23/1/09

NA PISCINA... CACHONDEO.

Rinse de nós abertamente e dicimos que chove.
Na piscina levamos meses de mal rollo por non ter máis rebeldía, co conto de “chorrete de auga quente, chorrete de auga fría” (raio, aquí teño a canción do verán, ata rima). O caso é que ti vaste duchar, esperas “en bolas” que veña a auga templada, que tarda un ratiño, méteste, enxabónaste rápido, e en seguida, toma chorrazo de congelada, ou chorrazo de escaldando... Despois dunha cuarta protesta, siguen a dicir que é unha válvula que non son capaces de regular, que xa veu o técnico e que non da acertado (debo ter cara de parva).
Joer, pois cambiade ou de técnico, ou de válvula, ou de sistema... pero non andemos ás berzas. Parece mismamente que nos ven como parvos, collen e baixan os precios, pero nin arreglan as máquinas rotas, nin os bancos despegados e cheos de cinta adhesiva (que mancha) nin controlan a temperatura da auga, nin a temperatura da piscina (fai tanto frío que alguén que tiña que ir para rehabilitación non vai, porque di que volve peor), nin miran sequera o aforo. Vamos, que ti pasas a tarxeta para ir ó ximnasio e ó entrar ves que non podes usar ningunha máquina, e cando se che acaba o tempo do que dispós, deixaste exercicios sin facer. ¡Bueno!, si ó peor sí que somos parvos, porque calamos a boquiña e aguantamos con todo. Ou deixamos de ir un mes (dou fe) por unha gripe de “auga quente, auga fría”. Se todos nos puxéramos de acordo e dicimos, “esta semana ni un pasa por alí”, xa estaba. Porque, ademáis, queres presentar unha queixa, e non teñen follas de reclamacións, señores, como en todos lados (falando, entereime que xa a pediran outros). Pero non, teñen cartillas fotocopiadas para votar no “Buzón de suxerencias”. E vou eu e trágome que alguén do concello as lee. Vamos, estou por xurar que nin chegan a él. Pero ¿onde estamos?, ¿na EXB ou qué?. Digo eu, que baixar os precios dos socios para recuperar a xente perdida é un insulto á intelixencia de calquera. Vale, que moitos seguimos indo porque é o ximnasio máis grande da zona... (en superficie) pero tamén moitos, ou nos duchamos a toda presa sin lavar o pelo ou xa non nos duchamos ata chegar á casa. E dicir, que encima aforran agua e enerxía á conta nosa. Bueno, algúns tamén imos ó termo medio. Duchámonos a toda velocidade, pelo incluído, e logo botamos 5 minutos completos, ou máis, debaixo do secador de mans: “Ai sí, ¿aforrades na auga?, pois gastades na luz”.Tamén se rumorea que o de baixar prezos é para privatizar a piscina, colles moita clientela a calquera prezo e o que veña detrás, que se sacuda como poida. ¿Esto é de recibo? (como dí miña avoa). ¿Non será mellor que como noutras piscinas municipais cobren e se comporten dun modo equilibrado, ¿con certa lóxica calidade-prezo?. Da de Vilagarcía sempre me falan ben, pero está lonxe, e da de Cambados tamén falan ben, pero é pequena. ¿Será posible que sempre somos igual de marmotas e permitimos que neste santo concello solo se viva e se avance e se mellore para disfrute dos turistas?.
¡¡ Vaia cachondeo !!... O que dixen noutro post:
¡¡ QUE DIFICIL QUE É FACER BEN AS COUSAS !!.

3 comentarios:

Maxa dijo...

Uff, así que xa non son eu a única á que lle tocan as duchas en agua fría! Pois xa non sei se dicir, ¡pois menos mal!, ou ben, ¡canto o sinto! Douche toda a razón do mundo, ou ben se poñen todos de acordo para poñer unha queixa ou non hai maneira. ¿E índo directamente ó concello ou ben falando co responsable directo da piscina? Aquí en O Grove, ás veces non queda outra máis que falar directamente coa persoa responsable. ¡A ver cando temos a bendita sorte de ter unha piscina!

luis dijo...

E o que nos queda, porque esto non ten ningunha pinta de mellorar.

vilagonde dijo...

Xa sei Maxa, que levades anos esperando unha... e fixeronvos a poza aquela cerca da plaza. Haber si tendes sorte e moven o cú ahí no concello (e regulan ben a válvula, claro)