29/9/10

¿ALGO DE RACISMO NA VILA?

Últimamente, todos vos daríades conta que Vilalonga é, en canto a poboación se refire, unha mistura de nós mesmos, brasileiras, marroquíes, algún negro (porqué son de cor negro, e non me parece ofensivo), arxentinos... E non creo, en principio, que teñamos grandes dificultades para convivir. Sen embargo, cóntame unha parella un detalle da fin de semana, que me ten pensando si é un caso illado, ou por esa raza expresamente, ou, algún outro extranxeiro se sinteu menosprezado nalgún momento.
Atopábase esta parella facendo unhas compras nun coñecido comercio da vila. Asegúranme que mentras estaban a elexir o que precisaban levar, pasaron unhas marroquíes, e quedaronse mirando algo que parecía gustarlles na cristaleira. De seguido entraron, e preguntáronlle á dona, educadamente, se podían mirar, e ante a sorpresa deles dous e das marroquíes, a dona doulles un non rotundo. Elas tardaron uns segundos en asimilar a resposta e o ton, e cando sen mirar atrás saíron por a porta, a dona cerrou a porta case dun portazo. Díme él, que falaron entre elas uns minutos fóra na acera, e deseguida unha delas dou en rir (sería por non chorar), sacudindo a cabeza e tirou pola outra para acabar marchando. Dime ela, que a él lle pareceu tan desagradable que xa non lle deixou completar a compra, pagaron o collido e fóronse a outro comercio.
Xa se sabe que, inxustamente, neste mundo uns pagan por outros, e por desgraza os marroquíes non son dos que gozan de popularidade, pero a educación, penso eu, é primordial, cando esas persoas non che fixeron nada, e máis, estando á fronte dun negocio. Se ten desconfianzas, que poña unha cámara.
Agora, antes de empezar esta entradiña, dei en pensar, que o que tivo esta muller foi unha sorte "como un can", que se soe decir (aínda que eu non teño claro que os cans teñan sorte), xa que puideron dar en denunciala por racismo e metela nun fregado dos finos. E como se chiven e lle collan manía, mira que non ai poucos marroquíes vivindo agora en Vilalonga e arredores...
E a esta menda, que tanto lle ten falar, de entrada,  con brasileira, xamaicana, cubano, xitano, china ou negro... ou marroquí, está a preguntarse si tiña algún motivo que eles descoñecían para actuar así, ou si é unha "estratexia" para atraer xente cara o pequeno comercio da vila, porque si é esto último, LÉVAA CLARA.

4 comentarios:

SAndra dijo...

Si o comercio que eu estou pensado, contoche unha anecdota para que vexas que tampouco é unha cuestión de racismo, senón de estupidez da dona.
Un día estaba a miña nai comprando nese comercio (antes tiña máis cousas de supermercado) e entrou o meu cuñado que chegaba de traballar, con roupa de traballo, entrou e foi a por uns paquetes de pipas, cando entrou, a dona ( supoño que nai da dona de agora) dixolle a unha empregada: "vigilalo a ver que roba", e diante dela estaba miña nai, claro a miña irmá acaba de casarse e esa señora non coñecía ao meu cuñado. O meu cuñado colleu as pipas e botoullas no cesto de miña nai e saleu. miña nai mirou cara a dona que estaba en frente e sonrieu: se vedes nese momento a cara da danoa...era un POEMA. Metera a pata ata o fondo. E o meu cuñado nin é negro, nin arxentino , ni.... bueno é de Aios (eso xa ten delito jajajajajaja).

sandra dijo...

Digamos que case a traga a terra....claro que estaría no seu habitat natural!!! (vale é unha maldade, xa o sei!)

Anónimo dijo...

ufffffffffffff si é o mesmo que penso eu nesa tenda non tiñan detectores antiroubo porque daquela debían ser caros, a min mandarme a compar un selo alí era o peor castigo que me podían poñer.

Cousas como estas deberían estar vixiadas polas asociacións de comerciantes que para eso están e o único que conseguen é que a xente deixe de mercar nesas tendas e se vaian aos grandes centros comerciais que o menos alí non hai tantos perxuicios.

Vilagonde dijo...

Quedo parvaaaaaaaaaaaaaaaa... non é esa tenda, Sandra, pero está ben sabelo, porque resulta que tampouco esa vella é santo da miña devoción, por algo que me fixo a mín.