13/2/09

RADIACIONS ELECTRICAS

Hoxe huben de vir para o piso co coche desfeito. O caso é que ó pasar por diante da saída dos institutos (diante da subestación de Fenosa) un coche mirou para arriba para saír... pero non para abaixo. Eu viña tranquilamente e doume tempo a frear en seco a un metro del (tamén me dou tempo a facerlle logo un sinal de que ai que andar con máis ollo).
A cuestión é que me dou por preguntarme que pasará o día que un coche ou un autobús veña lanzado dos institutos e se nos meta cas catro rodas dentro das instalacions da electricidade... e enriba (había que darlle un patada no cú a quen autorizou tal cousa), coa gasolineira ó lado. Eu é que non sei en que pensan os que chegan a mandar... debe ser algún virus, todos en todas as épocas acaban por pifiala. Ata onde teño entendido, nas subestacions, os riscos de radiacions según as estadísticas son nun radio de entre 500 e 600 metros. E tamén ata onde teño entendido, algún partido político (non sei si foi o concello, pero non creo), xa pideu o ano pasado que se chegara a algún acordo con Fenosa para quitala de ahí.
Pero... o de sempre: historia inacabada. Nin antes nin despois dese momento dixo ninguén nada, nin protestou... eu sin problema firmaba si a asociación de veciños viñera a recoller firmas..
Será a crise, a xente está máis preocupada por encher a neveira que por a saúde a longo prazo.

2 comentarios:

LED ZEPPELIN dijo...

Ninguén vai facer nada porque teñamos unha central electrica no medio do noso pobo. Dende a Alcaldía no se van meter con FENOSA (esa grande empresa galega que tanto beneficia aos galego jejejejejejeje). Eso sí, cando pase algo entón votaranlle as culpas a algún que pase por alí. Hai catro ou cinco anos estiveron mirando se existían radiacións e dixeron que non, pero claro, os técnicos eran dunha empresa que leva moitas subcontratas de FENOSA polo que...... CUANDO EL RIO SUENA ES QUE UN MUSICO SE AHOGA.

Sausos

vilagonde dijo...

Pois paréceme estúpido. Estou dentro do límite, ¡¡ peor !!, teño a de electricidade para abaixo e a de telefónica para arriba, e dame que si din que o límite está nos 600 é que o está. Claro que os políticos non farán nada, pero non entendo porque a xente non protesta un pouco, recollen firmas... algo.