25/8/09

LIBELIÑAS


No meu último paseo por os Leiros e Cachadas, puiden comprobar que ademáis de patos, cobras muxes e paxaros, ai outras especies máis pequenas ás que normalmente non se lle vota ollo ata que, como xa dixen varias veces, che sobra tempo. Dado que ía moi pouco a pouco dada a calor, e parándome a coller amorias (sí, esas que ninguén as come porque non as venden no super) para unha torta, tiven ocasión durante a mañá de ver pousarse dúas libeliñas,
moi distintas entre sí pero ben fermosas as dúas. Tiven ocasión de fotografar a azul co móvil (xa vedes a calidade), pero fun incapaz de fotografar a vermella, polo que tiven que buscar según lembraba e topeina en mixfotos.com. A azul, pareceume un exemplar novo, femia, de Anax imperator e a de color vermello, si a memoria non me enganou era esta, que según lin chámase Sympetrumm pedemontanum. . Se me equivoco, correxídeme porque non estou nada posta no tema. E desta destaco unha vez máis a cantidade de fauna de todo tipo que temos por alá abaixo e nin nos enteramos, nin a damos a coñecer nin nos interesa. Unha pena.
E respecto ás amorias... nós non lles damos importancia, pero alí estaba unha parella madura de turistas a coller ás dúas mans para un cesto, onde xa levarían uns 2 kilos cando os topei e me miraron rindo: ¡Uy!, creíamos que aquí no dábais valor a estas maravillas...
¡¡ VIVIR PARA VER !!

5 comentarios:

veciño de Sanxenxo dijo...

Da gusto ver que ainda hai xente que lle da mérito e se fija no medio, si Sr. unhas fotos bonitas pero denota a sensibilidade de quen as saca.

A miña mais grande noraboa.

tano_gz dijo...

Asi que a ti tamén che gustan as amorias? a miña irmá foi pola Arnosa o outro día e xa temos marmelada para todo o inverno. Está boísima!.

Noraboa pola foto! anda que non é nada doado pillar esos bichiños así quietiños.

Unha aperta.

Deprisa dijo...

Preciosa libélula, insectos con velos de novia. Ellas y las mariposas son mis preferidos.
Un saludo,
Deprisa

vilagonde dijo...

Veciño de Sanxenxo, mil grazas.
Tano_gz... pois sí, penso que as amorias son máis sanas que o 90% da froita que se ve no supermercado. A foto, nada, por Deus, se é malísima. Ese día non levara a cámara canda min. ;)
Deprisa... un honor verte pasar por este blog, he visto que el tuyo es reciente, pero muy bueno, tanto en imagen como contenido.

Irene dijo...

Hola, ya se te echaba de menos en la blogosfera. Imagino que agobiadilla con tus problemillas de salud. Animo y sigue contándonos cosas.