28/2/09

TUBERCULOSE EN VILALONGA


Leo hoxe no Diario de Arousa, que a Pablo Puime, centrocampista do Vilalonga e entrenador dos pequenos, detectáronlle onte tuberculose, polo tanto perde o resto da temporada, e si é portador pode mermarse máis a plantilla.
De momento terá que facer vida cunha mascarilla para evitar contaxios e a baixa será duns 6 ou 8 meses. Dado que ata luns non se saberá si é portador (moitas probabilidades de máis contaxios), a alarma aínda non cundíu pero si ai xa preocupación por os alevins.
Ó parecer levaba tempo con problemas respiratorios e ó principio os médicos pensaron nunha neumonía, que acabou por ser unha tuberculose avanzada. Si resultara ser portador, terán que pasar unhas exhaustivas probas a familia, o resto de xogadores, técnicos, directivos, no centro de estudios...
Os síntomas son febre, sudoración por a noite e dor no peito.

25/2/09

TRABALLO, NINGÚN.

Esta foi onte, en Vilagarcía a parodia máis aplaudida, e moita xente votou a rir tras leer o lateral: http://www.atopartraballocostauncarallo.es/
Desto dou fé. Ler a páxina de ofertas do Inem provoca media depresión e a páxina do Diario de Pontevedra xa non digo nada. Menuda diferencia coa mesma sección ai 4 ou 5 anos.
En fin, onte, como era de esperar, a maioría dos disfraces tiñan que ver cos tempos que corren e á xente ocorréronselle as mesmas ideas. Dúas caravanas son do Inem, 2 disfraces individuaís son sobre a peseta (a más añorada, como poñía un deles)...
¡¡Ay...!!. ¡ O que se facía daquela con 5000 pts!. E agora con 50 euros no super, non fas nada.

20/2/09

¿QUE PASA COS NEGOCIOS?

Acabo de chegar do Lidl. Non precisaba máis que catro cousas cotidianas de uso e algo para a neveira, pero, por aquelo de que en Vilalonga seguimos sen un supermercado, acerqueime alí... e ó final, sempre veño con algo que non estaba na lista.
A cuestión é que teño falado máis dunha vez coa miña parella do porqué do peche dos que había, e penso que a culpa non a teñen só as grandes superficies, porque penso que todos teñen o seu mercado., (aínda que é verdade que ó ser unha superficie tan grande teñen outras posibilidades que os pequenos non teñen). Estaredes de acordo conmigo, que a xente maior que non ten coche, non vai ata o Carrefour, o Mercadona ou o Lidl a nada, e sen embargo, os supermercados pecharon, quedándonos, o máis parecido o EKOMAX aí na saída hacia Dena.
Despóis está a cuestión do aparcadoiro. Ti saes da casa coa lista na man, chegas ao sítio, e ves que tes que aparcar 30 metros máis arriba ou abaixo... e como que cargar coas bolsas xa non apetece. Ou vas levar o ordenador, e ves que tés que ir cargando coa cpu dende a gasolineira...
O que máis e o que menos está agardando que abran o Eroski alí onde o Bar Blick, que leva mentándose xa ai como un ano porque chegas, aparcas, a 5mts como moito, colles o teu carriño, se podes énchelo ben, saes... e ó maleteiro. ¿Pero qué esperanza de vida poden ter os negocios se tí non tes a opción de aparcar cerca?. Ahí está a pastelería que coas plazas de diante vai contra vento e marea: se non levas pasteles e pan, e senón un café, pero aparcas e vas.
O meollo do asunto é: ¿Por qué pecharon todos?, ¿porqué viñeron negocios novos e foron pechando? (espero que a óptica perdure, que boa falta facía). ¿Pero pechan porque o pobo é pequeño, porque inflúe moito o do aparcadoiro ou pasa algo máis?. Eu recoñezo que ía bastante ó antigo Tandy, pero tamén recoñezo que non fun xamáis a froitería que está máis abaixo, nin á tenda de conxelados que xa cerrou, nin á tenda de informática diante da gasolineira, nin á roupa á de Xulián (pero teño un bó motivo). Fun unha sóa vez a García Padín por un electrodoméstico... De toda Vilalonga, recoñezo que o único que piso de habitual e a Pastelería, algo o Bar Bolleré, a Xoiería de David, e a Librería Vidal. Á gasolineira vou si é unha emerxencia. Por non ir, nin vou a Correos (que por certo, este tema da para outra entrada).
Claro que as grandes superficies teñen ventaxas, como que por rappel poden poñer precios inferiores, ou que ai máis variedade... pero sempre pensei que ai algo máis, que o simple feito de variedade dos centros grandes, de feito, moita xente elixe o Día e non o Carrefour, e a diferencia de variedade e notoria. Cada vez estou máis convencida de algo que a xente non se atreve a dicir en voz alta, pero que, pouco solidarios como somos, eu creo firmemente. Vouno mencionar en tono de pregunta, e vos me diredes: ¿Será que somos tan parvos ou tan desconfiados, ou tan envexosos que nos incomoda que o veciño teña un negocio ou que sepa o que compramos ou deixamos de comprar?.

CASA SINEIRO (T.R.)


Hoxe véñovos comentar que por ter, temos ata casas de turismo rural en Vilalonga (para que non se diga)... Lembreime porque eu son moi afeccionada ós puentes en casas de turismo rural, e precisamente ando estes días buscando algo para a Semana Santa.
Como vos dicía, en Vilalonga temos a CASA SINEIRO, que está a moi pouca distancia das práias da Lanzada, e do centro de Sanxenxo, aínda que Vilalonga posúe casi todo o que se poida precisar dos servicios diarios. Está nomeada patrimonio cultural, por o feito de ser do século XVIII (seguro que isto non o sabe casi ninguén). No salón pódese disfrutar da cheminea e ó longo da vivenda, das súas 6 habitacions, 3 baños e unha cociña totalmente amueblada.
Na finca que a rodea, viñas, frutáis
e algún que outro castaño centenario.

19/2/09

SANXENXO, ANO: 1910

Unha imaxe incribe de Sanxenxo de ai casi 100 anos. Pero (lóxicamente) non consigo identificar a zona nin remotamente.

13/2/09

RADIACIONS ELECTRICAS

Hoxe huben de vir para o piso co coche desfeito. O caso é que ó pasar por diante da saída dos institutos (diante da subestación de Fenosa) un coche mirou para arriba para saír... pero non para abaixo. Eu viña tranquilamente e doume tempo a frear en seco a un metro del (tamén me dou tempo a facerlle logo un sinal de que ai que andar con máis ollo).
A cuestión é que me dou por preguntarme que pasará o día que un coche ou un autobús veña lanzado dos institutos e se nos meta cas catro rodas dentro das instalacions da electricidade... e enriba (había que darlle un patada no cú a quen autorizou tal cousa), coa gasolineira ó lado. Eu é que non sei en que pensan os que chegan a mandar... debe ser algún virus, todos en todas as épocas acaban por pifiala. Ata onde teño entendido, nas subestacions, os riscos de radiacions según as estadísticas son nun radio de entre 500 e 600 metros. E tamén ata onde teño entendido, algún partido político (non sei si foi o concello, pero non creo), xa pideu o ano pasado que se chegara a algún acordo con Fenosa para quitala de ahí.
Pero... o de sempre: historia inacabada. Nin antes nin despois dese momento dixo ninguén nada, nin protestou... eu sin problema firmaba si a asociación de veciños viñera a recoller firmas..
Será a crise, a xente está máis preocupada por encher a neveira que por a saúde a longo prazo.

11/2/09

... COMO AS RANAS

Fai uns días saeu a conto o centro de saúde daquí de Vilalonga. Eu nin entrei aínda, pois teño asignado o de Baltar, pero comentábanme (en ton interrogante) si será posible que se constrúa o centro médico novo dunha puñeteira vez, porque din, que tan pouca xente non haberá, cando agora xa ai que pedir cita, como no de Portonovo, e que ata fai pouco non había nin que che dera as citas. Parece ser que agora ai unha moza para iso. Como dicía, eu nunca entrei, pero levo meses fixándome nas colas frente a gasolineira. Ás veces da vergonza, igual che cadra de pasar antes das 8 da mañá e xa ves a xente na acera esperando imaxino que para ir dos primeiros na cola. O record bateuno un velliño, que se ve que non podía dormir, (ou o chimpara a muller da cama), e unha mañá as 6.45 hs., vímolo a miña parella e eu alí sentado na porta, "¡lo flipas, tío!". (Como dín hoxe os críos).
En fin, según teño entendido, a formalización ante notario dos terreos gratuitos para construir o Centro de Saude, xa se fixo e xa foi aplaudido. En total, aínda que a superficie de uso do centro van ser só uns 560m2, a finca que nos dan (e xa nos sacarán do lombo) ten, creo recordar, e indo a números redondos 4280 e pico m2., e valorouse nuns 360000€ (casi "ná"). Tal como se puxo o tema da construcción, despois de ir "ao tacho" a primeira promotora... quédanos esperar que tal lle vai a Winterra S.A. (sede en SAntiago), ó longo deste ano, estando de por medio un presuposto de máis de 722.000 €. E o prazo ese de antes do verán... (lagarto, lagarto...). Se cadra son eu, que xa estou desmotivada de todo, e non me creo nada en política e da nosa señorísima alcaldesa, menos, (que me debeu quedar trauma da linguaxe que lle oín usar dentro do concello nunha ocasión poñendo verde a alguén).
Repito, en política non me creo nada, e iso que dicía a alcaldesa en novembro de que estaría nuns 8 meses... , digamos que me da no corpo que non é máis que croar e croar... como as ranas

CAPILLA DE SANTO TOMÉ

A Capilla de Santo Tomé está rodeada de arboleda, no lugar de Gondar. No seu sinxelo estilo destaca un único detalle: a fachada coronada por unha espadana.
foto: SANXENXOTUR.COM

EXPOSICION XESUS MENDEZ

OBRA: LA TRISTEZA

Infórmo a todos os amantes do bo arte, que o noso artista local XESÚS MÉNDEZ PADÍN, expón na Sala 2 do CENTRO SOCIAL DE CAIXANOVA EN VIGO ( Rúa Velázquez Moreno).

O prazo para admirar a súa obra será dende o día 11Febreiro, ás 6 da tarde ata o próximo día 1 de Marzo.
Horario:
.De lunes a viernes, de 18.00 a 21.30 h
.Sábados e festivos, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 h


¡¡ NON FALTEDES !!.

4/2/09

O VILALONGA, EN PERIGO

FOTO: EL CORREO GALLEGO.
ESte fin de semana perdeu o Vilalonga o partido contra o Compostela (que sigue na primeira plana da clasificación). O noso equipo local meteu o primeiro gol, de feito, xogaban moi ben naquel intre. Sen embargo foron perdendo fuelle aínda que sabían que así se metían nun lío. Saúl fixo un último intento de marcar, tras un remate de Adrián, pero fallou. Xusto un minuto despois, o Compostela alcanzaba os dous goles deixando o partido sentenciado. Compostela-2 ++ Vilalonga- 1.
Unha pena.

2/2/09

CAMIÑOS DE CARRO

Hoxe baixei por Rouxique, pasando logo por a Costiña e saíndo na Revolta. Indignante. No día de hoxe, e nunha zona máis que chea de veciños e que esté así o camiño (porque é un camiño, non unha carretera).
Eu, ou son moi curta de entendedoiro ou non o concibo... ¿como se pode ter semellante carretera no día de hoxe?. Entre baches, reparcheados, desniveis, avenidas de auga, regos ós lados... en fin... que é toda unha odisea baixar por ahí. E non mo explico, elogo... ¿os de Emprosal16 non protestaron nunca?, ¿pensan vender os chalecitos con semellante acceso?... (O que teña un coche coas defensas baixas, xa non comprará, digo eu.). ¿ E no concello, qué?... ¿a velas vir, pero deixalas ir?. Os de Vilalonga, mal que nos pese, tamén pagamos o Oral, a basura... e tamén temos DEREITO A VOTO. Digo eu, tanto como se afanan en musiquiñas, coches con altavoz, discursos e panfletos cando son as eleccións e aínda non pillaron a onda de que ós votantes ai que respetalos, xa non digo mimalos, pero respetalos. Calquera que pase, que se fixe, ¿non vos parece unha tomadura de pelo, isto?, ¿non é unha labazada en toda a cara?. Eu non sei si alguén da asociación chegou a protestar, pero é que xa é un ben común e normal, xa non tiña que facer falta ir a protestar e facer escandalera por algo tan lóxico e sinxelo...
E cada vez peor... este inverno está a ser tan “sequiño”... que as fochanchas e avenidas de auga sucédense por todas as curvas, en cada lado.
Vamos, que o máis decente sería poñer arriba no semáforo: ROUXIQUE, CAMIÑO DE CARROS (bueno, non, que se vén algún arxentino larga o coche por ahí abaixo e sae fogueado da mala uva). Mellor...
ROUXIQUE, CAMIÑO DE VACAS, e ó lado... unha sinal clarificadora:
Prohíbidos elementos de tiro paralelo.
Si, sí, prohibir os carros de dúas vacas, porque se non, mellor deixar as catro rodas... e invertir en avionetas.