26/11/09

PENOSA CONSTRUCCION

Amigos, veño agora a comentarvos con firme convencemento: Que algunhas constructoras merecen ir a pique... o problema e que non van a pique algunhas que deberían. Ven todo isto a que, con coñecemento do asunto, un dos edificios de Vilalonga aínda non cumpreu os 10 anos, e ten defectos de construcción por todos os lados. Que é moi bonito cobrar ben cobrado o piso, e poñer na memoria maravillas pero logo non cumplir. Falo da constructora AGUIN MAGDALENA S.L. que ten construídos en Vilalonga, penso que son 3 edificios, e en dous deles, constame que fixo o que quixo. A cuestión é que a comunidade de un deses edificios teno denunciado por humidades en distintos pisos, e aínda teñen a indecencia de ir pasando do tema, sabendo que perderon o xuicio, e teñen que achantar. Son defectos que claman ao ceo, a pedra sen protexer (ese barniz que evita que saia o verdello), a antena non permite Canal Satélite, as cornisas interiores sin poñer, os cheiros de cociña a cociña por os extractores das campanas,... e varios, que viñan na memoria ou se presupoñen, e non as fixeron. Concretamente, déixovos as fotografías de un dos áticos, que leva metendo auga dende o primeiro ano, e cando o tema parece amañado, volve pasar o mesmo. ¿Vos credes que un edificio que non tén 10 anos, pode ter o Velux así?, ¿pode filtrar por os arredores da madeira na parede e da madeira e o cristal, desta maneira?. ¿Qué barniz levou a madeira para estar así?. Limpábanse as canles pensando que influía, e seguía metendo auga, agora vaise subir ao tellado, con persoal independente á constructora, por pura desesperación.
¿Alguén sabe con qué pintaron, para que a pintura, aínda que pintas e repintas, e despégase ata o cemento, incluso lixando antes, e botando Aquaplast?. Os bordillos dos aleróns son tan pequenos, que a auga gotea por a parede abaixo, e claro, como non ten o barniz, vai deixando regueiros de verdín (e negrín) por todos os costados, e parece que o edif. ten 20 anos. As baixantes son tan estreitas que en canto caen unhas follas e tal e cal atáscanse e rezuman a auga de volta para arriba, e para máis coña bananeira, non teñen rede para evitar que entre de todo por as baixantes, como palomas mortas, plumas e demáis. Digo eu, que o mínimo e unha rede. Alguns veciños, puxéronlle remedio eles. Os rodapiés e algunhas baldosas caían soas (dan fé de canto invertiron en cemento), e os esmaltes do garaxe deberon compralos nun chino, porque aos cinco anos xa estaban tan borrados que parecía un almacén. O esmalte da porta do garaxe, caía ¡coas unllas!. Na entrada do edificio nin enchufe puxeron, polo que as da limpeza non teñen onde tomar corrente para o aparello de pulir o chan (porque tiñades que ver como está o chan). E a pintura era tan mala, que despois de dous meses hubo que pintar todo o piso, porque dou a casualidade que se foi a limpar cun pano mollado en auga unha manchiña na parede... ¡¡ e quedaba a pintura toda no pano !!.
Dende aquí aviso, coa man no peito, a quen esté con intención de invertir, que mire ben que o constructor NON É AGUIN MAGDALENA S.L., de Aios, porque esto é, seguramente o que lle espera (quen o fai mal, e encima ignora as queixas, non pode ser trigo limpo). Igual o que ai que facer e mandar vir a Farruco e que saia o nome da constructora na TVG, polo menos.
Franca e sinxelamente, dígovos que un hipotécase e empeza outra vida con toda a ilusión, para acabar pensando que casi era mellor que se hubera metido nunha granxa de pitas, ¡que centellas!, polo menos así, tiñas garantida a calefacción.

17/11/09

DADA DE ALTA

Amigos blogueiros, tras unha pequena intervención quirúrxica, aquí estou de volta para volver dialogar, deste xeito peculiar dos blogs, con todos vos. Perdoade a tardanza. Póñome ó día durante a tarde, nun paseíño, que seguro que algo pasou durante este mes fora de combate.