia e vive pensando que o monte é orégano de norte a sur? . Unha vez en Pontevedra eu mesma o vin aparcar tranquilamente o coche nunha ROTONDA en obras, coas luces de emerxencia para entrar a unha perruquería.
¿Ou será que somos todos un fato de envexosos, e todo se reduce a como o propio TElmo lles dixo ós do programa "Caiga quien Caiga"?:
- ESo son cosas de política.
Total, algo parecido xa dixo o duque Fouché alá por os anos de maricastaña: “TODO HOMBRE TIENE SU PRECIO, LO QUE HACE FALTA SABER ES CUAL ES ”.
¡¡ Andando
!!

1/10/07

SI QUE SAE NO MAPA

Parece que aínda ai xente que non sabe que Vilalonga existe. E un pobo, pequeno, sí, pero sae no mapa. E dígoo, porque unha mañá falando cun comercial da empresa na que traballaba, éste preguntoume:
-¿Y tú, eres de aquí de Sanxenxo, vives cerca?".
E eu respondín toda farruca:
- No, yo vivo en Vilalonga.


O home miroume con cara de parvo.
-¿Y eso hacia donde queda?". ¿¿¡¡?
¡¡Aaaay, alguns comerciáis!. Coa súa corbata e os seus finos modáis, e a súa actitude de "eu só vendo nas ´citys´", (ou pretenden que esto e así).
Eu púxeme a rir por non poñerme a chorar: -"¿Como no vas a conocer Vilalonga, ¡ si el equipo de futbol está a punto de ascender ! ". !.
E é que eu cría que o fubol chegaba a todas partes, de tanto velo na tele, onde todo Dios insulta, uns lloran, outros pegan, e outros MATAN... por un partido.En fin.
Vilalonga debe ter a súa historia, aínda que eu non coñezo nada apenas. NO instituto comíanche a cabeza coa historia de España, de Francia, de Alemania... pero a ninguén se lle ocorreu nunha desas horas, darnos a historia do noso propio pobo (se cadra é un erro habitual). Nalgún xornal lín que un tal Severino Dominguez, un antiguo sindicalista republicano de Portonovo, nacido no 1915, asegura que fai uns 65 anos tiñamos aquí unha célula comunista, igual que en Aios e en Noalla e que él mesmo sufreu bastante persecución, de feito ós 33 años collérono e fixéronlle un Consello de Guerra e estivo preso.
Para "historia" máis recente temos o tema de "A Fianteira" onde unha antiga fábrica de tellas, con seus fornos e instalaciones de principio do seculo XX, á camiño de ser un museo etnográfico para o deleite de todo o muno (un día destos, cando as rans teñan pelo... loiro).
Claro, que a día de hoxe a historia non acostuma a interesar a ninguén. A xente vive máis para saber de prezo, agora os do super, pero ata fai pouco todo se resumía a prezos de pisos, de coches,de motos, de roupa, prezos, prezos, prezos...
Vilalonga existe, e pasa de todo por aquí. Saquen papel e boli.