29/5/09

RECICLADO DO ACEITE

A través dun convenio entre o concello e a empresa Urbaser, Vilalonga xa conta con 2 contenedores para aceite de cociña usado. Un ó lado da plaza pública e outro na zona de Gondar.
A idea é tratar de reducir o impacto do producto no sistema de limpeza sanitario, xa que ó parecer o aceite vexetal (xa sabemos que é moi contaminante), é dificil de separar nas plantas onde se depura a auga. Ademáis tamén se reducirán os cheiros nas tuberías.
En principio, o acordo firmouse por un ano, e é prorrogable en cada anualidade salvo que calquera das partes se retire, e asegúranos o concello que non tén ningún coste para os cidadáns, que era o que eu xa daba por sentado, imos ver.
Dende logo, todo o que sea tratar de emporcar menos, sempre será ben recibido pola miña parte... pero agora falta ver cantas de nós nos dignamos baixar o aceite ata o contenedor.
Pola miña parte, xa teño preparada unha garrafa vacía de auga para ir xuntando, PERO, vexamos si teño vontade a longo plazo.

26/5/09

Nas Cachadas... porcallada.


O sábado, de novo me fun hacia as lagoas, pero xa que o meu amigo blogueiro Zeppelin mentou o proxecto presentado por os veciños para a zona de As Cachadas (o que pretende a alcaldesa que lle paguen os 800€), en vez de tirar cara Os Leiros, tirei cara alí. Como sempre, disfrutei da tranquilidade da zona, da variedade da flora, das rás e os paxaros... bichería. Tirei algunhas fotos, entre elas, dun paxaro que nunca vira e que si non me engano, xulgade na foto, paréceme o Camachuelo común. (A calidade non é moi alá, vou ter que pasarme a unha Nikkon un día destes).

Lástima que tamén descubrín o porquiños que chegamos a ser a bichería de dúas patas (con ver o cartel). Como si hoxe non sobrara onde levar a porcalla que se xunta na vida cotidiá, xustamente temos que ir levala a onde xustamente menos se debe levar nada. Déixovos unhas fotos de mostra.

E digo eu, os de Medio Ambiente, que pasan a miúdo, (eu véxoos), ¿só vixían a quen vai pescar sen permiso, ou moléstanse por ver si algún dos que gustamos de ir a zona levamos algo máis que a moral para pasear?.
A última xa é da zona de Os Leiros, no final, tirando para a REvolta. Rematei a tarde alí.







18/5/09

AS FESTAS DE VILALONGA

A comisión de festas, presidida por José Buezas, rebaixa este ano o presuposto de 98000 para as festas, do ano pasado a 38000 € menos. Acorde cos tempos que corren, e xa que había aínda moitas deudas do ano pasado, a comisión dedidiu sanear ás contas sen pagar do ano pasado. Con todo, aseguran que van quedar unhas festas máis que dignas, con menos orquestas, pero de boa calidade.
Este ano, tampouco vai a comisión a explotar a barra de copas no recinto das festas, asignouse a unha terceira persoa para que os da comisión tamén poidan disfrutar das celebracions
.

Digo eu que cos aires que corren está ben gastar menos nas festas, mal que nos pese, aínda que recoñezo o meu respeto por a moral desta xente. Eu mesma sei con detalle as veces que a xente atopa 30 excusas para non dar un peso, pero as festas quérenas. Tamén recollezo que aquí só pediron un ano, imaxino que porque ate agora traballei sempre e non me toparon na casa. Menos mal que tampouco baixo á festa, a ningunha, creo que a última festa que pisei foi á da Lanzada ai 3 anos. Algún da comisión me ten contado anécdotas, como cando foron á casa duns veciños a pedir, timbraron porque os viran entrar de lonxe. Insistiron porque sabían que estaban dentro, pero os de dentro caladiños e quietos e non abriron a porta, nin para arrear 10 €, (suponse que axexaron por a ventá ou a mirilla). Eso sí, logo, foron dos primeiros en presentarse nas festas o primeiro día, o ano pasado. E... ¡ que cousas !, eran dos máis afortunados ... pero tamén parece que moi devotos da Santa Virxe da Billeteira.

11/5/09

NA CRISIS... NEGREIROS.


Fai uns días lía na Publicación trimestral TRANSPORTE A FONDO do APETAMCOR (Asoc.Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia) que por culpa da profunda crisis, moitas empresas do sector que ata fai pouco eran solventes, están en serios problemas (nada novo), que o 50% da flota está parada (tampouco é novidade), que os bancos meteron na alforxa os ceros á esquerda que Zapatero cedera para axudar ás pemes (¿e qué esperaban dun banco?), que a situación empeora cada vez máis, que cada vez ai máis morosos... Que por iso se ían negociar cos Ministerios unha especie de axudas para ir paliando no que se poida, por exemplo, legalizar multas para as empresas que traballen por debaixo de costes, prohibir os pagos a máis de 30 días, esixir a os bancos que refinancien os leasing...
Tamén decían que ante tal perspectiva, os transportistas centrábanse sobre todo en manter o negocio “a toda costa”(*), por precario que sexa, para aguantar en vez de acabar co peche.
Do que non lin nada e das empresas que aproveitan a máis que mentada crisis para EXPRIMIR aos empregados como si foran pomelos, e en meses teñen creado un ambiente irrespirable a base de meterlles medo co peche. Do que non deben saber na revista, é dos que aproveitan para sacar máis suor, á conta do medo, aumentando ás horas laborales e atosigándoos con frases do tipo: “Ai que zurrarlle máis que aínda da tempo a outro viaxe!.
E imos ver, ¡ollo!, que eu estou dacordo en arrimar todos o ombreiro e tratar de avanzar, vale que se fagan certas concesións no momento que é. Pero o que me parece indigno é volverse tan trasno como para que o chófer vote 14 hs, e aínda lles parezca pouco e os tilden de palanquíns.
Porque casualmente, dunha empresa de preto, e da que coñezo o suficiente por dous dos empregados, dende enero xa oín de todo. Vale, ó mellor, no momento que é, que non viron os 400€ de Zapatero, ou que a fin de mes sexan 1000€, vale que non teñan vacacions (nin pagas nin disfrutadas, xa nunca as tuveron), vale que non se paguen horas extras... pero que enriba che deixen caer sutilmente que “si hoxe non paras a comer ou colles un bocadillo, tampouco morres a danos para facer todo hoxe” (aquí valga a expresión do principio(*)), pero o que me parece vil, e de negreiros, e armar un pifostio porque un baixou a comprar un botellín de auga. Bueno e o de deixar caer que igual ai que rebaixar 100 € a cada un para ir tirando, xa me parece burla en toda a regla, cando saben que están por ahí tantas horas. Digo eu, que nadie espera que lles dean as gracias, pero o mínimo, é ter educación con eles. Porque estes contan a qué hora pechou o disco, e non teñen problema en decirche que xa descansaste duas horas en tal sitio, cando a máquina que cargaba se estropeou. ¡Vaia, e os empregados non dormen, entón!!.
Na miña modesta opinión, o que pasa é que como todos sabemos que agora mesmo non ai donde ir, exprimen e apretan porque o que máis o que menos algún crédito tén, e caen tan baixo que en vez de votar un, andan a torealos todos, por ver quen se farta e se vai, e encima lles deixa atrás para papar eles, a liquidación. Non importa que o empregado estivera ahí a pé de canón anos, nin as concesións, nin nada, o que importa e o porco papel timbrado, e a dignidade da xente pásana por onde a espalda perde o nome. Coma NEGREIROS, como EN ETIOPÍA nos peores tempos...
Se cadra son eu DEMASIADO IDEALISTA, pero non concibo atopar un amigo un domingo ó mediodía e que en vez de concentrarse no pincho e no vermú que lle ofrezo no salón da miña casa, como dende ai tempo, e en votarnos unha risas, que esté como distante e que cando lle pregunte si está ben, me diga como onte, que: “Joder, mañán xa é lunes...”, e velo amargado cos seus 30 anos.
Alguén debía de pegarlle no portal a esta xentiña que a ESCRAVITUDE FOI ABOLIDA ALÁ POLOS ANOS 1800, e ai que saber ter un punto medio en tódalas circunstancias...
Que eles van morrer igual ca todos, e teño entendido que San Pedro, non é sobornable.

4/5/09

OS PIORNOS

O piorno, (mostrado aquí nunha fotografía de J.J.Fernández Morgado) é do máis típico de Galicia. Unha construcción complementaria sempre das antigas vivendas ruráis e que se segue a utilizar no día de hoxe, tanto para o seu uso inicial como xa en modo decorativo. En principio foi pensado para garda-lo millo, cereáis, e o seu secado, cun sistema de pequenas rendixas que garanten o secado e ventilado do que ai dentro e ó mesmo tempo evitan os ratos. Foi base elemental da alimentación galega durante séculos. Ai diversas ideas acerca da orixe, pero o máis seguro é que xurdiran na época dos castrexos como almacén e/ou secadoiro das espigas de millo. Se cadra iniciouse con algún cabazo pendurado do teito... As primeiras informacións que se teñen dos piornos son de autores romanos (¡no S.I a.de Cristo!), e describen unha forma moi parecida. Debuxados, vense por primeira vez nas Cantigas de Santa María (Alfonso X, O Sabio), alá polo S. XIII.
Están feitos en diversos tamaños e capacidade, e normalmente de pedra (algúns son todo un arte na pedra) e madeira, e tella, (aínda que xa vin algún feito de bloque) e acostuman estar decorados con cruces, un Agnus dei, reloxio de sol, e/ou pináculos. O máis habitual é velos pousados sobre pes de pedra e con base, pero ás veces teñen embaixo unha especie de cámara pechada á que dan outros usos. Acostuman situarse en lugares por onde corra ben o aire. Non sei se é o máis longo de Galicia, pero debe ser dos máis longos, un que ai en Celeiro que conta con 37,30 m de longo por 2,40 m de ancho. (Non tiña gran nin nada o que o mandou facer)...

Dame moita mágoa que se vaia perdendo interese por estas cousas que son as bases de como viñemos dar á nosa cultura, piornos, muiños, fontes, cruceiros, inclusive lendas... e nalgún momento tiña que porme a crear unha especie de galería de todo o que temos separado por nome. Recopilar imaxes dos cruceiros que poida, os piornos que poida, as fontes que poida...
Pois como nunha entrevista dixo o noso artista local Xesús Mendez Padín:

Las civilizaciones se cimentan en sus mitos.”