30/4/09

A TVG EN VILALONGA

O pasado venres 24 de abril, no programa de tarde da TVG, “Acompañenos”, para a miña sorpresa, a Televisión de Galicia aparece na casa dunha das nosas veciñas, por as imaxes, de Rouxique, para saber porqué deixou o seu país e abandoou todo por amor. Polo que puiden ver a nosa veciña desenvolveuse bastante ben, no salón da sú casa, explicando a súa vida dende coñecer ó seu home, “un vilalonga de pura cepa”, como abandoou todo o que tiña no seu país, e se veu por amor a Galicia. Tamén conta que foi dificil adaptarse porque daquela aquí, non había absolutamente nada.

Para quen non estaba ante o televisor ese día, podédelo ver entrando na páxina www.crtvg.es, e clikando logo TVG logo MAGAZINE logo ACOMPAÑENOS e logo GRAVACIONS.

Para ver o inicio do tema, avanzar ata o minuto 39:30, deixovos o enlace directo para avanzar logo no búfer, pero a mín foime máis rápido empezar pola web da tvg.

http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=30/04/2009%2016:07:05&fecha=24/04/2009&arquivo=1&programa=ACOMP%C1%D1ENOS&id_programa=178

Xa ía sendo hora de saír nalgún lado por algo máis que a xestión da alcaldesa, ¿non?.

DIANA LAMELAS, TECNICA DO LEADER.

Unha vilalonguesa, Técnica Encargada do Programa de Fondos Europeos para o deserolo rural. ¡ Felicitacions !


27/4/09

NO REVEL, UNHA HORTA

Novamente unha fermosísima fotografía antiga por Vilalonga, e novamente me chega da man de Nacho Velón, (GRAZAS). Abofé que creo que esta aínda me gusta máis que a anterior...
Nela nos mostra con nostalxia o resultado dun día castigado sen praia, por non rematar de recoller as mazás que serían o menú dos cochos. A imaxe é do pilón que entón usaban para regar “La Huerta de Abajo”, xusto onde se está a facer o centro de saúde.
Como vedes, o pai non se bañou, pero a súa nai, Dna.Luz, non estaba disposta a pasarse sen o seu baño, e así foi... toda a mañá.

O GROVE, NA "CATORSE"

Aquí, unha antiga imaxe que me chega por man de Maxa. É o cruce da parada de taxis do Grove, e acompaña á imaxe unha foto do sítio hoxe día sacada por ela para que todos nos situemos. (Gracias Maxa). Nela vemos a famosa Torre de Lores vista dende a rúa "Catorse" que ela aínda lembra. Certamente, foi unha pena como ela mesma día, que o concello non procurara conservala. . .

24/4/09

VIAL ROUXIQUE, ¡ALELUIA!

Onte á tarde pasei por Rouxique e vin que estaban a "limpar" e que chegaran máquinas para votar asfalto. Hoxe leo no Diario de Arousa que empezan o asfaltado Rouxique- Vilalonga: ¡ ALABADO SEXA DEUS POR OS PEQUENOS MILAGRES!.
Esto leva pedido por os veciños dende ai anos, pero... imos ver ata qué lado chegan en Rouxique, son capaces de deixar a zona da Costiña máis interior, e eso, tamén é Rouxique. Leo algo máis abaixo que é un firme provisional que nada ten que ver coas aceras nin demáis melloras que levan prometidas desde "maricastaña". En resumen, que dentro duns meses xa vexo as abertas dos lados cheas de novo de porcalla, os coches con todo tino para non meter as rodas ó apartar do de frente, o firme levantado por zonas, e as vellas ó vir da misa rezando para que non as leve por diante algún de nos, cando pasamos ó volante.
Parece preciosa tal promesa, pero nin tén fecha nin tén trazas de ser fecha "prontía", pero non perden oportunidade de nomear canto vai costar (uns 1,6 millons de €) e o ben que vai facer. Que sí señores, que xa o sabemos, o que queremos e DISFRUTALO, PALPALO (ou debera decir, PATEALO) . ¿Que nos importa canto vai costar?, xa sabemos que nolo sacaran do lombo logo... En fin, solo espero que esté algo mellor ca o de Piñeiros. Curiosamente os "furados" que notei ai uns días, caín ó fixarme mellor, que deben ser AS ALCANTARILLAS tapadas co "piche", que se ve deixaron unha especie de "marca" para que saiban logo onde furar, OUTRA VEZ, facer o burato redondo, e traer a tapa da alcantarilla ó mesmo nivel. ¡Vivir pra ver!.
E logo ríame eu con quen me contaba que en Túnez primeiro fan a parede enteira e logo debuxan as ventás cun lápiz e pican de novo: despilfarro de tempo, enerxía, e cartos.
. . . Ás veces parece que estamos no Congo.

A LANZADA, NOS 40.



Esta semana estou repleta de colaboracións, o cal me aleda moito. A os que faltan por reflexarse aquí, ROGO PACIENCIA, NON ME ESQUEZO.
Aquí deixo para todos dúas estampas da Lanzada, que me fai chegar ao meu correo mail, alguén identificado "un amigo de Noalla" (de Vilalonga tamén, tranquilos todos). Ambas valen moito, pero a segunda é a miña favorita. Según me dí, deben ser dos anos 40 ou 50.
E incrible o que fai o tempo, e del nada nin ninguén escapa.


22/4/09

NOS 60, NO PAZO REVEL.

Velaquí POR FIN (e a primeira da zona na sección), unha fermosísima fotografía antiga en Vilalonga. (SE PULSADES ENRIBA PODEDES VELA MÁIS GRANDE). Trátase do noso colega blogueiro Velón, sendo un neno, a primeiros dos anos sesenta. Ó carón está “Manoliño”, D.Manuel Coego Varela, home que veu dende Carballiño para ó Pazo. Eiquí, dende os dezaoito anos traballou e viviu xa toda a vida, e por elo está enterrado no panteón familiar, xa que para eles, familiar e.
Dende logo, este post e esta imaxe non sería posible si Nacho non tivera a amabilidade de facerma chegar, para este humilde meu sitio, acompañada de multitude de detalles.
Cóntame que “Manoliño”, era todo un artista coa guadaña mentras traballaba, e que posto a sacarlle fío tiña auténtica maestría. Na foto podemos ver a ambos dentro da finca, cerca do piorno do Pazo.

De novo, Nacho. Mil grazas.

O REVEL







Aquí vos deixo tres estupendas imaxes remitidas por o noso veciño Nacho Velón, tomadas no 2004 no desaparecido Centro Ecuestre do Revel. Pódese ver claramente un fermoso Arco Iris dobre e parece que lucía un día espléndido.
Gracias, Nacho.



21/4/09

NA IGREXA PARROQUIAL

Hoxe doume por ir pasear (ordes médicas), e pasei por a igrexa. E curioso no que un se fixa cando lle sobra tempo. Teño paseado moito por Os Leiros, a Telleira, a Fianteira... pero nunca me dou por ir alí arriba, salvo para ir a algunha boda, e moito menos pasara por a parte de atrás da igrexa. Dado a hora que era, non había ninguén, e paseando tranquilamente, fixeime por primeira vez de que ai unhas escaleiras picadas na pedra, (totalmente abandoadas e esquecidas) na parte posterior, que supoño serán do século XVII. Tamén me fixei na fonte, na que me sentei tranquilamente un rato a descansar. Gustaríame saber que simbolizan as dúas chaves cruzadas na parte superior...

20/4/09

16/4/09

REGUEIFAS

O venres 17 no Pazo da Cultura de Pontevedra, celebrarase o IV Concurso Escolar de Regueifas, que organiza a Consellería de cultura e onde participarán 20 centros Pontevedreses, entre eles, o Instituto de Vilalonga.
As Regueifas, algo moi característico do patrimonio popular galego, son algo así como o rap, unha especie de competición falada entre máis dunha persoa, onde se usa o verso con gracia , imaxinación e ironía (como nas cantigas de Carnaval), facendo que teñan o mesmo ritmo e que rimen ao final.
Parece ser que cultura opina que vale ademáis para reforzar as relacions interpersoais.
(Non sei eu se chega a tanto a cousa, pero bueno, todo o que sexa conservar tradicions e patrimonio, para min, ben está)

6/4/09

CRUCEIRO ESQUECIDO

FOTO: CRUCEIRO ABANDOADO NA ZONA DA COSTIÑA
Ás veces os cruceiros marcan lindes entre parroquias ou son o signo de identidade dunha aldea, pero os cruceiros cumpren a súa función relixiosa, de feito suponse que esa foi a súa función orixinal. Son sagrados e enténdese que fan sagrado o sitio onde se poñen, (aínda que hoxe calquera pode mandar poñer un no seu xardín). Antígamente, ante os cruceiros rezábase por os mortos, ou pedindo favores, buscando protección contra o sobrenatural, como a Santa Compaña ou as meigas. Arredor de algúns xurdiu ó longo de séculos a superstición relacionada coa morte violenta de alguén. Erguíanse na plaza para protexer a xente ou nos campos das festas, onde soía facerse a feira, para protexer o gando. Arredor de outros cruceiros, concretamente, aqueles que teñen no pe unhas iniciais ou cruces pequeniñas gravadas, pénsase que están soterrados nenos que morreron antes de se bautizar. Noutros pedíase un embarazo ou curar o raquitismo... Algúns cruceiros tiñan/teñen unha mesa ó pe, que se usaba para deixar un morto camiño do cemiterio durante unhs instantes mentras se lle rezaba algo.
Hoxe en día, aínda se chega a ver algunha vez cirios ó pé e flores nalgún deles.

3/4/09

ATROPELO NA AVDA. VILAR


Arredor das 12.30 da mañá do día de hoxe, produciuse un atropelo no paso de cebra a altura da Biblioteca Pública. Ó parecer a atropelada e familia dos Fersumán, según se dixo na rúa, é a conductora do vehiculo, familiar dos donos dunha mueblería da zona. Por o momento todo son expeculacións sobre a totalidade dos feitos, e estase a agardar si ambas son as verdadeiras identidades das afectadas no suceso (xa se sabe, que os dimes, diretes...).
A ferida foi trasladada en ambulancia con colarín e diversos morados e feridas na faciana.









1/4/09

TRANSPORTES LA UNION



Aquí vos deixo unha fermosa estampa cedida por Maxa, onde podemos ver un antigo "autobús" da emblemática empresa de transportes, La Unión, que tantas veces sacou do pobo ós nosos antepasados . Non podemos saber a ciencia certa por cal ano foi (quizáis ai sobre 4 ou 3 séculos ¿non sí?), pero sí se distingue que está diante do hotel da Toxa.