19/7/10

IMAXES DO RECORDO

Aquí vos deixo 3 imaxes que non corresponden a Vilalonga, pero de fermosa vista. No primeiro lugar, unha imaxe da visita da infanta Isabel ó Gran Hotel da Toxa no 1914.
Na segunda imaxe, outros tempos no final da Lanzada, hacia San Vicente, cando se aproveitaba ben o golfeiro para abonar as terras.
E na terceira imaxe o barco de pasaxe CANGAS-VIGO no ano 1968.

IMAXES E DATAS CEDIDAS POR FERNANDO

2 comentarios:

Anónimo dijo...

hola,
hai un tempo que veño visitando o teu blog, pero ata agora nunca me atrevera a comentar, non porque non tivese nada que dicir, senón mais ben porque un non é de Vilalonga, e se cadra ía meterse onde non o chamaban... Agora, vendo esta serie de estupendas fotos que nos estás a regalar, onde se aprecia claramente ata que punto poden resultar ambiguos conceptos como "progreso" ou "desenrolo" cando se é conscente das perdas; ó velas, e coñecendo por entradas anteriores da túa sensibilidade e aprecio pola natureza, acordeime desto e destoutro e extranoume que non lle tiveses adicado algunha atención aquí no blog. "Igual non se enterou", pensei. Así que aquí estamos, correndo a voz, que é o menos que un pode facer nestes casos, e xa de paso, aproveitando para darche as gracias por compartir estas xoias documentais e pola túa actividade -e activismo- en xeral.

Saúdos,
Fran D.

Vilagonde dijo...

Pois do primeiro asunto sí que tiña constancia, Fran, pero estaba pendente dun momento para pasar a votar unha ollada, e ver si alo menos limparon a zona das Cachadas, como estaba prometido, para falar do tema. Sen embargo aínda non tíven ocasión de pasar.
Do tema das libeliñas, non tiña nin remota idea, quedo bastante pampa. No seu día falei das de cor vermello e as azuis, pero neste tema que mencionas, confeso a miña completa ignorancia. En breve farei unha entrada do asunto.