Vendo que varias das miñas amigas se ven no trance de acabar levando os nenos a Dena, e que proximamente podo verme nesa circunstancia, ocorréuseme porme en contacto co Concello e expoñer, que na miña opinión era ata vergonzoso verse na obriga de acabar acudindo a unha gardería fóra do pobo, e ata do concello, tendo aquí unha empezada dende ai tanto tempo. Velaquí a resposta dende a Alcaldía:
Antes de nada decirlle que dende a Alcaldía entendemos que se boten en falla garderías no concello de Sanxenxo, xa que existe unha soa. Hai que ter en conta que a única que hai, que non está en Portonovo,como Vde. di, senón en Sanxenxo, non existía antes de ocupar o goberno municipal a actual formación. O mesmo sucede con cáseque todo o patrimonio municipal, xa que antes desta chegada non habíaapendas un metro cadrada de solo público onde levar adiante obras eservicios. O PXOM, elaborado por este goberno e aprobado nunha soalexislatura permitiu que existan, a día de hoxe, terreos nos quepoder levar adiante proxectos importantisimos, como o da gardería que Vde. comenta. O retraso que acumula esa gardería, ó igual que sucede con moitas outras infraestructuras, ven dado pola inoperancia e a radicalidade dunha Xunta de Galicia que, nos catro anos anteriores á entrada do equipo actual, se limitou a poñer todas as trabas posibles a que se puidese levar adiante non só ese proxecto,senón tamén outros fundamentais para esta parroquia de Vilalonga, como o edificio sociocultural, o centro de saúde, o colexio, o campo de futbol, etc. Mire ata qué punto esto é así, que coa excusa de salvagardar a riqueza medioambiental (xa me dirá Vde. cal é nesa zona concreta) nos pediron informes complexísimos relativos ó cultivo das berzas, os remontes das troitas ou a auga de dar de beber ós coellos. Increíble.Pero agora tócanos mirar ó presente e pódolle informar de que, con respecto á gardería, temos os terreos, temos os proxectos, temos a obra adxudicada e temos o compromiso do actual goberno da Xunta de axilizar a aprobación integral do plan de equipamentos e infraestructuras do Revel, temos consignación orzamentaria e no mesmo instante que o plan estea ó noso dispor, procederemos a construir esta obra tan demandada. E non quedamos ahí, porque o colexio pronto será unha realidade na mesma zona. E tamén poderemos contar nun futuro cunha nova gardería en Portonovo, no lugar de Baltar, a carón da piscina municipal. Agardando que esta información sexa do seu agrado, reciba un saúdo cordial.
En fin, en vista da resposta tan extensa, e quedándome algo mosca co tema da auga para os coellos (punto que non entendín), so me dou por respostar, que a xunta xa fai moito que cambiou de "xefe", e que si ese era realmente o problema, se cadra é que non están a presionar o suficiente. Digo eu. ¿Qué opinades vos?.