28/11/10

AS TELLEIRAS NO DIARIO

Tras coller o Diario de Pontevedra no kiosko, e co plato de comida ó lado, puiden ver como se facía saber parte da historia de Vilalonga.
IMAXE CEDIDA POR ALBINO CANEDA
Alédame moito  ver que se puxeron en contacto con Laura Camiña, e que ela dou a súa visión lembrada daqueles duros tempos, cando ela era nena, e seu pai, Cándido,  traballaba arreo. (Tamén seu irmán e seu avó eran telleiros). "Erguíase ás cinco da mañá e traballaba ata que se facía noite. Apenas tiña tempo para comer, e pouco máis. No verán só facía vida cos compañeiros de traballo", lembra Laura. No inverno, toda a familia se adicaba a vender a quen dera máis. Chegaban barcos de moitas zonas para levar as tellas pero eran eles quen tiñan que levar a mercancía ata o sitio de carga. E por riba, buscar sitio para non deixar as fincas en campo, cóntanos Laura. Tamén di que aquelo non era vivir, xa que non había nin tempo para ver á moza, e os máis vellos encubrían ós novos para facer unha escapada. Sempre ían os telleiros, descalzos, e o barro desfacíase cunhas coitelas de gran tamaño, que non eran sinxelas de dominar.
Alédame sinceiramente, que por Laura (e o Diario) poidamos coñecer un chisco máis de todo un pasado da aldea. ¡ Gracias !.

27/11/10

ALGO E ALGO...

Leo na prensa que finalmente se lle vai dar uso ó museo-telleira. Vanse expoñer en imitacions, alí, o que se vai topando na  excavación da Lanzada. O meu primeiro pensamento, e en voz alta: Algo é algo. 
IMAXE RBDA DE NOVAPONTE (1973)
Di a prensa ademáis que se da a coñecer o que se sabe dende as primeiras excavacions dos anos 50.
Dona Catalina, a alcaldesa, e o presidente da Diputación, con algún máis, inauguraron a exposición co nome: "Descubre A Lanzada".
Polo visto xa se usaba a Telleira para ir almacenando o material atopado, e vaise ceder para que tamén se vaia archivando o material que se tope en Ribadumia, no Monte do Castro.
Según di o xornal, a exposición deixa ó descuberto que A Lanzada era un gran centro comercial e político dende o 800 a.d.C ata o 600 d.d.C.
800 antes de Cristo hasta el 600 de nuestra Era.
Curiosamente, dí tamén o xornal, que se quere usar a Telleira, por fin, para darlle mérito ó que ai ó seu redor, aparte da propia historia da telleira. Darlle interese á variedade medioambiental do seu arredor.

O que non concreta, e cando, que é o que a min me facía ilusión...





20/11/10

DOS TERREOS DA PARROQUIA, II

Aquí vos deixo cal é exactamente a finca en discordia co Arzobispado. Como vedes ven sinalada en amarelo.
No PEI 12, veñen a ser en total 8 fincas, a liña en gris que se ve en medio e un vial que pensan abrir, como vedes ata xusto diante a entrada ó centro médico.
Enterada por D.Ignacio Velón que a Asociación de Veciños sí tomou interés no tema no seu día, e co fin de saber algún dato máis da cuestión, púxenme en contacto co noso arquitecto local, D. Jaime Camiña e velaquí vos deixo a resposta:
Querido amigo/a Vila Gonde; sobre el tema que me preguntas no se si hubo o no reuniones con el arzobispado pues cuando se habló de ese tema, el presidente de la asociación de vecinos era Eladio y las consultas que me hizo siempre fueron sobre la posibilidad de arreglar la casa del cura.
¿Mi opinión?; ¿es necesario realizar una iglesia nueva?,¿no es mejor arreglar la existente?. La nueva directiva que hay en la asociación de vecinos se esta moviendo mucho mas en este corto periodo de tiempo que llevan que la anterior, y a pesar de que se "acusa" de que el presidente tiende mas hacia los ideales politidos de la derecha, existe ahora una directiva de todos los colores habiendo, como digo yo desde gaviotas a alcachofas pasando por estrellitas. Creo que funciona mejor que antes esta asociación y que se tiene que apoyar por parte de todo el pueblo. He estado en reuniones con ellos (sin pertenecer a dicha directiva) en el ayuntamiento y he visto discutir y defender las necesidades de los vecinos a Amancio pasando por encima de los "ideales politicos" de su partido. Es por ello que creo que se podria ayudar mas a esta gente para que hagan mas cosas, estando con las manos atadas al no tener mas apoyo por parte de nosotros, los vecinos de Villalonga. Nos quejamos de que en nuestro pueblo no hay nada, en los foros lo único que se hace es criticar que los concejales y la oposición no hacen nada, amigo/a, como dice el tio Sam no digas que hace el pueblo por ti... piensa que puedes hacer tu por tu pueblo, ya llega de protestar y empezar a hacer cosas, no te das cuenta que en las directivas de las asociaciones del pueblo la media de edad es superior a los 50 años, ¿donde van los de nuestra generación?, me parece muy mal que la gente proteste y no haga nada, este pueblo nuestro tiene un potencial muy grande que no sabemos utilizar por que solo miramos para nuestro ombligo y dejamos que las mal llamadas" fuerzas vivas" del pueblo sigan siendo siempre las mismas. Dentro de lo que me toca a mi, como presidente del club de futbol, conseguimos un grupo de personas donde el mayor de todos soy yo con 39 años, hay gente desde los 18 que trabajan con ilusión por algo en lo que creen, ¿ no podemos tener entonces en todas las asociaciones a gente joven?, solo hay que empujarlos un poquito y se consigue, insisto, hay potencial y no lo sabemos utilizar.
Te contesto a este correo por ver tu nombre en varios foros, pero si se quiere saber las cosas de primera mano y con mas detalles se tiene uno que identificar pues el anonimato nos hace valientes y así nos va.

A miña resposta a este ultimo párrafo, foi, que non o obriguei a contestar, fun moi educada preguntando. E non lembro haberlle faltado á Asociación xamáis, así que, que non sei a qué ven o de "valentes". Tamén lle expuñen o porqué do anónimato: é como mellor se traballa sin ter que aguantar mencions ou insultos a terceiros que aquí non teñen vela. (Outra cousa é que todo o mundo me comprenda). Queda un punto, no que estamos de acordo, e que xa abordarei noutro momento.
E para rematar xa con este tema, deixovos as imaxes que penso en xustiza, non deixan duda do proceso dese terreo. En primeiro lugar, o recibo, conforme a cantidade se lle abonou como donación ás monxas. En segundo lugar, queda parte da carta onde se lle pide ó clero, unha vez comprobado que se vai facer obra civil, que cumplan o pactado.En terceiro lugar, vese con toda claridade que efectivamente o trato foi que a finca sería para "recuperar almas", e deixouse constancia mediante decreto e ante notario.
E a última imaxen, como vedes, é a resposta do Arzobispado.
Coa verdade diante, que cada un se forme a opinión que pense conveniente.

10/11/10

DOS TERREOS DA PARROQUIA, I

Imaxino que moi pouca xente sabe que é do capital da parroquia, e tampouco todos saberán que orixinalmente, a parroquía era San Tome de Gondar. Nunha época estivo separada en San Tome de Gondar e San Pedro de Vilalonga e finalmente quedou Gondar dentro de San Pedro de Vilalonga. A division do que era Gondar e Vilalonga, está na mesma Xunca Branca.
Vilalonga, sempre se dixo, é unha parroquia "pobre", xa que o único terreo que posuía en propiedade era onde está a Igrexa. E díxose sempre porque a capela de Gondar tiña os terreos que están ó pasar a curva do estanco de Reiniño e ata chegar a primeira casa antes do Hotel Santomé, os chamados do "Rio da Igrexa". Son terras que eran cultivadas por os veciños e pagábaselle un arrendo á igrexa, e que aínda se alugan. Antígamente, a capela de Gondar tivo tamén montes que foron vendidos polo arzobispado.
Curiosamente, hoxe Vilalonga ten dúas terras, onde está a propia igrexa e un terreo no PEI 12 frente á funeraria As Angustias, xusto a carón do terreo que ten o cartel da Carpintería Piedras, e que foi "doado" por a familia Velón, seguindo un camiño pouco común. 
Fai máis de 3 décadas, o párroco D. Benito, pideulle ós pais de Nacho Velón que doaran unha terra cerca da carretera para facer unha nova igrexa, xa que a de San Pedro se ía quedando pequena e non estaba en moi boas condicións. O terreo en concreto que D. Benito pedía figuraba en testamento a nome de  D.Pedro Velón e de Doña Luz De Francisco (pais de Ignacio Velón), e indicábase que era para herdar unha irmá de Ignacio, Sor María Ancilla Regina Minorúm (Elisa Velón De Francisco) que era monxa de clausura das Clarisas Franciscanas, e que, como moitos sabedes non poden ter valores ó seu nome nin cobrar renda de ningún tipo polo tema do voto de pobreza que xuran na súa ordenación. Entón, D. Pedro Velón e Dona Luz de Francisco, chegaron a un acordo co Arzopispado de Santiago: Para non ter que refacer o testamento, a doación fíxose mediante un contrato de compravenda no que se valorou a parcela pola metade do que valía no mercado, coa condición expresa de que dito terreo fose para construir realmente unha nova igrexa.  A cantidade que figurase no contrato de compraventa, é dicir o 50% do que realmente valía, sería entregado polo Arzobispado a D.Pedro Velón e Dona Luz, cantidade que de inmediato eles donaría ó Real Convento de Santa Clara, en Carrión dos Condes (Palencia). Efectivamente, a donación fíxose no mesmo día posterior do contrato según consta en recibo emitido por a Abadesa do Convento e firmado por varias monxas Clarisas Franciscanas que fixeron de testigos na entrega do diñeiro. Na propia escritura de compravenda (que, co recibo, está en mans de Ignácio Velón), está claramente señalado un Decreto do Arzobispado polo cal a compra se fai para construir un "Templo e Complexo Parroquial", para a "cura das almas". E por iso mesmo, por ser para unha igrexa, se consegue estar exento de moitas obrigas fiscáis. 
Máis tarde, a familia Velón enviou un burofax ó arzobispado, pedindo, que de non facer a igrexa, que tiveran a ben facer un retracto da venda e devolveran a parcela á familia, con previa entrega do pagado e máis os intereses. O arzobispado opúxose xa que a súa intención era a especulación inmobiliaria, facer pisos e logo vendelos.

Velaquí está como a parroquia pasou a ter algo máis que o propio terreo da igrexa, mediante enganos, o arzobispado consigueu máis patrimonio, e, como sempre, non foi precisamente para beneficio do pobo. Digo eu, que a Asociación de Veciños, debía reclamar ó Arzobispado (se non o fixo) que fixeran a igrexa prometida para ben de todos, que ó fin é o cabo, ese era o acordo.


O meu sinceiro agradecemento a Rocío Garrido e Nacho Velón, sen os cales non sería posible esta entradiña.

 

18/10/10

DESCONTENTO MEDICO

Diante da farmacia topo un papel medio dobrado,medio engurrado no chan, que xa a simple vista se ve que son receitas. Entre dúbidas vótolle a man por si alguén as vai precisar, e ó desdobrar, desenrrugar, topo a imaxe que vos poño, Con dúas receitas grapadas, que sen embargo, non foron usadas para comprar os medicamentos, (se ve que diante da porta, de puro mosqueo tirou con todo). Dado que pon nomes, tanto de médico como de paciente, aínda que non os coñezo, por certo respeito, non os mostro.
Ata onde podo ler, o home queixouse de dor lumbar, e receitáronlle, Nolotil, ¡e Valium!, alo menos, é o que parece poñer. Chámame a atención, que lle deron a folla branca, cando a mín sempre me dan as outras dúas...
Non sei quen sería o descontento, pero está claro que agarrou un mosqueo dos finos.

15/10/10

EXHIBICIONISTA NA VILA

Nestes días un mozo de arredor dos 30 anos adicouso a ensinar as súas partes e masturbarse diante das nais e rapaces que acudían cada día ó parque infantil que está na praza do pobo, onde os taxistas. Parece ser que as veciñas pensaron nun primeiro intre que era un comercial, xa que viña nunha furgoneta, sen embargo empezaron a notar raro que o home aparecera todos os días, e se adicara a "esperar" aparentemente. O achegarse ó coche, o individuo estaba a "tocar a gaita", e non á de fol precisamente, dentro do coche, polo que hubo que avisar ás autoridades. Nun primeiro instante o mozo tentou fuxir pero foi detido para ser acusado de exhibicionista ante menores.

14/10/10

E TROUXONOS A LUZ

No ano 1900, abril, constitúese en España a S.G.G.E. (Sociedad General Gallega de Electricidad, que é FENOSA, dende 1955), cun capital de 2 millons de pts., que xa eran moitos  cartos para aquel entón. Era un feito a necesidade da electricidade para o bo funcionamento da empresa cerámica de Guisasola, na Fianteira e que era o pilar da industria da zona. Sen embargo foron outros pobos máis prósperos os que disfrutaron da luz antes, como Pontecesures, ou a propia Pontevedra, que tiña alumeado público dende 1888. Sería preciso a aparición dun coñecido inxeñeiro industrial, considerado filántropo pola súa multitude de proxectos: Era dono da empresa "La Hulla Blanca", empresa coa que foi solicitar permiso para levar a electricidade a Cuntis aproveitando o caudal do río Mesego, fundou un xornal no Val Miñor, participou na construcción do tranvía Vigo-Gondomar-Baiona, participou dunha fábrica de azúcre de remolacha, e ata estivo na ampliación do porto de Vilagarcía. Chamábase Laureano Salgado Rodríguez, nado en Caldas de Reis, (¡1847 +1930). Según se sabe, no 1903, empezou os trámites e solicitudes para colocar unha liña eléctrica de alta tensión entre Cambados e a Toxa, que sen embargo, non lle foi aprobada ata agosto do 1906, sendo él representante da S.G.G.E. 
Non puiden atopar unha data exacta, máis sábese que corría o ano 1911, e seguía habendo problemas para que lle concederan unha liña entre Cambados e Vilalonga. 
Compre dicir que tamén estivo no proxecto das fábricas de electricidade de Segade e no río Almofrei, primeiras en Galicia, polo que se pode dicir, que foi un precursor da riqueza hidroeléctrica galega.
IMAXE DA FIGURA EN HONRA DE LAUREANO, EN CALDAS.
Como curiosidade, dicir que foi quen creou a Virxe da Roca, de Baiona que fora pensada inicialmente como faro eléctrico (colgado nas mans da virxe) para os mariñeiros.


Colaboracións: Rocío Garrido Caramés, que foi que aportou a idea  e a primeira información para esta entrada. Grazas.

13/10/10

ANTES DE HABER COLEXIO EN VILALONGA...

Antes de construirse o colexio de Vilalonga, en 1967 (que foi cando se fixeron tamén o do Casal e o do Tombelo), todos os rapaces de Piñeiros, Rouxique, Piñeiros, Carballal, O Castro, Carballal, Iglesario, Laureiro, Tombelo e Revolta ían á mesma escola. Tanto ían os de 6 anos como os de 14. Falo da escola que deron en chamar do Pósito ou de Orientación Náutico-pesqueira. O local é onde, ata hai uns anos, estaba o restaurante Os Caseiros, diante do antigo cuartel de Noalla. O mestre era D. José Ramón, que era natural de Pontedeume e morreu este ano.

7/10/10

CELSO BUGALLO RETURNS

Novamente, o actor nacido en Vilalonga no 47, fai presencia. Achéganos a historia dunha peruana que coida dun home de certa idade que está encamado, Amador (Celso), que pasa o tempo a facer puzzles. Sen embargo ó pouco de empezar, Amador morre e a peruana non pode permitirse perder ese soldo. Unha película con certas dosis de humor. Estrénase mañá en toda españa: "Amador"...

Velaquí o que este gran actor nos conta.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/10/05/postrado-cama-profundizar-vida/478392.html

5/10/10

DE ESTILO VISIGODO

¿Alguén sabía que según a "Asociación de Archiveros de la Iglesia en España", a nosa igrexa ten raíces de estilo Visigodo?. Así figura nos seus archivos. E no libro "XX Ruta Cicloturistica del Romanico internacional" de Rafael Fontoira Suris, dí que é dunha nave rectangular prolongada por unha sacristía. A nave ten tres arcos de medio punto sobre os que se apoia unha estructura moderna que antes era de madeira. O prebisterio cúbrese con bóveda de crucería e a sacristía con outra de cañón corrido. Por fóra, a nave ten cornisa en gola, e tres contrafuertes por lado. A fachada occidental ten unha porta acabada en arco de medio punto e enriba un frontón triangular que é soportado por dous pilares acanalados. No ápice, unha cruz. Nótase que é do s. XVII, o barroco compostelano, aínda non está moi arraigado.
Por certo, para ver tres dinteles que foron da igrexa teríamos que acercarnos ó Museo arqueolóxico de Pontevedra, que é quen dispón deles.                                                                       

IMAXE DE panoramio.com

4/10/10

A TELLEIRA DE NOYA

E velaquí vos deixo dúas bonitas imaxes da telleira do señor Noya, en Dena, a que se ve dende o "museo" Telleira que temos de adorno a carón do mar.
Eiquí non fixeron como o noso Concello, ¡eh?.




IMAXES ENVIADAS POR Albino Caneda

1/10/10

MAIS CEPAS LONXEVAS


Vilalonga ten historia lonxeva, e desto dan fé outras dúas cepas de viño que aquí vos traio. As dúas primeiras imaxes, son dunha cepa na entrada de Vilar (antes da pastelería), e ven a ser da variedade Corindo Tinto (que tan bén arrecenden ó pasar). Ten uns 60 anos e aínda así segue a dar uns 250 litros de viño, según me conta Rocío Garrido Caramés, que é a dona.
A terceira imaxe corresponde a outra cepa da mesma dona e variedade na zona de Gondar, e que ten uns 80 anos.

29/9/10

¿ALGO DE RACISMO NA VILA?

Últimamente, todos vos daríades conta que Vilalonga é, en canto a poboación se refire, unha mistura de nós mesmos, brasileiras, marroquíes, algún negro (porqué son de cor negro, e non me parece ofensivo), arxentinos... E non creo, en principio, que teñamos grandes dificultades para convivir. Sen embargo, cóntame unha parella un detalle da fin de semana, que me ten pensando si é un caso illado, ou por esa raza expresamente, ou, algún outro extranxeiro se sinteu menosprezado nalgún momento.
Atopábase esta parella facendo unhas compras nun coñecido comercio da vila. Asegúranme que mentras estaban a elexir o que precisaban levar, pasaron unhas marroquíes, e quedaronse mirando algo que parecía gustarlles na cristaleira. De seguido entraron, e preguntáronlle á dona, educadamente, se podían mirar, e ante a sorpresa deles dous e das marroquíes, a dona doulles un non rotundo. Elas tardaron uns segundos en asimilar a resposta e o ton, e cando sen mirar atrás saíron por a porta, a dona cerrou a porta case dun portazo. Díme él, que falaron entre elas uns minutos fóra na acera, e deseguida unha delas dou en rir (sería por non chorar), sacudindo a cabeza e tirou pola outra para acabar marchando. Dime ela, que a él lle pareceu tan desagradable que xa non lle deixou completar a compra, pagaron o collido e fóronse a outro comercio.
Xa se sabe que, inxustamente, neste mundo uns pagan por outros, e por desgraza os marroquíes non son dos que gozan de popularidade, pero a educación, penso eu, é primordial, cando esas persoas non che fixeron nada, e máis, estando á fronte dun negocio. Se ten desconfianzas, que poña unha cámara.
Agora, antes de empezar esta entradiña, dei en pensar, que o que tivo esta muller foi unha sorte "como un can", que se soe decir (aínda que eu non teño claro que os cans teñan sorte), xa que puideron dar en denunciala por racismo e metela nun fregado dos finos. E como se chiven e lle collan manía, mira que non ai poucos marroquíes vivindo agora en Vilalonga e arredores...
E a esta menda, que tanto lle ten falar, de entrada,  con brasileira, xamaicana, cubano, xitano, china ou negro... ou marroquí, está a preguntarse si tiña algún motivo que eles descoñecían para actuar así, ou si é unha "estratexia" para atraer xente cara o pequeno comercio da vila, porque si é esto último, LÉVAA CLARA.

28/9/10

VIPS RESPONDE

En relación a esta entrada, http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/09/surrealista-onde-se-veu.html en onde algún comentario suxería que estaba de acordo, José Luis Rodriguez dame a seguinte resposta tras preguntarlle http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/09/o-mal-da-cereixa-ii.html:

Estimado Vilagonde:
O importante non e o que pense eu, o importante e que todo aquel que contrata un traballo o faga a boa fe e que cando llo terminen que pague. Eu nunca vin empresas que poideran manter os traballadores se non cobran elas.
Teño constancia de que o traballo foi encargado de palabra, que se fixo e que os traballadores cobraron; pero que o Vilalonga non recibeu os cartos, motivo po-lo que os da directiva se fixeron cargo da debeda con todas-las consecuencias.
Ahora como e loxico pretenden cobrar. NON ENTRO EN MAIS.
Ahhhhhhhhhhhhhh, si entro en algo: A pouca responsabilidade de quen xoga así cos cartos de outros.

Que cada un saque conxeturas.

26/9/10

POR FIN, REINICIASE A GARDERÍA.

Xustamente un ano despois disto http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/09/alcaldia-responde.html POR FIN, REINICIASE A GARDERÍA. Esto leín eu na prensa, e de momento, esto solo vou dicir, ata que pase por a zona, e vexa, que realmente están a elo.

25/9/10

UN BIOMUSICO

Hoxe falareivos de alguén que aínda que naceu no Grove, está a vivir aquí en Vilalonga. Trátase de Senén Barreiro, biomúsico. Dende moi novo o seu foi a música, empezando xa ós 11 anos no Conservatorio de Santiago de Compostela e despois de diversas voltas na vida, atopou aquí a súa paixón. Como xa indica o nome, biomúsico, facer música cos sons da natureza. Recalca que "la música no es solo patrimonio del ser humano, si no de  los animales que forman parte del mundo sonoro y que gracias a ellos, sobre todo de las aves, nuestra vida es más alegre",  (que non deixa de ter razón). Según él di, os paxaros dispoñen de uns sons moi distintos para cortexo, alarma, comunicación... pois o aparello emisor deles (Sirinxe) e máis complexo que o noso gracias a varias cavidades e músculos. 
Como él mesmo dí, por desgraza,  a bioacústica é algo prácticamente descoñecido no noso país. Todo o seu ideal está recollido no seu libro "Ecoloxía e Música", con moitos datos analizados ao longo dos anos. Tamén fixo tres cd´s : " Ecomusic-guitar", "Mundo sonoro" e "Biomúsica".

http://www.fulltono.com/download/buscar.aspx?q=Todo-El-Amor-Del-Mundo

22/9/10

UNHA PANTASMA NA FIGUEIRA

Pasando por Rouxique coméntolle a quen me acompaña, que a cancela dunha casa sempre está aberta, día e noite, que xa se nota que leva moito sin cerrarse, se non lles dará medo que entre calquera véndoa así. Esta persoa cóntame que é unha costume que teñen dende pouco tempo despois de morrer a antiga dona da casa, fai xa anos. Polo visto, esta muller deixou dito antes de morrer, que non quería que se cerrara nunca a entrada á súa casa, que a súa casa a quería sempre aberta. Sen embargo, ó pouco do finamento, os que quedaron comezaron a pechala cancela polas noites. Pasan uns días, e de súpeto unha veciña asustada asegura ter visto á finada debaixo da figueira da horta, que da ó camiño.
Co medo no corpo, nunca máis se cerrou esa cancela.

21/9/10

O MAL DA CEREIXA (II)

Respecto á primeira entrega deste mal... fanme saber que os antigos directivos que en principio decidiron aceptar un trato de palabra por o Concello, curiosamente, veñen a ser:
- Cesáreo Fernández: propietario da tenda de azulexos..
- José Fernández: irmá de Cesáreo, contratista.
- José: Contratista (non sei o apelido)
- O dono de Electrovilalonga.
A entrada xa levantou diversas reaccions, algún deixaba caer que eran todos eles dun mesmo ideal, outros que eran da mesma calidade... e incluso houbo quen aseguraba que ao VIPS, esto parecíalle ben, é dicir, que lle parecía de recibo esta clase de "contratos orais" que non se sustentan en documento nin ley ningunha. Teño que dicir, que en relación con isto último, púxenme en contacto con José Luís Rodríguez, concejal do grupo político VIPS, para ver que opina realmente do tema da débeda e estou agardando a resposta.
Eu non podo evitar pensar agora, ¡o que é a mente!, que é moi raro que todos eles sexan empresarios. ¿Terá algo que ver esto co feito de que aceptaran un trato de palabra, así polas boas?. ¡Raro, raro, raro!.
Neste caso terei que aplicarme o conto do revés.
O mal da cereixa: o espíritu quere, pero a cabeza non deixa.
Desconfiada que é unha...


17/9/10

O MAL DA CEREIXA

Leo hoxe no Diario de Arousa (creo, porque lin 3), que directivos do Vilalonga do antigo grupo, convencidos pola alcaldesa, adiantaron 42000 € para os campos de futbol. A-LU-CI-NO, ¿ONDE SE VEU TAL COUSA?. Bueno, non sei si me parece mais surrealista que se atreveran a facer tal proposta, ou que eles (e que me perdonen) a aceptaran con confianza, vistos os precedentes. Polo amor de Deus, ¿non se lles ocorreu que soaba raro ter que adelantar a pasta dunha subvención concedida?, eu, e que tiven que leer o artigo 2 veces, pensando que entendera mal. Porque, ata donde sei, por experiencia, primeiro van as facturas mondas e lirondas e logo as donacións, así que, me da que se van a acordar da nai da alcaldesa para cobrar. Xa puderon aproveitar a Larpeirada para poñelos en evidencia cunha pancarta...
E ademáis, e que non sei eu ata que punto esto é legal, esto de facelo de palabra (como lle pasara a Nacho Velón), pero si non o é, xa me parece de risa, porque eu, dende que lle deron licenza a aqueles chaléts ó lado dun cementerio, francamente, pregúntome que narices fan os abogados do Concello, porque penso que é un sítio espléndido para facer curriculum, e si o curriculum e este, ¡ vaia por Deus !.
Pero repito, pecando de "listilla", ¿como aceptaron tal trato?. ¿Será que esta aínda ten mellor pico ca Telmo?. ¿Será, como di unha coñecida miña... "O mal da cereixa: que a cabeza quere pero a alma non deixa "?
SURREALISTA.

15/9/10

UNHA LUDOTECA EN VILALONGA

O GDR, (Grupo de Desenvolvemento Rural), celebrou esta semana a súa 8ª Xunta, e para a miña "surprise" (porque non o oín en ningures)aprobou dar 46000 €, ó proxecto de construir unha ludoteca en Vilalonga. Non ven nada mal, ¡ alabado sea !. 
Desde tema pouco máis se pode dicir, sen caer en redundancia, pero, xa ía sendo hora, xa ía sendo hora.
Agora só falta saber canto pensan tardar...

9/9/10

VILALONGA, A CONTAGOTAS.

Onte leía eu na Voz de Galicia dixital, as queixas do PSOE, porque a alcaldesa pretende quitar o bus das actividades escolares e aforrar cartos, cousa que non ten moita lóxica, cando xa os invirten en outras cousas de menos interés. Digo eu, que a educación e a saúde son dúas cousas que nunca deben ir a precario, pero bueno, eu non mando.
O caso é que hacia o final leo, téxtualmente:

"En el ámbito local, afirman que el PP debería defender la gratuidad de los libros en vez de limitarse a conceder ayudas. Además, reclaman que desde que gobierna el PP, hace casi 12 años, en Sanxenxo no se ha construido ninguna vivienda protegida y que las guarderías de Portonovo y Vilalonga son insuficientes.

Estooo, vamos a ver, imaxino que sería unha errata do xornal, porque, en Vilalonga NON TEMOS NINGUNHA GARDERÍA. Nin grande nin pequena. Os que xa me coñecen dende ai un tempo, xa saben que non son moi dada a temas políticos, sen embargo, non podo máis que dicir que nós, como sempre, a esperar. Non sei, ás veces basta votar unha ollada por ahí para ver o abandono. Sería interesante que houbera unha casa de Cultura (sen socios) para levar a cabo tanto os discursos políticos en tempo de campaña, como disfrutar dalgún grupo de cando en vez, algún contachistes, algunha charla sobre temas de interese, algún curso...a historia e o tipo arquitectónico da igrexa... e ata algún ecoloxista que nos explicara ata que punto é valiosa toda a zona das Cachadas e arredores.
Fai uns días vin un cartel da Rede Natura, dende o coche, aquí en Vilalonga, e cando 2 horas despois quixen ir leelo, topeino arrancado (lástima non collelo na allada). Sentín curiosidade, xa que non fai nada soubemos que aínda que o presidente da Xunta se comprometeu no parlamento a ver de ampliar a superficie galega protexida (somos os segundos con menos territorio protexido, nas Directrices Territoriales de Ordenación (DOT), non aparece nadiña de nada sobre o asunto, o cal lle virá de verlas a moitos empresarios, seguramente. E o caso é que a Unión Europea obriga a ampliar. (Cositas que pasan).
Non viña mal unha restauración e catalogación VISIBLE das tumbas medieváis a carón da igrexa... Unha ruta clara de senderismo por as zonas naturáis e arquitectónicas...
URXE, un cambio nos accesos a pasos de peons e aceras. ¿Alguén se fixou nas aceras no paso de peons diante do antigo centro médico?, ¿alguén se preguntou COMO pode un minusválido baixar ou subir semellante altura?. Aquí é todo un pouco a contagotas ou sen sentido. ¿Porqué ten un particular, por moita ilusión que lle faga, que ocuparse persoalmente de ter fermosa unha rotonda que é propiedade municipal, farto de vela seca ou chea de merd..., ou sen nada?. 
Claro, para todas estas cousas fan falla cartos, e eu entendo que cartos agora mesmo é o que non sobra, e que se todos pedimos e a todos nos deran... pero eso sí, cada Revista do Concello no buzón, esa, ¡non falta nunca!. E que eu saiba non é gratis. Non digo que non sería interesante, se fora do pobo, con participación de todos, e non para contarnos o que ó fin e ó cabo xa lemos no xornal ou xa nos fan saber por outras canles... pero gastar esa burrada, nestes momentos...
 Para a miña sorpresa, nesta última, Angel Casal di no seu espazo que os Corredores Ecolóxicos ven disminuída a sua afección, e aínda o dí, como se fose unha proeza, e pola contra, (non entendo nada) a nosa alcaldesa di:
" ... el turismo ornitológico ... paisajísticamente hablando, un placer para los sentidos: lagunas, ensenadas, marismas... espacios naturales de singular belleza: O Bao, Arnosa, Fianteira, As Telleiras, Rouxique."
"... Éstas y otras muchas opciones, nos permiten disfrutar de un Sanxenxo distinto, de una jornada sin sol y sin playa, de un día sin baños de mar..."

A boas horas se da vostede conta, "siña Catalina".

29/8/10

HISTORIA DAS TELLEIRAS, III

Un dos motivos que levou a desaparecer as telleiras foi o seu tempo de explotación, que adoitaba ser de abril a outubro en toda Galicia, xa que, non estabanran o bastante preparadas, cualitativamente falando, para levar adiante o traballo nas condicions do duro inverno. Naquel frío era imposible poñerse sacar arxila, moldeala e sacar e meter nos fornos...
Como en todos os oficios, había tamén categorías: peneiraba a terra buscando a arxila e botaba auga na pía o serviceiro, deseguida estaba o cocedor, o tendedor (estiraban as tellas rápidamente a secar), o carretilleiro o pieiro, e finalmente o oficial. Nunha telleira o forno era o espazo principal e acababa en cheminea. Tamén había o pallete (almacén para material e ferramenta), as pías, que eran uns excavados redondos duns 5 mts. de diamentro, metro arriba metro abaixo, por algo máis de medio metro de fondo, e servían para abrandar e amasar o barro. E logo estaba a leñeira que era onde se secaban as tellas, e as casetas, onde facían vida os obreiros (xa que durante a tempada íase pouco pola casa). Traballáse arreo e só se paraba para comer, ou de noite cando xa non se vía o que se estaba a facer.
Polo xeral a telleiras estaban ó lado do mar, como aquí no Salnés, e facíanse de xeito que poidesen atracar os barcos, aínda que para isto houbera que facer canles, xa que eran zonas de pouca profundidade.
Despois da segunda metade do s.XX foron aparecendo as fábricas con sistemas máis modernos e deixou de facerse manualmente. Co pasar do tempo acabaron por pechar as 30 telleiras do Salnés, e hoxe só funciona á da Arnosa, en Vilalonga, que segue a explotar a arxila.

INFORMACION TIRADA DE "O BARRO E AS TELLEIRAS"

28/8/10

O CINE DON JUAN

De entrada, que saibades que ó cine púxoselle ese nome en 1976, porque ata entón chamábase Cine Torres.
Juan Torres Dominguez (falecido en 1930), foi un gran empresario e de certa fama durante os primeiros 30 anos do século pasado, e ata chegou a ser teniente alcalde do Concello no ano 1917. Chegou a ter á vez, ultramarinos, salón de baile, taberna, billares e comercios.  A situación económica na que deixou ós descendentes fixo bastante máis sinxelo que naqueles tempos se lanzaran a aventura do cine, e sobre todo, nunha vila que non era una gran cidade nin tiña importante número de poboación.
O cine construirono, Juan Francisco e Andrés Torres Iglesias no ano 1934 no sitio onde se facían os bailes, e púxose a andar cunha cámara de cine mudo mercada ó cine de O Grove (Besada), xa que éstes últimos xa tiñan unha de cine con sonido. Comezou sendo de rara vez, con películas de Charles Chaplin, por ex. que era do pouco que había. A camara non era o bastante alta, así que lle poñían suplementos por debaixo para que pasara .por riba das cabezas da xente.
NA IMAXE, JUAN FRANCISCO.
No ano 1936, o exército nacional ocupouno e montou nel un cuartel militar ata que acabou a Guerra Civil, momento no que os irmáns Torres renovaron e puxérono de novo a andar cunha nova cámara sonora (unha Enerman II). No ano 1941 proxectábase a película "El difunto es un vivo", a unha peseta cada butaca. Por esa época fixéronse con Maximino Bugallo "o mudo" como axudante, que torraba manises e logo repartía, aínda que facía un pouco de todo.
De 1954 a 1960, pasou a mans dun comerciante do cine, Manuel Souto e un experto pirotécnico, José Fdez., aínda que o propio Juán Torres sigueu a ser o cámara por condición imposta.
Tamén, alá polo 59, aprox. empezou a traballar "Xexo, o escultor", como vendedor de manises, que os levaba en paquetiños de papel dunha cestiña. Tamén o sr. Lima, zapateiro estivo unha tempada de acomodador, aínda que tamén era carteiro e fotógrafo.
Tamén Manuel Otero Fernández (veciño da igrexa), e Juán López Piñeiro de Gondar, foron cámaras un tempo ata marchar a milicias.
No 1960, a cantina do cine, levaa Jiménez, o do tiro ó pichón...
A partir de 1960 levaban o cine o fillo e o sobriño dos constructores, que fixeron unha gran reforma xa que a lei obrigaba a unha zona para fumadores alucinante!) .
NA IMAXE, JIMÉNEZ
Despois de outros diversos feitos, no ano 1969 volve de Holanda Juan Antonio Torres, e tras facerse de novo co cine, acaba pechando os anos 1974-1975 para abrir logo con un edificio de 30 metros de largo e 16 de ancho, e 600 butacas, e rebautizado como CINE DON JUAN.

PARCIAL DE "REVISTA DE ADINA"  22 AGOSTO 2010

26/8/10

CHEOS DE ORGHULLO

A Voz de Galicia acaba de adicarlle un fermoso artículo ó noso equipo local de fútbol, chamándolle milagreiro. E non é para menos. Somos arredor de 3000 veciños, e sabido é que non aportamos todos capital.  No seu día sacudímonos coa ilusión de ascender, e ata alguén fixo correr o rumor de que se non ascenderon foi porque non quixeron, supostamente, porque non se vían capaces de afrontar monetariamente o que o futuro sería, de ascender.
Recentemente se dixo que había alguns problemas nas arcas, a xente acudiu á comilata do pulpo Paul, para recadar fondos, e coa axuda do mecenas local, saen novamente á palestra, dispostos á permanencia en Terceira (que eu dou por feita). A maior ilusión de todos e velos ascender (eu xa me vexo coa bandeira e afónica como cando gañamos o  mundial).
E un clube humilde pero Gabriel Leis está a manter o bo nivel de todo o equipo. Volveu Avendaño, e  segue aquí Saúl, como se puxo en dúbida no seu día http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/12/de-futbol-en-vilalonga.html  .
Sexa como sexa, mantéñense, fan un xogo precioso ás mais das veces, e nomeaselles na prensa como un dos mellores equipos da Terceira.
E así estamos: cheos de orghullo.

23/8/10

ULTIMA HORA, SOBRE TENDERETES.

Dime a vendedora dun post anterior, que efectivamente, non se lle paga ó Concello, tamén di que se lle paga á Comisión de Festas, e tamén di que o Concello consinte que os Condes actúen como unha especie de mafia que "copa" todo. Tamén me dí que a vendedora dun dos postos do paseo de Portonovo,  é familiar dos Condes, e que se rumorea que ela non pagou a mesma tarifa que os demáis. ¿Será posible esto?.
O que sí me din que se lle paga ao Concello, son os kioskos da praia, un deles, dame a cantidade de 6700 €. Eu voto a temblar. Espero que fora un verán moi lucrativo, porque despois deso, a mercancía, os empregados (varios), a luz, e os impostos... non sei cando lles pode quedar de beneficio.

22/8/10

UNHA HOMENAXE MERECIDA

Todos os anos, o Concello concede a "Cebola de Ouro" a alguén local e outra para alguén foráneo. A persoa  local que este ano recibirá a "Cebola de Ouro", será D. José Manuel Hermida (natural de Tui), o antigo mestre co Colexio O Cruceiro, onde destacou, durante 26 anos polo seu valor como ser humano, e a súa valía como mestre, sempre apoiando e preocupado polo futuro dos seus alumnos, ás veces indo maís aló do que a profesión lle esixía. Tamén un apaixoado da papiroflexia, o seu maxín non tiña límites. Acostumaba ir ver un veciño da Costiña que é gran afeccionado ós paxaros de canto, e soía decirlle que pinta tiñan, ou que enfermidade podían ter.
Chegou buscando onde disfrutar do seu gusto por as aves e as niñadas (doou a colección ó colexio), sen faltar ó gusto da súa muller polo mar, e xa non se foi ata que unha cruel enfermidade nolo levou. Unha pena fonda que non lle deran ese premio cando podía tomalo entre as mans...
Estea onde estea, unha aperta.

NA IMAXE, D.JOSÉ M.HERMIDA, CON CAMISA BRANCA, EN TUI.

20/8/10

¡ VAIA TARIFA SE GASTA O CONCELLO !

En xunio, falando con uns amigos, comentamos que ó mercadillo de Vilalonga, quedábanlle catro días. Cada vez veñen menos postos, e vese máis desanxelado, máis cutre, para falar con claridade, e cada ai menos ganas de ir, como non sexa a coller froita. O dono de un dos postos, a quen coñezo por outras circunstancias, xa me dixo fai un par de semanas  que non tiña pensado vir máis. Que lle cobran 10€ cada martes, e que ese mercadiño non os vale, que non lle compensa. Eu quedeime algo fría porque me parece moito, así de entrada. O mercadillo acaba de empezar, é pequeno, e dende logo non é o centro de Sanxenxo, cobrarlles demasiado non é a maneira de sacalo adiante e facelo próspero. Ben puderon cobrar menos, e cando o mercadillo estivera máis consolidado, cobrar máis, que para eso os precios os poñen como e cando queren.
Pero cando de verdade quedei de pedra, foi onte, cando unha coñecida que vende nos postos da rúa en Portonovo, me di que tivo que "arrear" por poñelo... ¡¡ 4000 €!!. E eu pensei "+empleada, +mercancía". Para cantar o Arrechucho coas mans atadas... porque, haber, ou moito, moito, moito se vende neses chiringos (e a crise non é tal), ou eu non me explico. ¿¿CA-TRO MIL EU-ROS??. ¿E de verdade lle queda unha cantidade decente, limpa?. Eu xa fun 3 veces, eu non vexo que a xente se arremuiñe nos postos para comprar, de feito, paranse máis a comprar no de pastéis e no das filloas e no das patatas fritas  (a papatoria sempre vende), que en calquera outro. Concretamente, ai un de recordos de Galicia, que eu penso que non vende nada de nada.
E logo queixábanse os das tendas que é competencia desleal. Pois, non sei que vos diga, por ahí andarán á par. Claro que no verán e cando se vende máis, pero, de todos xeitos, moito do que ai nos postos, non o ai nas tendas de todo o ano e barato non lles sae o condenado posto...
 ¡ Catro mil euros !

19/8/10

UNHA VECIÑA CONTAME ...

Conta unha veciña, dende a memoria dos seus 90 anos, que alá polo ano 1955, cando os seus fillos empezaban a ir a escola (e casi nunca ían), existían certos oficios que aquí non se practicaban, como os meleiros, os afiadores, cesteiros e cañeiros. Viñan de Ourense, pasaban por a zona, paraban uns días, e logo íanse. Cando viñan, eran acollidos na súa casa, como se podía, dependendo do espazo. Lembra especialmente un meleiro que seu pai lle daba sempre permiso para durmir no piorno, e que soía pagar en parte con mel, que se usaba para alimentar os nenos, mezclándoa cos restos que quedaban de moer fariña de millo, é dicir, con esa fariña máis finiña, finiña, que só se podía aproveitar barréndoa. A súa casa era por aquel entón unha especie de hospedaxe. Di tamén que ás máis das veces o caldo con que se lles daba o xantar ou cea, non éra máis que auga con boliñas de fariña milla e ás veces, nin iso, só a fariña milla remexida na auga (debía ser algo así como unhas papas moi líquidas), e si estaba o meleiro por eses días, con algo de mel que él cedía para todos. Sen embargo dí que para aquel estón, fariña e mel non estaba mal de todo. Outras veces había touciño, ou peixe.
Conta o difícil que era todo...
Conta que cando unha casaba, ata pasado un mes do casamento, non se podía consumar...
¡ Canto cambiou esta parte da terra en 60 anos !

17/8/10

EN 1940

O dia 26 de Febreiro do 1940 afundeuse no lugar de Punta do Congro en Sanxenxo, un veleiro no cal iban 30 persoas de Vilalonga, na sua maioría mulleres e nenos, perecendo no desastre 23 personas. . .
Foi nunha das casas onde se instalaron as capelas ardentes para velar ás victimas que quixo o destino que se afundira o piso da vivenda caíndo en unión dos cadaveres, á parte baixa da habitación, resultando feridas catro das personas que estaban ali. . .

(Naufraxios nas Rias Baixas Lino J. Pazos)


CORTESÍA DE FERNANDO-NOVAPONTE

15/8/10

HISTORIA DAS TELLEIRAS II

A pleno sol do verán, unha chea de mulleres ía gabeando como podía as escaleiras furadas nas paredes, levando os "ladrillos" de barro en tinas, na cabeza, e protexendo esta soamende cun rollo de roupa.
Un xornalista do diario de Vigo "Galicia", tivo a ben dar un paseo pola fábrica de Guisasola na primaveira de 1924, disposto a facer un artigo sobre aquel traballo malpagado, que tal era a sona. Velaquí o que escribeu:
"Alí vívese pouco menos que fóra do mundo. Para aqueles obreiros, especialmente para aquelas obreiras que traballan 12 ou 14 horas diarias por un xornal mesquiño, non existe lexislación moderna verbo da xornada, nin existe "Instituto de Reformas Sociales"....Operarios hai que traballan de sol a sol, semella que por necesidades de man de obra, pero sen que o pago de horas extraordinarias estexa en proporción coa tarefa realizada.....Ninguén se ten preocupado daqueles coitados, daquelas pobres mulleres que alí traballan e que para render a súa xornada teñen, moitas delas, que facer unha longa camiñada e que ao cabo da semana cobran arredor de dúas pesetas de xornal sen mantenza, logo de teren realizado unha faena dura, constante e traballosa, pola mesma esixencia das angueiras e pola desconsideración con que se lles trata"
Acababa dicindo o xornalista que había xa un tempo que visitara a Cerámica de Guisasola o que era deputado socialista, Teodomiro Menéndez, pero que se cadra estivera máis atento ó que lle puxeran na mesa daquel patrón considerado na zona pouco menos que un señor feudal que á ruín condición dos traballadores e traballadoras da súa
empresa e das súas barreiras.
 
 
 
AS BARREIRAS TEÑEN NOME DE MULLER - Dionisio Pereira

13/8/10

PARTE DA HISTORIA

Cando saía de Vilalonga un dos barcos de vapor, o  "Candal" cun cargamento de arxila para Bilbao, tocou nun dos baixíos cercanos ó balneario da Toxa e quedou varado.
EL HERALDO GALLEGO
 25-Dic. 1927

Haber si localizades as liñas

11/8/10

ROUBO EN VILALONGA

O pasado sábado roubaron canto lles pareceu válido no chalé que o que dín "notario da Obregón", ten na zona de Rouxique, é que nos veráns pode admirarse parte del por o enorme ventanal que ten cara abaixo. O caso é que se largaron no propio coche do dono, un Mercedes de alta gama, un GL 240 cun custe no mercado de máis de 60000 €, xoias, ordenadores... e ata billetes de lotería.
A cuestión é que dentro apenas fixeron desperfectos, e o que chama a atención é que souberon en que momento estaba valeiro e accederon forzando unha ventá. Pénsase que foi á hora de comer, xa que ninguén se decatou.
Os da urbanización de Rouxique non se sorprenderon, xa que noutros anos xa houbo algún asalto, de feito falárase de pechar a urbanización, aínda que ó final non se fixo. Tamén houbo un residente ó que lle pareceu sospeitoso un vehiculo en días anteriores ó roubo, e mandara unha mensaxe a outros veciños avisando do asunto.
A Garda Civil de Sanxenxo, onde foi denunciado o roubo, está a investigar, polo que haberá que agardar si sae algúnha información máis.







9/8/10

HISTORIA DAS TELLEIRAS I


Seguramente poucos sabedes que foi de Vilalonga durante a represión do 1936, estas cousas non as ensinan na escola, como a historia de Exipto ou Grecia, (alomenos a min, naqueles tempos, nunca mo mencioaron).
Aló polo 36, existía o Sindicato de Oficios Varios de Vilalonga, que como o nome dí, era un sindicato que aglomeraba varios oficios, que dado que eran poucos membros do ramo, non podían facer un sindicato para cada sector.
Estaban moi influidos polo PCE (Partido Comunista de España), e fixeron denuncia a fináis de 1931 da situación tan miserable que os homes e mulleres tiñan que pasar nas lameiras de barro da Fábrica Guisasola. Según o sindicato, traballábase da mañá á noite, as mulleres ata a cintura ou máis na auga da mina e sacándoa con tinas. Dicían ademáis que o dono dábase a ver como unha persona xenerosa e sensible para cos que estaban en peor condición (os obreiros) pero que a verdade diaria era semellante á escravitude, con paus e humillacións, e o que era se cadra peor, aseguraban que aínda existía o dereito de pernada sobre todas as mulleres (nisto quedei de pedra, ¡cría que eso acabara na Idade Media!)
Tralo golpe militar do 36, coa patronal das barreiras comprometida cos sublevados, Vilalonga tamén tivo mortes. Na Xunca Branca aparecían varias persoas, (algún era obreiro da cerámica), "paseados" por falanxistas, e cóntase que un barco do barro foi transformado en barco da morte. O Sindicato de Oficios Varios de Vilalonga, formado na súa maioría por extremistas, fixera correr a voz por todos aqueles sitios que aínda se mantiñan á marxe, ideas moi distintas. Os dirixentes do sindicato e demáis persoaxes de certa relevancia na organización  deran orde de levantarse nunha folga revolucionaria, que se pecharan establecementos e se requisaran armas e munición, e así se fixo. Moito queda por anotar da historia do Sindicato de Oficios Varios de Vilalonga, que tivo a moitos dos seus afiliados condeados e como obxetivos de represión.
Os mestres, por exemplo, foi un sector no que se cebou a represión especialmente, dada a súa labor ensinante, e houbo mestres que foron retirados do traballo, ou rebaixados de nivel, como foi o caso de Estanislao Victor Torres Pérez, e Peregrina Martínez Santos, esta última de Rouxique. Peregrina, cos seus 21 anos foi xulgada por rebelión militar e sobreseído o caso provisionalmente, para finalmente ser retirada do servizo  e baixada de escalafón o 11-05-1940. Estanislao tiña 44 anos, foi xulgado polo mesmo e condeado a perpétua, sen embargo déronlle liberdade en 1940 e rebaixado de escalafón, no mesmo día que a mestra Peregrina.
Fose como fose, na Postguerra, a miseria sigueu sendo a nota destacada aquí como en todo o país: En 1949 gañaba unha barreira, 11 pesetas de xornal, que de aquela, viñan a ser, 2 Kg. de pan de millo.



  . DATOS TOMADOS DE:
PASAXES NA MEMORIA- Mª Elisa Franco Torres
AS BARREIRAS TEÑEN NOME DE MULLER - Dionisio Pereira