18/10/10

DESCONTENTO MEDICO

Diante da farmacia topo un papel medio dobrado,medio engurrado no chan, que xa a simple vista se ve que son receitas. Entre dúbidas vótolle a man por si alguén as vai precisar, e ó desdobrar, desenrrugar, topo a imaxe que vos poño, Con dúas receitas grapadas, que sen embargo, non foron usadas para comprar os medicamentos, (se ve que diante da porta, de puro mosqueo tirou con todo). Dado que pon nomes, tanto de médico como de paciente, aínda que non os coñezo, por certo respeito, non os mostro.
Ata onde podo ler, o home queixouse de dor lumbar, e receitáronlle, Nolotil, ¡e Valium!, alo menos, é o que parece poñer. Chámame a atención, que lle deron a folla branca, cando a mín sempre me dan as outras dúas...
Non sei quen sería o descontento, pero está claro que agarrou un mosqueo dos finos.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Home, o valium, aparte dun sedante, é un potente relaxante muscular.

Nunha dor lumbar provocada por unha contractura muscular, estaría PERFECTAMENTE indicado.

Un saúdo

Anónimo dijo...

O raro e que con algun medico que ai ai a xente non estea descontenta, e non vou dicir que nese caso non estea ben recetado e atendido, pero non seria a primeira vez que cunha hernia discal te mandaran traballar

Vilagonde dijo...

Ata onde tiña entendido o Valium é para tranquilizar os nervios, non che sabía que vale como relaxante muscular, todo está ben aprender.
Eu non che sei si é boa receta ou non,dende logo a él non llo pareceu.
¡ Vai cabreo , porque nin comprou os medicamentos !
Dos médicos, teño entendido que en Baltar ai un, que é para saír correndo, do descontrolado que anda dun par de anos para aquí.Din que bebe, que tenta ligarse AS PACIENTES e que ultimamente lle da a algo máis. Nin idea. Eu vino fai unhas semanas, e traía a roupa tan sucia, que non sei si levaría días durmindo con ela posta.

Anónimo dijo...

pois anda que en Vilalonga... algun cando sae tomar o cafe, leva o coche cheo de viageros, e jode unha hora cando non e mais, ou no salnes, ou no prieto ou na tasca que hay pariba da igrexa de Vilalonga

Vilagonde dijo...

Pois non sei que tal traballa o de Vilalonga, porque non me cambiaron de médico, alomenos, non me chegou ningunha carta, e non sei si pasaron o médico para aquí, tampouco. Canto precise ir, ó chamar ó 902, xa me dirán.