31/12/09

FELICES FESTAS

Entre as cousas máis sinxelas e cotidianas, agóchanse un milleiro de pingas de felicidade: abre as mans e deixa que se che enchan de soños.


¡ QUE TEÑADES UN 2010 MOI FELIZ !!

28/12/09

SILVEIRAS A TUTIPLEN

Hoxe apenas saeu o sol, pero non fai tanto frío. Non é que preste saír a pasear, con tanta auga, pero claro, a nevera ai que enchela, así que alá me fun ó Mercadona. Curiosamente fixeime nesta imaxe ao pasar... así, de súpeto, e doume por preguntarme, porque se deixou chegar a este extremo, xa que ata onde teño entendido, a máquina do concello limpa de cando en cando os beirales. ¿Que tén este de especial que sufríu a "discriminación" de non ser incluído na lista?. Dende logo non é que sexa un camiño, e os coches pasan, pero é un dos pouquísimos sítios de Vilalonga onde se pode aparcar tranquilamente. Agora mesmo, en cambio, os coches procuran non achegarse demasiado o muro (que é da casa rural,http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/02/casa-sineiro-tr.html ) , para non raiar a pintura, que non están os tempos para levar o coche ó taller. Deste xeito, ás veces non se pasa, e a cuestión é que aparte dun camiño, cara atrás está un garaxe. Se cadra, existe algún motivo en concreto que impide ao concello "pasarlle a cuchilla" a todo o muro, e se o ai quixera coñecelo. Ademáis, de seguro que está todo cheo de bechocos de todo tipo, e no verán se cadra houbo ata sérpes (e todo tipo de basura que o vento e as mans pouco cívicas levaron cara alí).
Non é que sexa unha cousa tremenda, pero paréceme unha desas pequenas cousas que se podían ter a punto por Vilalonga, con moi pouco esforzo... ¡que diaños!, a todo o mundo lle gusta ver os sitios, as casas, as aceras... os pobos, pulcros e coidados. As silveiras a tutiplen, tamén están ben... no monte (e ata certo punto).

26/12/09

INCENDIO EN VILAR

Arredor das 14hs. produciuse un pequeno incendio nunha cociña dun piso de Piedras, o constructor, frente a xoiería e antes da de Nieves. Dito incendio foi prácticamente sofocado pola Policía Local antes da chegada dos Bombeiros. Dase a circunstancia que o piso estaba alquilado. Os danos seica foron pequenos e víctima non houbo ningunha.
A anécdota:
Conta un dos "miróns", que na rúa estaba o propio Piedras, ó que se lle oeu dicir: - Ay... se arde, xa o pagará o seguro.

21/12/09

AMPLIASE O COLEXIO


Dado o frío que fai, antoxouseme baixar a tomar un café ó Bar Salnés. Alí me comenta un coñecido que o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, asegura que se empezará a ampliar o colexio de Vilalonga para fináis de 2010. O home asegura que no próximo Nadal estará todo en marcha, pois xa van de inmediato a porse a estudiar o tema, que según conta, serán 6 unidades de educación infantil e 12 para primaria, para unha capacidade de 300 rapaces. Eu, como sempre fago en temas de política "lo dudo, lo dudo", máis que nada porque o proxecto son tres millons de euros (¡bah, calderilla!), e según xa lera eu en algún sitio, se lin ben, o dispoñible para estas cousas son 100000€ (vexamos de onde recortan para cubrir o resto). Imaxino que a nosa valente e dedicada alcaldesa, dado que todo o ten que facer pensando no pobo que a puxo ahí... estará a facer a maior "palanca" que poida no asunto para que o tema vaia a algures. Mais que nada, porque para "proxectos interruptus" xa temos en Vilalonga a puñados, empezando por a "hipermegamencioada" Telleira, e a gardería.
A decir verdade, ó colexio faille falta un repaso profundo. Parece máis unhas moi antigas "casas baratas", que se dice, que un centro educativo. Con ese aspecto pésimo, decadente, suxo... parece que ata quitará as ganas de ir.
Espero que polo menos, teñan a calefacción ben regulada estos días, os pobres.

26/11/09

PENOSA CONSTRUCCION

Amigos, veño agora a comentarvos con firme convencemento: Que algunhas constructoras merecen ir a pique... o problema e que non van a pique algunhas que deberían. Ven todo isto a que, con coñecemento do asunto, un dos edificios de Vilalonga aínda non cumpreu os 10 anos, e ten defectos de construcción por todos os lados. Que é moi bonito cobrar ben cobrado o piso, e poñer na memoria maravillas pero logo non cumplir. Falo da constructora AGUIN MAGDALENA S.L. que ten construídos en Vilalonga, penso que son 3 edificios, e en dous deles, constame que fixo o que quixo. A cuestión é que a comunidade de un deses edificios teno denunciado por humidades en distintos pisos, e aínda teñen a indecencia de ir pasando do tema, sabendo que perderon o xuicio, e teñen que achantar. Son defectos que claman ao ceo, a pedra sen protexer (ese barniz que evita que saia o verdello), a antena non permite Canal Satélite, as cornisas interiores sin poñer, os cheiros de cociña a cociña por os extractores das campanas,... e varios, que viñan na memoria ou se presupoñen, e non as fixeron. Concretamente, déixovos as fotografías de un dos áticos, que leva metendo auga dende o primeiro ano, e cando o tema parece amañado, volve pasar o mesmo. ¿Vos credes que un edificio que non tén 10 anos, pode ter o Velux así?, ¿pode filtrar por os arredores da madeira na parede e da madeira e o cristal, desta maneira?. ¿Qué barniz levou a madeira para estar así?. Limpábanse as canles pensando que influía, e seguía metendo auga, agora vaise subir ao tellado, con persoal independente á constructora, por pura desesperación.
¿Alguén sabe con qué pintaron, para que a pintura, aínda que pintas e repintas, e despégase ata o cemento, incluso lixando antes, e botando Aquaplast?. Os bordillos dos aleróns son tan pequenos, que a auga gotea por a parede abaixo, e claro, como non ten o barniz, vai deixando regueiros de verdín (e negrín) por todos os costados, e parece que o edif. ten 20 anos. As baixantes son tan estreitas que en canto caen unhas follas e tal e cal atáscanse e rezuman a auga de volta para arriba, e para máis coña bananeira, non teñen rede para evitar que entre de todo por as baixantes, como palomas mortas, plumas e demáis. Digo eu, que o mínimo e unha rede. Alguns veciños, puxéronlle remedio eles. Os rodapiés e algunhas baldosas caían soas (dan fé de canto invertiron en cemento), e os esmaltes do garaxe deberon compralos nun chino, porque aos cinco anos xa estaban tan borrados que parecía un almacén. O esmalte da porta do garaxe, caía ¡coas unllas!. Na entrada do edificio nin enchufe puxeron, polo que as da limpeza non teñen onde tomar corrente para o aparello de pulir o chan (porque tiñades que ver como está o chan). E a pintura era tan mala, que despois de dous meses hubo que pintar todo o piso, porque dou a casualidade que se foi a limpar cun pano mollado en auga unha manchiña na parede... ¡¡ e quedaba a pintura toda no pano !!.
Dende aquí aviso, coa man no peito, a quen esté con intención de invertir, que mire ben que o constructor NON É AGUIN MAGDALENA S.L., de Aios, porque esto é, seguramente o que lle espera (quen o fai mal, e encima ignora as queixas, non pode ser trigo limpo). Igual o que ai que facer e mandar vir a Farruco e que saia o nome da constructora na TVG, polo menos.
Franca e sinxelamente, dígovos que un hipotécase e empeza outra vida con toda a ilusión, para acabar pensando que casi era mellor que se hubera metido nunha granxa de pitas, ¡que centellas!, polo menos así, tiñas garantida a calefacción.

17/11/09

DADA DE ALTA

Amigos blogueiros, tras unha pequena intervención quirúrxica, aquí estou de volta para volver dialogar, deste xeito peculiar dos blogs, con todos vos. Perdoade a tardanza. Póñome ó día durante a tarde, nun paseíño, que seguro que algo pasou durante este mes fora de combate.

16/10/09

A TOXA E O TURISMO



Aquí vos deixo unha nova imaxe, pero e da Illa da Toxa e non de Vilalonga, (excuse me, please!).

Por certo, ¿sabíades que antes á Illa da Toxa só se iba para abandoar os animáis que estaban enfermos sen cura, para que morreran alí?. Cóntase que o funcionamento turístico da Illa comezou arredor do 1910 porque un burro cheo da tiña foi abandoado na Toxa. Pasados uns meses alguén volveu topar co burro, e non só o veu vivo “e coceando”, senón que lle sanara a tiña e todas as feridas desapareceran. Empezouse a atribuír o sucedido ó lodo e pronto empezaron a usalo as persoas e acabaron por vir persoas da época de certa catergoría. Así comezou todo.

13/10/09

AFORTUNADA NA CRISIS


Dunha semana para aquí, chegoume ás orellas de xente que aprecio, como andan os choios no Salnés. Algúns son coñecidos, e outros amigos de anos, pero a cada un cunha situación que escalda. Na empresa dun deles, reúnenos a todos, é explícanlles sen rodeos que no sucesivo, todos e cada un deles van cobrar 50€ mensuales menos, eso sí, na nómina van figurar igual. O mesmo caso pasa noutra empresa de outro sector, só que serán 200 euros cada un (pa rillar a quen se che poña diante). A un colega, xa lle meteron 2 calotes, un de 10000€, outro de 60000€, e está na decisión de pechar a empresa, despois de anos e anos de duro traballo, e non sabe como vai pagar a liquidación dos empregados. Eso sí, o que lle deu o calote dos 10000€, paséase por ahí no seu A6 recén compradiño do trinque, como que tamén dan ganas de riñalo (ou colgalo). Outros dous, empregados noutra empresa, levan 4 meses sen cobrar... pero os xefes non se privan das súas ceniñas de fin de semana... E digo eu:
¡¡ Que venenosos que somos !!. ¡¡ Que pouco valemos!!. Xa non se espera solidaridade, xa se sabe que en cuestión de cartos o que se aplica é... o sálvese quen poida, pero... ¿porqué sempre nos "goden" ós mesmos?. ¿Que é da máis elemental decencia?. Eu poño os empleados a comer guisos todo o mes... e non se me da por pasarlles por os dentes o meu novo Audi, brillante e impecable... non me vou de cea a onde todo o mundo vai ver que non estou tomando uns pinchos de tortilla... tampouco espero que declaren en nómina máis do que lle estou dando...
Entendo que os tempos están malos, que ai que arrimar un chisco o hombreiro... poida que ata entenda que se deixen de cobrar as horas extras ou as dietas unha tempada, pero de ahí a baixarche o soldo, que xa non son gran cousa por estos lares... Entendo, por desgraza, que cada un se preocupa de si mismo e tanto lle ten se o veciño de abaixo este mes come arroz branco con xudías ata o día 30... pero de ahí a rirse da xente, de regodearse en aquilo de: Crisis sí, pero a miña non é como a túa, eu son xefe, e teño que ter unha imaxe... e aprobeito o momento que é, que non tedes onde ir, para aproveitarvos o súor ata que non quede nin o cheiro.
Non sei, ai cousas que me encenden, que me asquean, que me reviran e me parecen rastreiras, danme a gana de soltar algunha indirecta diante dalgún...
A cuestión é... que tampouco creo en remedios milagrosos, e si son sinceira, non creo que ningún partido nos vaia quitar na que estamos... e saes do Salnés... e ves que a cousa é peor do que vemos aquí, por moito que nos queixemos. Na miña última visita ao hospital, fai uns días, cadrou que a sala de espera, daba á porta de Cáritas, de pé, mirando por a ventana, (por non mirar o retraso no reloxo cada 5 mints), contei, en menos de media hora, 11 persoas na cola. A certa hora abren a porta, e cada un fóronlle dando unha bolsa con pasta, ou arroz ou latas... e outra con útiles de aseo, viase ven nas bolsas... E a min entroume un escalofrío. Dende logo é mellor pedir que roubar... pero non puiden verme naquel lugar...
De repente fun consciente, que aínda que andamos máis xustos... aínda non voto contas do que compro cando vou ó supermercado, e no medio da crisis, non me queda outra que asumir que... vaia... como que eu non podo queixarme moito, como que... son afortunada... DE MOMENTO.

MERCADILLO EN VILALONGA

Hoxe, finalmente, estrenouse o mercadillo en Vilalonga que xa llevaba meses solicitado (eu mesma firmei a folla que se paseou por todo o pobo).
Para ser o primeiro día, de xente non estivo mal, supoño que máis por curiosidade que por ganas de comprar (xa estamos a mediados e os bolsillos xa afloxaron), pero non estivo mal de todo. Evidentemente fíxose un pelín soso, claro, eran pouquiños postos e eso nótase cando estás acostumada a pasar por o do Grove ou o de Barro, pero ai que recoñecer que aparte de roupa e zapatos houbo ata un posto de froita, outro de prantas e outro de chourizos. Ademáis, topei cun cámara da TVG a grabar...
SEN EMBARGO, o que máis me chamou a atención durante a mañá, foi notar xa na entrada (eran as 10.30hs.) 2 coches da Policía Local e tamén, xa dentro do mercado, unha parella da Garda Civil, paseando entre a xente, ¿esperábase algún follón o primeiro día, ou era só para a primeira posta en escena?. CONSTE, que non me pareceu nada mal... pero resultoume chocante. Parvadas miñas.

2/10/09

UN ENTERRO DE 1951


Sen querer pecar de morbosa (nada máis lonxe da intención), e a risco de que a algúns lles parezca algo tétrico... aquí vos deixo unha imaxe (non moi nítida) do enterro dun xogador do Vilalonga Clube de Futbol no ano 1951. Chamábase Garrido e morrera nun accidente laboral nunha das fábricas cerámicas da zona.
COMO SEMPRE, TICAR ENRIBA PARA AMPLIAR A IMAXE...

30/9/09

MORTE DUN VECIÑO

Entérome agora mesmo da morte dun veciño, un hoteleiro recén xubilado, que estivo durante moitos anos rexentando o Hotel Ribago, na zona do Revel. Este veciño, J.M.Rial, ó parecer o pasado luns por a mañá foise ata unha casa non moi lonxe que tamén pertence á familia, onde soía ir a atender os animáis e xa non volveu para comer ó mediodía, o cal fixo que a muller acudira ó sitio para ver que pasaba pero xa o topou falecido.

Aínda que non se sabe nada por fontes oficiáis, coméntase que puido ser un suicidio, e a morte foi lamentada por moitos veciños según se coñecía a noticia.

Dende aquí, quero indicar o meu pesar ás fillas e a súa viuda, ás que coñezo lixeiramente.




ACLARACION

Respecto ó post anterior, onde menciono a resposta da Alcaldía respecto á Gardería, teño que aclarar que non foi unha carta, como parece que algúns puideches pensar, senón unha resposta ó meu correo electrónico firmada por Emilio Camiña González, como pode verse na foto que acompañei. Tratarei de sacar unha imaxe máis nítida e completa para engadila aquí na aclaración.

28/9/09

A ALCALDIA RESPONDE

Vendo que varias das miñas amigas se ven no trance de acabar levando os nenos a Dena, e que proximamente podo verme nesa circunstancia, ocorréuseme porme en contacto co Concello e expoñer, que na miña opinión era ata vergonzoso verse na obriga de acabar acudindo a unha gardería fóra do pobo, e ata do concello, tendo aquí unha empezada dende ai tanto tempo. Velaquí a resposta dende a Alcaldía:

Antes de nada decirlle que dende a Alcaldía entendemos que se boten en falla garderías no concello de Sanxenxo, xa que existe unha soa. Hai que ter en conta que a única que hai, que non está en Portonovo,como Vde. di, senón en Sanxenxo, non existía antes de ocupar o goberno municipal a actual formación. O mesmo sucede con cáseque todo o patrimonio municipal, xa que antes desta chegada non habíaapendas un metro cadrada de solo público onde levar adiante obras eservicios. O PXOM, elaborado por este goberno e aprobado nunha soalexislatura permitiu que existan, a día de hoxe, terreos nos quepoder levar adiante proxectos importantisimos, como o da gardería que Vde. comenta. O retraso que acumula esa gardería, ó igual que sucede con moitas outras infraestructuras, ven dado pola inoperancia e a radicalidade dunha Xunta de Galicia que, nos catro anos anteriores á entrada do equipo actual, se limitou a poñer todas as trabas posibles a que se puidese levar adiante non só ese proxecto,senón tamén outros fundamentais para esta parroquia de Vilalonga, como o edificio sociocultural, o centro de saúde, o colexio, o campo de futbol, etc. Mire ata qué punto esto é así, que coa excusa de salvagardar a riqueza medioambiental (xa me dirá Vde. cal é nesa zona concreta) nos pediron informes complexísimos relativos ó cultivo das berzas, os remontes das troitas ou a auga de dar de beber ós coellos. Increíble.Pero agora tócanos mirar ó presente e pódolle informar de que, con respecto á gardería, temos os terreos, temos os proxectos, temos a obra adxudicada e temos o compromiso do actual goberno da Xunta de axilizar a aprobación integral do plan de equipamentos e infraestructuras do Revel, temos consignación orzamentaria e no mesmo instante que o plan estea ó noso dispor, procederemos a construir esta obra tan demandada. E non quedamos ahí, porque o colexio pronto será unha realidade na mesma zona. E tamén poderemos contar nun futuro cunha nova gardería en Portonovo, no lugar de Baltar, a carón da piscina municipal. Agardando que esta información sexa do seu agrado, reciba un saúdo cordial.

En fin, en vista da resposta tan extensa, e quedándome algo mosca co tema da auga para os coellos (punto que non entendín), so me dou por respostar, que a xunta xa fai moito que cambiou de "xefe", e que si ese era realmente o problema, se cadra é que non están a presionar o suficiente. Digo eu. ¿Qué opinades vos?.

22/9/09

VEXETACION



A pesares dos paseos, teño que recoñecer que nunca se me dou por falar da flora, así que hoxe, voume ocupar
hiperbrevemente de algunha das especies que topei pola zona de marisma.
Vese moi abundante, un arbusto: o Almaxo dulce (Suaeda vera), que é esta primeira imaxe.
Tamén temos á vista moi claramente o Xopo amarelo (Cistanche lutea), que é unha planta parásita en forma de espiral. Por certo, para quen non saiba, unha planta parásita dise daquela que obten todos ou case todos os nutrientes que precisa para sair adiante de outras plantas. Coñécense unhas 4100 especies.



21/9/09

MIL PERDONS E ALGUN COTILLEO

En primeiro lugar, teño que pedir disculpas aos blogueiros que leen este blog, xa que ultimamente, non estou na miña liña con él. A cuestión é que teño diagnosticado Síndrome de Tunel Carpiano, que, para quen non saiba, é unha dor nos nervios das mans que é insoportable ós 5 minutos de ordenador, pasar páxinas, coser e calquera outro "choio" que precise centrar a presión nos dedos, por tanto, conéctome máis ben pouco.
En segundo lugar, que espero se pase, a mais tardar, según me din, en 3 meses, por tanto... tede paciencia comigo, please !!. De todos xeitos tratarei de ir subindo temas igual, aínda que me leve máis tempo escribilos, jejeje...
En fin, e referíndome ó cotilleo do título, rumoreabase estos días que topara a Garda Civil, por acá por Vilalonga, un alixo duns 20 kgs. de cocaína, o cal me deixou bastante impresionada, sen embargo, índome a buscar na rede non topo nada ao respecto. ¿Alguén oeu algo o é un ruxe ruxe inventado por calquera ??.

27/8/09

SAN PEDRO EN 1962

Velaquí unhas fotografías cheas de morriña, seguramente, para parte dos nosos veciños: As festas de San Pedro, na praza de Vilalonga, no ano 1962. Luces, tenderetes...













Sobre todo, destacan esas bicicletas, que non eran BTWIN, nin MOUNTAIN BIKE, nin PINARELLO, se cadra nin había unha BH, e sen embargo tiñan tanto valor...

(LEMBRADE QUE TICANDO EN CADA IMAXE, AMPLÍANSE)

25/8/09

LIBELIÑAS


No meu último paseo por os Leiros e Cachadas, puiden comprobar que ademáis de patos, cobras muxes e paxaros, ai outras especies máis pequenas ás que normalmente non se lle vota ollo ata que, como xa dixen varias veces, che sobra tempo. Dado que ía moi pouco a pouco dada a calor, e parándome a coller amorias (sí, esas que ninguén as come porque non as venden no super) para unha torta, tiven ocasión durante a mañá de ver pousarse dúas libeliñas,
moi distintas entre sí pero ben fermosas as dúas. Tiven ocasión de fotografar a azul co móvil (xa vedes a calidade), pero fun incapaz de fotografar a vermella, polo que tiven que buscar según lembraba e topeina en mixfotos.com. A azul, pareceume un exemplar novo, femia, de Anax imperator e a de color vermello, si a memoria non me enganou era esta, que según lin chámase Sympetrumm pedemontanum. . Se me equivoco, correxídeme porque non estou nada posta no tema. E desta destaco unha vez máis a cantidade de fauna de todo tipo que temos por alá abaixo e nin nos enteramos, nin a damos a coñecer nin nos interesa. Unha pena.
E respecto ás amorias... nós non lles damos importancia, pero alí estaba unha parella madura de turistas a coller ás dúas mans para un cesto, onde xa levarían uns 2 kilos cando os topei e me miraron rindo: ¡Uy!, creíamos que aquí no dábais valor a estas maravillas...
¡¡ VIVIR PARA VER !!

22/7/09

MAIO 1954. INAUGURACION.

A inauguración do Campo de Fútbol de Vilalonga, foi daquela todo un acontecemento. Na primeira das fotos os sorrisos da xente, na segunda imaxe, Epifanio Campo Núñez acompaña ó Cabo da Garda Civil , D. Tomás cara o centro do campo.


13/7/09

UN PARQUE... PARA AS COBRAS.

Hoxe o paseo foi por dende os arredores da fábrica de Campo, cara a Costiña e paseando cheguei a este parque do que non tiña noticia algunha (digo parque por chamalo dalgún xeito, porque son 3 pezas). Por suposto que é unha minucia no montón de cousas que andan mal nesta localidade, pero, pareceume unha gota máis. Pareceume un lugar curioso para poñer un parque infantil: pegado a un pilón abandoado e suxo, e no medio e medio de “xardín sen recortar”. Polo que puiden ver non se debeu usar moito, nin o banco, que invitaría á lectura se estivera doutra maneira, nin os xogos, xa que se vían sin gastar nadiña... O caso este é o de sempre, invertir de entrada, dándolle bombo... e logo deixar correr. Imaxino que o puxo o concello no seu día, aínda que recoñezo que non oín nada sobre o tema. E o pilón outro tanto do mesmo, paréceme tristísimo (se cadra son eu moi tiquis mikis). Vela construcción e achégaste con toda a curiosidade, para atopalo todo cheo de ... bueno, do que se ve nas fotos. ¡Como se nota que hoxe temos lavadora!.
Ocórreseme, que si non vai servir para beber animáis, nin bañarse os cans... que o convirtan nun estanque. Alomenos, tería un uso... as plantas ainas nos Leiros, e dicir, que lles saen gratis, e as carpas, ¡e que as regalo eu!!, se por iso é... En resumidas contas, volvendo ós columpios, que eu non esperaría que fose un parque “ultimo modelo” na zona que é, pero para acabar así non sei para qué se molestaron en poñelo.
Igual esperan que os nenos entablen conversación coas cobras.

8/7/09

Vilalonga, A Praza, 1962.


Velaquí vos deixo dúas imaxes que atopei, no meu paso por a Biblioteca, da praza de Vilalonga, en Maio do 1962. Era día de compra-venda do gando. Daquela o 100% dos veciños tiñan traballo gracias ás tres fábricas cerámicas: Campo, Viqueira e Guisasola (esta última foi lider nacional), e o mellor barro enviábase a Valencia e Alicante. Había tal movemento, estaba tan ben o sector que nin o mar zafou e ían en grandes grupos a sacar o barro da enseada durante a baixamar, que ademáis, era mellor e máis caro que o de terra.
A ironía é que a pesar de ser os anos que eran, sumándolle o ben que ía a agricultura e a pesca e marisqueo, tanta actividade favoreceu a aparición de especialistas mecánicos, carpinteiros e electricistas, ademáis de un sector de trasporte marítimo e terreste con moi boa saúde.
As contas da Caixa de Aforros deixan claro que na época, Vilalonga tiña un nivel monetario bastante mellor que o resto dos veciños dos pobos lindantes.
(NON ESQUEZADES QUE PULSANDO SOBRE CADA FOTO PODEDES VELAS MÁIS GRANDES)
Información e imaxes de "50 anos do Vilalonga F.C."

7/7/09

DAS FESTAS DE SAN PEDRO


Pasadas as festas de S. Pedro e falando con un coñecido da miña idade, comentábamos o feito de que a orquesta Panorama quedara parada durante unha hora por o tema de que non lle funcionaba o show, os instrumentos, as plataformas... as luces. Eu non cheguei a baixar á festa, pero sí que o fixo él, polo que se puxo a comentar como estivo o ambiente durante esa hora sen música. A cuestión é que eu estaba convencida que era porque en Vilalonga non tiñamos suficiente potencia eléctrica para toda a parafernalia que trae esa orquesta habitualmente, e cal foi a miña sorpresa, cando este antigo socio e integrante de outra orquesta, espuxo como era realmente o “intríngulis”.
Según parece á orquesta Panorama esto non é a primeira vez que lles pasa, ó parecer xa lles pasou nunha ocasión en Barrantes e nalgún outro sitio, e según explica este coñecido, non é que normalmente os concellos non dispoñan desa forza eléctrica, senón que a orquesta non leva os xeradores precisos para a cantidade de material eléctrico que levan. (O certo é que a outra anécdota da noite foi que un deles foi buscar un xerador a Cambados, e á volta, multouno Tráfico onde o Eroski). Despois de oír isto, quédome coa idea de que é bastante indecente para unha orquesta que é de renombre, é que enriba, como explica este coñecido, dase de exquisita (polo visto, xamáis acepta un contrato onde non lles toque o turno das horas que máis xente soe haber na festa). Seica é unha orquesta bastante esixente, que eses cobran, que veñen a tiro fixo, que non se pillan os dedos, e eu supoño que alguén que esixe, tamén ten que dárse a valer, e a parte de cantar/tocar ben, terán que ser responsables do seu propio funcionamento sen tacha... e van e quedan como o cú (esperemos que o contrato contemplara algunha sanción por cousas similares, porque xa ó día seguinte oín queixarse con gana a dúas veciñas). Sae entón a cuestión de porqué o comisión de festas non pediu á outra orquesta que actuaran eles, e xa o faría a Panorama logo, en vez de deixar que se vaciara medio campo de festas ó non haber música, (nin atraccions, xa que estuveron ó final da avda. Vilar, na subida á igrexa). E a resposta dada por este mozo, é que aínda que seguramente a Panorama non ía aceptar semellante “ofensa”, parecía que tampouco había ninguén da comisión por alí. ¿Será posible que non había ningún a comprobar que a festa ía según o previsto ou para resolver os imprevistos???. Eu no meu último traballo, por exemplo, cando tiña unha idea para poñer en práctica, procuraba estar ó tanto, presente, comprobar que a idea estaba en práctica, ver si funcionaba ou non... Non sei, cóstame crelo pero él dí que non notou a presenza de ningún da comisión por a zona. (Por certo que ó final non souben si houbo a barra-bar na festa ou non).
Total, que moito chorar porque a xente non solta un pataco (que non o nego), que o curraron moito, que ían ser unhas festas máis que decentes a pesar da baixada de presuposto... e para o máis esencial, que é vixiar todo o panegírico estreitamente e máis a organización na música, a ningún da comisión se lle ocorreu esixirlle á Panorama que esperaran a cantar despois e que o fixeran os outros antes, antes que permitir a pifiada de deixar á xente cunha puñada nos dentes toda unha hora. Eu xa non entendo nada...
pero o que parece quedar claro é que uns por outros, como dí alguén que coñezo, “o cuciño sen limpar”

30/6/09

DE MAL DE OLLO E CRENZAS


Fai uns meses, admirando un cruceiro daquí do pobo, pensei para min que debía ter máis de cen anos e pasado un tempo, puiden saber a historia dese cruceiro.
Según conta a familia, fai moito tempo eran na casa tres irmás. Un día, o cruceiro que tiñan fendeu (non lembran con exactitute si foi de abandono, ou por algún golpe), e non fixeron caso del, apartárono a un lado e esqueceron o tema. O caso é que no tempo que fendeu, algunha das irmás estaba no que se dí "de boa esperanza", chegou o día de dar a luz, veu unha nena... e morreu, logo outra irmá, vai dar a luz, nace unha nena... e morre, e o mesmo sucedeu coa terceira irmá. O caso é que , claro, que lle pase a dúas irmás xa lles pareceu moi extraño pero xa que lle pase a unha terceira disparou todas as alarmas. Nun tempo de meigas, maldicións, feitizos, e mal de ollo., comezaron a pensar que algo estaba mal e nunha destas conversas coa xente, alguén lles dixo se non sería por o cruceiro que xa non tiñan. Eles, que non tiñan nada que perder, pensaron que por tentalo...
Daquela os cruceiros íanse buscar a Santa Comba, bendecidos, así que alá se foron por un para poñelo no sitio do que fendera... e, crenza, meigallo, casualidade ou o que fose, o caso é que de alí para diante todo foi normal, as irmás tiveron os seus fillos e nada extrano volveu acontecer.
Hoxe en día xa sabemos que todos creerían que foi casualidade, ou algún veleno usado no traballo na terra, ou ¿que sei eu?, sen embargo, esta menda, que nin cre nin deixa de creer, sempre vai suscribir aquel dito de toda a vida: ... -Habelas ailas...


23/6/09

No porto... Arte e pestilencias.

Hoxe estiven na Sala Maremagnun de Nauta nunha exposición de pintura e fotografía de artistas de 5º de Belas Artes de Madrid, do CES Felipe II, Aranjuez, na Universidade Complutense. Eran Pablo Martínez Caulín, Elena Lavellés, Roberto López Martín, e Mercedes Marín, e pódese ver a súa obra ata o 28 de xuño de 11:30 a 13:30 y de 20 a 24 h. Como non son unha entendida en arte, vou opinar que me pareceu que a mostra trataba do comportamento de cada persoa por sí mesma ou en masa, e as diferenzas nas cousas vistas dende os ollos dun adulto ou un neno. Por exemplo, Pablo Martínez presentaba unha obra centrada na xente en masa, onde un deixa de ser si mesmo para ser como todos, Mercedes Marín presentaba unha serie de imaxes onde se podía ver con certo sarcasmo a vida real, e Roberto López centrábase na actitude das persoas ante a deformidade de outras visto desde a idade do suxeito que pasa a carón do deforme. Teño que decir que me pareceu toda a exposición algo pequena, pero interesante.O caso é, que había meses que non pasaba por diante da sala, e, metros antes da entrada, advirto no meu paseo un cheiro fedorento a cloaca, sen dúbida. Dame por pensar que algunha arqueta está levando máis caudal do que debe e que é unha pena que apenas iniciado o verán xa estemos con ese tipo de problema... PERO, cando paso por diante da sala, e entro, atópome que dentro cheira tan mal como fora, e para máis coña, non ai un só ventanuco, por onde entre aire para que faga algo de corrente, (ventiladores xa, nin soñalos, ¡que luxo!). Apestaba e o calor era abafante... fíxome entón que no MEDIO E MEDIO da sala, hay dúas tapas que parecen de sifonado e entendo que dentro tamén vai o tubo saturado, senón non me explico. A outra porta, que non se pode abrir, que solo ai unha chave que a ten “fulanito” e que non é fácil de abrir, e ai que ir buscar a “fulanito”... A risa venme xa ó peito cando escoito que lles querían cobrar, nesas condicions, ¡¡300 € diarios!! por expoñer, (ó final non pagaron por unha especie de acordo do Concello coa Universidade, según entendín). Eu xa sei que neste concello, o que é a cultura, o arte, o deporte, o patrimonio, a natureza e calquera outra cousa que non sexa edificar, non teñen nin idea, nin levantan un miserable dedo, nin o intentan siquera, pero de ahí que para ir a unha sala a ver uns cadros te sintas buceando unha fosa de fecáis... penoso, indigno dunha localidade que se xacta de ser o “ulalá” do turismo, que non sei cantas bandeiras no municipio ten, que (en boca de “Dona Cata”) costan 600000€ cada ano... bla, bla, bla... En fin, que como era a hora de comer, puiden sacar algunhas fotografías que aquí vos mostro.
Despois da visita dame por ir hacia outro lado, por onde as tendas, e diante da tenda de nenos, outro cheiro pestilente que daba noxo, por tanto máis que NORMAL que este ano perdera a bandeira azul do porto con semellante “aroma ambiental”. Total, que viñen aínda máis convencida de que o Concello, como non sean licencias lucrativas, multas, e cuchipandas... ¡ NOITE PECHADA !.





























"ESTOY HECHO UN FLAN" de Mercedes Marín.
LA CIVILIZACION DE LA IMAGEN II

17/6/09

A TELLEIRA, por fin (seica)

ESPERO ENCARECIDAMENTE, que a próxima vez que mencione este tema, sexa para contarvos a miña visita ó museo, porque, xa empeza a aburrir o tema.
POR FIN, seica se desbloquea o tema da Telleira. O concello xa ten, seica, permiso para seguir coa súa conversión en museo, xa recibiron o visto bueno do Servizo de Inspección do Litoral, que según teño entendido, era o atranco, pois Costas, e o Servizo de Conservación da Natureza xa dixera que sí o ano pasado. (Digo eu que meter tanto carto sen asegurarse antes de cumplir toda a normativa é unha paiasada, pero bueno, corramos un velo ben tupidiño...).
A nosa “Cata” dixo que «al fin levantouse o veto que a Consellería de Política Territorial impuxera aos proxectos municipais». Alega que a culpa foi do bipartito, porque apenas pasou un mes do cambio e xa teñen a autorización.
(Perdona, nena, pero a culpa non é deles, nin de ninguén, o que non se poden empezar son casas por o tellado, ai que poñer a base primeiro. O “vulgo” temos que pedir as mesmas licencias e trámites para obrar, esté PP, PSOE, ou maríasantísima. Si un sabe que o que manda non é dos seus ideales, con máis razón, fará as cousiñas ben, e con pes de plomo, antes de invertir, penso).
O que se vai facer agora é desbrozar os arbustos do exterior, nivelar, votar zahorra, poñer un muro de contención na parte de atrás, preparar un sistema de drenaje das pluviáis, poñer iluminación, arreglar as goteiras, tirar cos postes da luz de por alí, xa que non se usan, ... e facer todo o que quedou sin facer dentro, claro.

A idea resulta interesante, e xa debezo porque a fagan dunha vez e ir votar un vistazo... pero polo que lin, dona Cata non da aínda ningunha fecha. Imos a ver...

16/6/09

O GROVE, O CONCELLO.



Aquí, de novo, unha amable aportación de Maxa. Son imaxes do concello de O Grove, das que non coñece o ano no que se tomaron. Que cada un saque a súa conclusión.

10/6/09

O SEPRONA, ¿como as petunias?.

Dígovos que últimamente non sei que pasa, pero “por haches ou por bes”, parece que sae o tema de emporcar, e, mirade por onde, me enterei dunha anécdota (para ser educada) co Seprona, que non tén desperdicio.
Polo visto, este tubo, situado na zona dos Leiros e que leva como uns 7 anos a rezumar “zumo de alcantarilla” directamente ao mar, non estivo sempre así. A opinión xeral na zona da Costiña é que a alcantarilla non debía poder asumir nesa zona todo o que se lle mandaba e “alguén” non topou mellor solución que romper que entubar cara o mar.

O caso é, que fai un tempo unha veciña, comentou na caseta de Medio Ambiente, aquí na Avda. Vilar, o tema, e dixéranlle que non era cousa deles. Logo, topándose cos do Seprona, (que tanto pasean por a zona a pillar queimas sin permiso ou mariscadores/pescadores sin permiso), comentoulles sin rodeos o problema, en compaña dalgúns veciños. Enseñáronlle o sítio, e como estaba (e arrecendía), explicoulles que ía directo ao peixe e ás xivas e a o marisco que se colle na zona a cotío, que algo se podería facer, que qué trámite habería que seguir... que algo poderían eles facer, aínda que eles “solo levamos montes e fincas”.
Resposta literal dos axentes do Seprona:
-
O que teñen que facer é atorar o tubo, tapalo con cemento, e andando.
-¿¿¿¡¡???
Eu, claro, quedeime mirando a quen mo contaba, sabendo de boa fe que podía dar creto do que me contaba, e non puden por menos que sentir vergonza allea. Digo eu, que si un se mete a vixiar os montes, será porque o medio ambiente lle interesa un chisquiño.
¿Bastaría con escribir ao Concello?, se cadra ai que empezar por ahí. En fin, que sin alguén por acá sabe que trámite habería que seguir, para que alguén lle poña “o tapón” ó tubo, AGRADECERÍASE O MENCIONASE AQUÍ NOS COMENTARIOS, porque está visto que moitas multas, moitos organismos, moitos rollo bananero... para acabar sentindo que realmente o Seprona no medio dos políticos que nos “gobernan” non che son máis cas petúnias nos balcóns:
Un adorno.

4/6/09

Nada máis comezar o verán.













Aquí vos deixo unha imaxe do pasado sábado ás 18.30hs., no medio das altas temperaturas, ó lado da fábrica de ladrillo.
Un motivo máis para coidar todas esas lagoas, xa que por desgraza os incendios repítense verán tras verán.

29/5/09

RECICLADO DO ACEITE

A través dun convenio entre o concello e a empresa Urbaser, Vilalonga xa conta con 2 contenedores para aceite de cociña usado. Un ó lado da plaza pública e outro na zona de Gondar.
A idea é tratar de reducir o impacto do producto no sistema de limpeza sanitario, xa que ó parecer o aceite vexetal (xa sabemos que é moi contaminante), é dificil de separar nas plantas onde se depura a auga. Ademáis tamén se reducirán os cheiros nas tuberías.
En principio, o acordo firmouse por un ano, e é prorrogable en cada anualidade salvo que calquera das partes se retire, e asegúranos o concello que non tén ningún coste para os cidadáns, que era o que eu xa daba por sentado, imos ver.
Dende logo, todo o que sea tratar de emporcar menos, sempre será ben recibido pola miña parte... pero agora falta ver cantas de nós nos dignamos baixar o aceite ata o contenedor.
Pola miña parte, xa teño preparada unha garrafa vacía de auga para ir xuntando, PERO, vexamos si teño vontade a longo plazo.

26/5/09

Nas Cachadas... porcallada.


O sábado, de novo me fun hacia as lagoas, pero xa que o meu amigo blogueiro Zeppelin mentou o proxecto presentado por os veciños para a zona de As Cachadas (o que pretende a alcaldesa que lle paguen os 800€), en vez de tirar cara Os Leiros, tirei cara alí. Como sempre, disfrutei da tranquilidade da zona, da variedade da flora, das rás e os paxaros... bichería. Tirei algunhas fotos, entre elas, dun paxaro que nunca vira e que si non me engano, xulgade na foto, paréceme o Camachuelo común. (A calidade non é moi alá, vou ter que pasarme a unha Nikkon un día destes).

Lástima que tamén descubrín o porquiños que chegamos a ser a bichería de dúas patas (con ver o cartel). Como si hoxe non sobrara onde levar a porcalla que se xunta na vida cotidiá, xustamente temos que ir levala a onde xustamente menos se debe levar nada. Déixovos unhas fotos de mostra.

E digo eu, os de Medio Ambiente, que pasan a miúdo, (eu véxoos), ¿só vixían a quen vai pescar sen permiso, ou moléstanse por ver si algún dos que gustamos de ir a zona levamos algo máis que a moral para pasear?.
A última xa é da zona de Os Leiros, no final, tirando para a REvolta. Rematei a tarde alí.







18/5/09

AS FESTAS DE VILALONGA

A comisión de festas, presidida por José Buezas, rebaixa este ano o presuposto de 98000 para as festas, do ano pasado a 38000 € menos. Acorde cos tempos que corren, e xa que había aínda moitas deudas do ano pasado, a comisión dedidiu sanear ás contas sen pagar do ano pasado. Con todo, aseguran que van quedar unhas festas máis que dignas, con menos orquestas, pero de boa calidade.
Este ano, tampouco vai a comisión a explotar a barra de copas no recinto das festas, asignouse a unha terceira persoa para que os da comisión tamén poidan disfrutar das celebracions
.

Digo eu que cos aires que corren está ben gastar menos nas festas, mal que nos pese, aínda que recoñezo o meu respeto por a moral desta xente. Eu mesma sei con detalle as veces que a xente atopa 30 excusas para non dar un peso, pero as festas quérenas. Tamén recollezo que aquí só pediron un ano, imaxino que porque ate agora traballei sempre e non me toparon na casa. Menos mal que tampouco baixo á festa, a ningunha, creo que a última festa que pisei foi á da Lanzada ai 3 anos. Algún da comisión me ten contado anécdotas, como cando foron á casa duns veciños a pedir, timbraron porque os viran entrar de lonxe. Insistiron porque sabían que estaban dentro, pero os de dentro caladiños e quietos e non abriron a porta, nin para arrear 10 €, (suponse que axexaron por a ventá ou a mirilla). Eso sí, logo, foron dos primeiros en presentarse nas festas o primeiro día, o ano pasado. E... ¡ que cousas !, eran dos máis afortunados ... pero tamén parece que moi devotos da Santa Virxe da Billeteira.

11/5/09

NA CRISIS... NEGREIROS.


Fai uns días lía na Publicación trimestral TRANSPORTE A FONDO do APETAMCOR (Asoc.Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia) que por culpa da profunda crisis, moitas empresas do sector que ata fai pouco eran solventes, están en serios problemas (nada novo), que o 50% da flota está parada (tampouco é novidade), que os bancos meteron na alforxa os ceros á esquerda que Zapatero cedera para axudar ás pemes (¿e qué esperaban dun banco?), que a situación empeora cada vez máis, que cada vez ai máis morosos... Que por iso se ían negociar cos Ministerios unha especie de axudas para ir paliando no que se poida, por exemplo, legalizar multas para as empresas que traballen por debaixo de costes, prohibir os pagos a máis de 30 días, esixir a os bancos que refinancien os leasing...
Tamén decían que ante tal perspectiva, os transportistas centrábanse sobre todo en manter o negocio “a toda costa”(*), por precario que sexa, para aguantar en vez de acabar co peche.
Do que non lin nada e das empresas que aproveitan a máis que mentada crisis para EXPRIMIR aos empregados como si foran pomelos, e en meses teñen creado un ambiente irrespirable a base de meterlles medo co peche. Do que non deben saber na revista, é dos que aproveitan para sacar máis suor, á conta do medo, aumentando ás horas laborales e atosigándoos con frases do tipo: “Ai que zurrarlle máis que aínda da tempo a outro viaxe!.
E imos ver, ¡ollo!, que eu estou dacordo en arrimar todos o ombreiro e tratar de avanzar, vale que se fagan certas concesións no momento que é. Pero o que me parece indigno é volverse tan trasno como para que o chófer vote 14 hs, e aínda lles parezca pouco e os tilden de palanquíns.
Porque casualmente, dunha empresa de preto, e da que coñezo o suficiente por dous dos empregados, dende enero xa oín de todo. Vale, ó mellor, no momento que é, que non viron os 400€ de Zapatero, ou que a fin de mes sexan 1000€, vale que non teñan vacacions (nin pagas nin disfrutadas, xa nunca as tuveron), vale que non se paguen horas extras... pero que enriba che deixen caer sutilmente que “si hoxe non paras a comer ou colles un bocadillo, tampouco morres a danos para facer todo hoxe” (aquí valga a expresión do principio(*)), pero o que me parece vil, e de negreiros, e armar un pifostio porque un baixou a comprar un botellín de auga. Bueno e o de deixar caer que igual ai que rebaixar 100 € a cada un para ir tirando, xa me parece burla en toda a regla, cando saben que están por ahí tantas horas. Digo eu, que nadie espera que lles dean as gracias, pero o mínimo, é ter educación con eles. Porque estes contan a qué hora pechou o disco, e non teñen problema en decirche que xa descansaste duas horas en tal sitio, cando a máquina que cargaba se estropeou. ¡Vaia, e os empregados non dormen, entón!!.
Na miña modesta opinión, o que pasa é que como todos sabemos que agora mesmo non ai donde ir, exprimen e apretan porque o que máis o que menos algún crédito tén, e caen tan baixo que en vez de votar un, andan a torealos todos, por ver quen se farta e se vai, e encima lles deixa atrás para papar eles, a liquidación. Non importa que o empregado estivera ahí a pé de canón anos, nin as concesións, nin nada, o que importa e o porco papel timbrado, e a dignidade da xente pásana por onde a espalda perde o nome. Coma NEGREIROS, como EN ETIOPÍA nos peores tempos...
Se cadra son eu DEMASIADO IDEALISTA, pero non concibo atopar un amigo un domingo ó mediodía e que en vez de concentrarse no pincho e no vermú que lle ofrezo no salón da miña casa, como dende ai tempo, e en votarnos unha risas, que esté como distante e que cando lle pregunte si está ben, me diga como onte, que: “Joder, mañán xa é lunes...”, e velo amargado cos seus 30 anos.
Alguén debía de pegarlle no portal a esta xentiña que a ESCRAVITUDE FOI ABOLIDA ALÁ POLOS ANOS 1800, e ai que saber ter un punto medio en tódalas circunstancias...
Que eles van morrer igual ca todos, e teño entendido que San Pedro, non é sobornable.

4/5/09

OS PIORNOS

O piorno, (mostrado aquí nunha fotografía de J.J.Fernández Morgado) é do máis típico de Galicia. Unha construcción complementaria sempre das antigas vivendas ruráis e que se segue a utilizar no día de hoxe, tanto para o seu uso inicial como xa en modo decorativo. En principio foi pensado para garda-lo millo, cereáis, e o seu secado, cun sistema de pequenas rendixas que garanten o secado e ventilado do que ai dentro e ó mesmo tempo evitan os ratos. Foi base elemental da alimentación galega durante séculos. Ai diversas ideas acerca da orixe, pero o máis seguro é que xurdiran na época dos castrexos como almacén e/ou secadoiro das espigas de millo. Se cadra iniciouse con algún cabazo pendurado do teito... As primeiras informacións que se teñen dos piornos son de autores romanos (¡no S.I a.de Cristo!), e describen unha forma moi parecida. Debuxados, vense por primeira vez nas Cantigas de Santa María (Alfonso X, O Sabio), alá polo S. XIII.
Están feitos en diversos tamaños e capacidade, e normalmente de pedra (algúns son todo un arte na pedra) e madeira, e tella, (aínda que xa vin algún feito de bloque) e acostuman estar decorados con cruces, un Agnus dei, reloxio de sol, e/ou pináculos. O máis habitual é velos pousados sobre pes de pedra e con base, pero ás veces teñen embaixo unha especie de cámara pechada á que dan outros usos. Acostuman situarse en lugares por onde corra ben o aire. Non sei se é o máis longo de Galicia, pero debe ser dos máis longos, un que ai en Celeiro que conta con 37,30 m de longo por 2,40 m de ancho. (Non tiña gran nin nada o que o mandou facer)...

Dame moita mágoa que se vaia perdendo interese por estas cousas que son as bases de como viñemos dar á nosa cultura, piornos, muiños, fontes, cruceiros, inclusive lendas... e nalgún momento tiña que porme a crear unha especie de galería de todo o que temos separado por nome. Recopilar imaxes dos cruceiros que poida, os piornos que poida, as fontes que poida...
Pois como nunha entrevista dixo o noso artista local Xesús Mendez Padín:

Las civilizaciones se cimentan en sus mitos.”

30/4/09

A TVG EN VILALONGA

O pasado venres 24 de abril, no programa de tarde da TVG, “Acompañenos”, para a miña sorpresa, a Televisión de Galicia aparece na casa dunha das nosas veciñas, por as imaxes, de Rouxique, para saber porqué deixou o seu país e abandoou todo por amor. Polo que puiden ver a nosa veciña desenvolveuse bastante ben, no salón da sú casa, explicando a súa vida dende coñecer ó seu home, “un vilalonga de pura cepa”, como abandoou todo o que tiña no seu país, e se veu por amor a Galicia. Tamén conta que foi dificil adaptarse porque daquela aquí, non había absolutamente nada.

Para quen non estaba ante o televisor ese día, podédelo ver entrando na páxina www.crtvg.es, e clikando logo TVG logo MAGAZINE logo ACOMPAÑENOS e logo GRAVACIONS.

Para ver o inicio do tema, avanzar ata o minuto 39:30, deixovos o enlace directo para avanzar logo no búfer, pero a mín foime máis rápido empezar pola web da tvg.

http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=30/04/2009%2016:07:05&fecha=24/04/2009&arquivo=1&programa=ACOMP%C1%D1ENOS&id_programa=178

Xa ía sendo hora de saír nalgún lado por algo máis que a xestión da alcaldesa, ¿non?.

DIANA LAMELAS, TECNICA DO LEADER.

Unha vilalonguesa, Técnica Encargada do Programa de Fondos Europeos para o deserolo rural. ¡ Felicitacions !


27/4/09

NO REVEL, UNHA HORTA

Novamente unha fermosísima fotografía antiga por Vilalonga, e novamente me chega da man de Nacho Velón, (GRAZAS). Abofé que creo que esta aínda me gusta máis que a anterior...
Nela nos mostra con nostalxia o resultado dun día castigado sen praia, por non rematar de recoller as mazás que serían o menú dos cochos. A imaxe é do pilón que entón usaban para regar “La Huerta de Abajo”, xusto onde se está a facer o centro de saúde.
Como vedes, o pai non se bañou, pero a súa nai, Dna.Luz, non estaba disposta a pasarse sen o seu baño, e así foi... toda a mañá.

O GROVE, NA "CATORSE"

Aquí, unha antiga imaxe que me chega por man de Maxa. É o cruce da parada de taxis do Grove, e acompaña á imaxe unha foto do sítio hoxe día sacada por ela para que todos nos situemos. (Gracias Maxa). Nela vemos a famosa Torre de Lores vista dende a rúa "Catorse" que ela aínda lembra. Certamente, foi unha pena como ela mesma día, que o concello non procurara conservala. . .

24/4/09

VIAL ROUXIQUE, ¡ALELUIA!

Onte á tarde pasei por Rouxique e vin que estaban a "limpar" e que chegaran máquinas para votar asfalto. Hoxe leo no Diario de Arousa que empezan o asfaltado Rouxique- Vilalonga: ¡ ALABADO SEXA DEUS POR OS PEQUENOS MILAGRES!.
Esto leva pedido por os veciños dende ai anos, pero... imos ver ata qué lado chegan en Rouxique, son capaces de deixar a zona da Costiña máis interior, e eso, tamén é Rouxique. Leo algo máis abaixo que é un firme provisional que nada ten que ver coas aceras nin demáis melloras que levan prometidas desde "maricastaña". En resumen, que dentro duns meses xa vexo as abertas dos lados cheas de novo de porcalla, os coches con todo tino para non meter as rodas ó apartar do de frente, o firme levantado por zonas, e as vellas ó vir da misa rezando para que non as leve por diante algún de nos, cando pasamos ó volante.
Parece preciosa tal promesa, pero nin tén fecha nin tén trazas de ser fecha "prontía", pero non perden oportunidade de nomear canto vai costar (uns 1,6 millons de €) e o ben que vai facer. Que sí señores, que xa o sabemos, o que queremos e DISFRUTALO, PALPALO (ou debera decir, PATEALO) . ¿Que nos importa canto vai costar?, xa sabemos que nolo sacaran do lombo logo... En fin, solo espero que esté algo mellor ca o de Piñeiros. Curiosamente os "furados" que notei ai uns días, caín ó fixarme mellor, que deben ser AS ALCANTARILLAS tapadas co "piche", que se ve deixaron unha especie de "marca" para que saiban logo onde furar, OUTRA VEZ, facer o burato redondo, e traer a tapa da alcantarilla ó mesmo nivel. ¡Vivir pra ver!.
E logo ríame eu con quen me contaba que en Túnez primeiro fan a parede enteira e logo debuxan as ventás cun lápiz e pican de novo: despilfarro de tempo, enerxía, e cartos.
. . . Ás veces parece que estamos no Congo.