15/6/10

AXUDA: ¿DE QUE PAXARO SE TRATA?


Hoxe topei este bonito paxariño a brincos nun xardín. Pensei que podería ser unha femia de paparoibo, pero non quedei convencida, xa que penso que os peitovermello son menos alongados. ¿Vos que opinades?.

5 comentarios:

Veciño de Sanxenxo dijo...

Hola Vilagonde, desde logo un paparroibo non é, pola primeira foto pareceme unha lavandeira, na segunda xa non tanto.
Podríasme decir si tiña plumas vermellas no rabo, deberianselle ver ben o levantar o voo.

veciño de Sanxenxo dijo...

Mirando ben a segunda foto, e polo tono verdoso do peito, casi eseguro que é unha femia de verderol.

vilagonde dijo...

Veciño, poño a man no lume que un verderol non era. E sí, sí que tiña un laranxa forte no roba cando o abría. ¿Eso e unha lavandeira, entón?

Vilagonde dijo...

Aínda que eu creo que as lavandeiras son máis grises que marróns...

veciño de Sanxenxo dijo...

Vilagonde, se tiña un laranxa forte debe ser lavandoira, tamen as hay grises como ti dis, polo menos así lle chamamos todos, non sei si e que unhas son os machos e as outras as femias, creo que non, as grises vense moito cando se labra unha terra no inverno, ej. pa botalos centeos.

Esto quen o sabía ben, e sin ánimo de molesta, todo cotrario, por honrrar o seu nome, nolo contaría o profesor Hermida, agora solo uns poucos lle damos importancia os paxariños, que cada día vemos menos, e menos especies, enhora boa pola sensibilidade que amosas en cada unha das tuas fotos.
Si todos aportasemos solo un pouquiño podríamos facer un bo traballo. poñome a disposición de colaborar por si alguén se decide.