22/7/09

MAIO 1954. INAUGURACION.

A inauguración do Campo de Fútbol de Vilalonga, foi daquela todo un acontecemento. Na primeira das fotos os sorrisos da xente, na segunda imaxe, Epifanio Campo Núñez acompaña ó Cabo da Garda Civil , D. Tomás cara o centro do campo.


13/7/09

UN PARQUE... PARA AS COBRAS.

Hoxe o paseo foi por dende os arredores da fábrica de Campo, cara a Costiña e paseando cheguei a este parque do que non tiña noticia algunha (digo parque por chamalo dalgún xeito, porque son 3 pezas). Por suposto que é unha minucia no montón de cousas que andan mal nesta localidade, pero, pareceume unha gota máis. Pareceume un lugar curioso para poñer un parque infantil: pegado a un pilón abandoado e suxo, e no medio e medio de “xardín sen recortar”. Polo que puiden ver non se debeu usar moito, nin o banco, que invitaría á lectura se estivera doutra maneira, nin os xogos, xa que se vían sin gastar nadiña... O caso este é o de sempre, invertir de entrada, dándolle bombo... e logo deixar correr. Imaxino que o puxo o concello no seu día, aínda que recoñezo que non oín nada sobre o tema. E o pilón outro tanto do mesmo, paréceme tristísimo (se cadra son eu moi tiquis mikis). Vela construcción e achégaste con toda a curiosidade, para atopalo todo cheo de ... bueno, do que se ve nas fotos. ¡Como se nota que hoxe temos lavadora!.
Ocórreseme, que si non vai servir para beber animáis, nin bañarse os cans... que o convirtan nun estanque. Alomenos, tería un uso... as plantas ainas nos Leiros, e dicir, que lles saen gratis, e as carpas, ¡e que as regalo eu!!, se por iso é... En resumidas contas, volvendo ós columpios, que eu non esperaría que fose un parque “ultimo modelo” na zona que é, pero para acabar así non sei para qué se molestaron en poñelo.
Igual esperan que os nenos entablen conversación coas cobras.

8/7/09

Vilalonga, A Praza, 1962.


Velaquí vos deixo dúas imaxes que atopei, no meu paso por a Biblioteca, da praza de Vilalonga, en Maio do 1962. Era día de compra-venda do gando. Daquela o 100% dos veciños tiñan traballo gracias ás tres fábricas cerámicas: Campo, Viqueira e Guisasola (esta última foi lider nacional), e o mellor barro enviábase a Valencia e Alicante. Había tal movemento, estaba tan ben o sector que nin o mar zafou e ían en grandes grupos a sacar o barro da enseada durante a baixamar, que ademáis, era mellor e máis caro que o de terra.
A ironía é que a pesar de ser os anos que eran, sumándolle o ben que ía a agricultura e a pesca e marisqueo, tanta actividade favoreceu a aparición de especialistas mecánicos, carpinteiros e electricistas, ademáis de un sector de trasporte marítimo e terreste con moi boa saúde.
As contas da Caixa de Aforros deixan claro que na época, Vilalonga tiña un nivel monetario bastante mellor que o resto dos veciños dos pobos lindantes.
(NON ESQUEZADES QUE PULSANDO SOBRE CADA FOTO PODEDES VELAS MÁIS GRANDES)
Información e imaxes de "50 anos do Vilalonga F.C."

7/7/09

DAS FESTAS DE SAN PEDRO


Pasadas as festas de S. Pedro e falando con un coñecido da miña idade, comentábamos o feito de que a orquesta Panorama quedara parada durante unha hora por o tema de que non lle funcionaba o show, os instrumentos, as plataformas... as luces. Eu non cheguei a baixar á festa, pero sí que o fixo él, polo que se puxo a comentar como estivo o ambiente durante esa hora sen música. A cuestión é que eu estaba convencida que era porque en Vilalonga non tiñamos suficiente potencia eléctrica para toda a parafernalia que trae esa orquesta habitualmente, e cal foi a miña sorpresa, cando este antigo socio e integrante de outra orquesta, espuxo como era realmente o “intríngulis”.
Según parece á orquesta Panorama esto non é a primeira vez que lles pasa, ó parecer xa lles pasou nunha ocasión en Barrantes e nalgún outro sitio, e según explica este coñecido, non é que normalmente os concellos non dispoñan desa forza eléctrica, senón que a orquesta non leva os xeradores precisos para a cantidade de material eléctrico que levan. (O certo é que a outra anécdota da noite foi que un deles foi buscar un xerador a Cambados, e á volta, multouno Tráfico onde o Eroski). Despois de oír isto, quédome coa idea de que é bastante indecente para unha orquesta que é de renombre, é que enriba, como explica este coñecido, dase de exquisita (polo visto, xamáis acepta un contrato onde non lles toque o turno das horas que máis xente soe haber na festa). Seica é unha orquesta bastante esixente, que eses cobran, que veñen a tiro fixo, que non se pillan os dedos, e eu supoño que alguén que esixe, tamén ten que dárse a valer, e a parte de cantar/tocar ben, terán que ser responsables do seu propio funcionamento sen tacha... e van e quedan como o cú (esperemos que o contrato contemplara algunha sanción por cousas similares, porque xa ó día seguinte oín queixarse con gana a dúas veciñas). Sae entón a cuestión de porqué o comisión de festas non pediu á outra orquesta que actuaran eles, e xa o faría a Panorama logo, en vez de deixar que se vaciara medio campo de festas ó non haber música, (nin atraccions, xa que estuveron ó final da avda. Vilar, na subida á igrexa). E a resposta dada por este mozo, é que aínda que seguramente a Panorama non ía aceptar semellante “ofensa”, parecía que tampouco había ninguén da comisión por alí. ¿Será posible que non había ningún a comprobar que a festa ía según o previsto ou para resolver os imprevistos???. Eu no meu último traballo, por exemplo, cando tiña unha idea para poñer en práctica, procuraba estar ó tanto, presente, comprobar que a idea estaba en práctica, ver si funcionaba ou non... Non sei, cóstame crelo pero él dí que non notou a presenza de ningún da comisión por a zona. (Por certo que ó final non souben si houbo a barra-bar na festa ou non).
Total, que moito chorar porque a xente non solta un pataco (que non o nego), que o curraron moito, que ían ser unhas festas máis que decentes a pesar da baixada de presuposto... e para o máis esencial, que é vixiar todo o panegírico estreitamente e máis a organización na música, a ningún da comisión se lle ocorreu esixirlle á Panorama que esperaran a cantar despois e que o fixeran os outros antes, antes que permitir a pifiada de deixar á xente cunha puñada nos dentes toda unha hora. Eu xa non entendo nada...
pero o que parece quedar claro é que uns por outros, como dí alguén que coñezo, “o cuciño sen limpar”