2/12/08

SALNES, VILALONGA E AS SALINAS

Existen moitas mostras dos primeiros seres humanos que pisaron esta zona, e, na Lanzada, sen ir máis lonxe, topáronse machadas paleolíticas pulimentadas do 4000 a.d.C. É probable que A Lanzada fora un punto claro de vixianza para previr á poboación de ataques normandos e vikingos, e ó encender unha gran fogueira na parte superior da torre feita para tal destino, as sináis se viran no momento dende San Sadurniño, en Cambados. Estes últimos seguían o mesmo sistema e avisaban a Catoira), e así avisaban a Santiago de Compostela rapidiño. 
 Se alguén se preguntou algunha vez de onde ven a palabra Salnés, creese que do latín "saliniense" e que ten orixe nas salinas que dende a era de romanos e fenicios e ata mediados do s. XVIII estaban en marcha pola zona, destacando ás de Noalla e VILALONGA. Foron os fenicios os que empezaron en Noalla depósitos para salgar o peixe que entón se levaba a calquera sitio do Mediterráneo, e por iso tiña  tanta xente o lugar naqueles tempo. Controlar as salinas foi dente moi antigo o punto central das peleas territoriales: O Rey Alfonso III cedéu as salinas a Compostela, e Sismando II, obispo, deu ata seis salinas a distintos monastérios. Sábese que por telas, chegou  a celebrarse un pleito no ano 924.

4 comentarios:

LED ZEPPELIN dijo...

Para que se vexa que temos historia e moi bonita. Según Ramón Villares no seu libro "Historia de Galiza" o asentamento con restos máis antigos de Galiza (no seu momento) foi o da Capela da Lanzada que dende hai anos está abandoado e cuberto por unha silveira.
Bo traballo e moitos ánimos para continuar co blog.

vilalonga dijo...

A mín máis que as silveiras, o que me cabrea é que os restos que quitaron de ahí, vinos nun museo no centro de españa, e algún había a última vez que fun ó de POntevedra, pero aquí ningún tuvo a decencia de crear algo sobre o tema aquí, na propia Lanzada. Eso sí, gastar os cartos nunha parvada como a Telleira (solo ahi que vela) eso sí.
Animos a tí, que estás dando caña (eu e que de política non falo, porque me poño de moi mala uva).
E o libro ese, vou ver o pillo nalgunha librería virtual.

Gracias por pasarte por aquí de cando en cando. Un bico.

vilalonga dijo...

ai que vela, sin hache.

LED ZEPPELIN dijo...

NO LIBRO SO APARECE UNHA PEQUENA RESEÑA ONDE COMENTA ISO. DEBEN SER TRES OU CATRO LIÑAS (LINO HAI ANOS E XA NON RECORDO MOI BEN).
RESPETO AOS RESTOS FORON PARA O MUSEO DE PONTEVEDRA E DE AHI NON SEI A ONDE.
SÍ QUE É UNHA VERGOÑA QUE TENDO UN SITIO COMA A LANZADA (A CAL O CONCELLO DE SANXENXO "REGALOU" A PRAIA AO DO GROVE) E O SEU ENTORNO NUNCA SE FIXERA NADA DE CARA SO TURISMO.
HAI UN PAR DE ANOS AS PALAS DA DIPUTACIÓN LIMPARON A EXPLANADA E OS RESTOS VOTÁRONOS ENRIBA DE ONDE ESTÁ O CASTRO.
TENDO O QUE TEMOS NON SE FAI NADA POR APROBEITALO. MIRA EN CATOIRA QUE CON MOITO MENOS SON COÑECIDOS NO MUNDO ENTEIRO, PERO BUENO ECHE O QUE HAI.

SAUDOS E ANIMOS.

RESPEITO DA TILLEIRA: NO COMMENT