27/8/09

SAN PEDRO EN 1962

Velaquí unhas fotografías cheas de morriña, seguramente, para parte dos nosos veciños: As festas de San Pedro, na praza de Vilalonga, no ano 1962. Luces, tenderetes...













Sobre todo, destacan esas bicicletas, que non eran BTWIN, nin MOUNTAIN BIKE, nin PINARELLO, se cadra nin había unha BH, e sen embargo tiñan tanto valor...

(LEMBRADE QUE TICANDO EN CADA IMAXE, AMPLÍANSE)

25/8/09

LIBELIÑAS


No meu último paseo por os Leiros e Cachadas, puiden comprobar que ademáis de patos, cobras muxes e paxaros, ai outras especies máis pequenas ás que normalmente non se lle vota ollo ata que, como xa dixen varias veces, che sobra tempo. Dado que ía moi pouco a pouco dada a calor, e parándome a coller amorias (sí, esas que ninguén as come porque non as venden no super) para unha torta, tiven ocasión durante a mañá de ver pousarse dúas libeliñas,
moi distintas entre sí pero ben fermosas as dúas. Tiven ocasión de fotografar a azul co móvil (xa vedes a calidade), pero fun incapaz de fotografar a vermella, polo que tiven que buscar según lembraba e topeina en mixfotos.com. A azul, pareceume un exemplar novo, femia, de Anax imperator e a de color vermello, si a memoria non me enganou era esta, que según lin chámase Sympetrumm pedemontanum. . Se me equivoco, correxídeme porque non estou nada posta no tema. E desta destaco unha vez máis a cantidade de fauna de todo tipo que temos por alá abaixo e nin nos enteramos, nin a damos a coñecer nin nos interesa. Unha pena.
E respecto ás amorias... nós non lles damos importancia, pero alí estaba unha parella madura de turistas a coller ás dúas mans para un cesto, onde xa levarían uns 2 kilos cando os topei e me miraron rindo: ¡Uy!, creíamos que aquí no dábais valor a estas maravillas...
¡¡ VIVIR PARA VER !!