19/2/10

A TELLEIRA, SÓ PARA ELES.

Hoxe, para a miña sorpresa e cabreo leo algo que me resulta indignante: O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) vai entregar os premios ós proxectos orixináis. Estupendo. Gaña unha granxa-escola do Concello de Méis e un hotel especializado en setas dun matrimonio que vive en Barcelona. Xenial hasta aquí. O premio son 1200 € que teñen que repartirse entre ambos. Moi ben.  
O que xa non me gusta, o que me mosquea, o que indigna e me parece de franco mal gusto, (igual son eu) é que os premios os deran onte á noite... ¡¡ NA TELLEIRA !?.
É dicir que a Telleira non se pode abrir para o turismo, non se pode abrir para os veciños, pero ¡¡ vaia !! si se pode abrir para o evento, que non pasa nada. Os arredores siguen cheos de broza, e non ai maneira de que vexamos o museo que ía ser. O final non vai ser máis que un local para cuchipandas.
Vamos, que casi entendo que os veciños non somos dignos dela. 
Alucino.

17/2/10

INCRIBLE PERO CERTO

Fai arredor dun mes, dei queixa no Concello das silvas sobre o muro da CR Sineiro, tal como comentei nunha entrada no mes de decembro do pasado ano  http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/12/silveiras-tutiplen.html
Pois ben, incrible pero certo, HOXE, veu a máquina do concello,e deixou esa parede pulida. Da gusto ollar o sitio agora. Por unha vez, e sin que sirva de precedente... Dona Cata, "quítome o sombreiro"

12/2/10

ROUBO A EPIFANIO CAMPO

Nos terreos de Campo produciuse o roubo de 800 kg. de cobre (250mts. de cable de cobre), que rondan os 3000€.
Os veciños desconfían dunha furgoneta branca de chatarreiros que votou uns días por a zona, que ía ocupaba por dous homes de apariencia rumana, (eu mesma os vin na zona dos Institutos).
Chama a atención, que o cable suministraba electricidade para extraer a arcilla polo que se cree que tiñan bos coñecementos na materia.
O que non teñen claro e que van facer para evitar que lles volten a roubar o cable que sustituia ó roubado.

9/2/10

UN PETIROJO

Hoxe, dando un paseo, topei cun regato que non sabía nin que existía. Está no camiño que vai dende o parque infantil cerca dos institutos ó Lavado Engrase Carmelo, na marxe esquerda. Estaba tan cheo de porcalla ("¡¡que raro!!"), que en realidade non sabería dicir si é exactamente un regato. En verdade o que me chamou a atención, foi un fermoso paxaro enriba do vimbieiro que se ve detrás do poste. Sinto que non saia o paxaro, non me dou tempo e de todos os xeitos, co móvil, pouco ía a verse, pero recollecín de inmediato a un petirojo (pensei que xa non quedaban). Cantaba que espentellaba, así que, me sentín na obriga de buscar unha imaxe por Google para lembrar a beleza deste paxaro, que, curiosamente, non estou segura de como se denomina en galego (ay, que mal quedei).
Eso sí, en latín, sei que o petirojo que se ve por estos lares, é o Europeo, é dicir, o Erithacus rubecula.
A saber cando voltarei a ver outro...

3/2/10

CON OU SIN PATATAL

O Sergas xa pideu ao Concello licenza para por a funcionar o centro de saúde do Revel. Polo que parece a construcción está practicamente lista (ata puxeron un arboliño na fronte), así que, para unha puñeteira cousa que van rematar, espero, que Catalina non se ande con remilgos e lles dea licenza correndo. Francamente, xa imaxino que ó primeiro igual ai erros, e quizáis o material non ande moi ó día... e o personal, se o collen todo novo, igual está nervioso ou na berza (a xogo coa zona), pero, SINCEIRAMENTE, que me aleda que algo se poña a andar dunha santa vez. Fai un mes asegurábanme que a gardería nunca se ía por en marcha por culpa dun regato que pasa polo lado que seica foi denunciado, que había que conservalo e non sei que máis (quen me dera saber de onde saeu tal lucidez)... así que me da que vai moi para longo o asunto. Unha lástima, porque quedaba unha rúa moi de agradecer por alí arriba: Gardería, Campo de Fútbol, Centro de Saúde. Con todo urbanizado (co seu lado verde, claro está), ía quedar estupendo. E a mín, que me toca ir a Baltar, víñame xenial.

E, oíde, igual estéticamente non merece un premio, como xa dixo algún grupo, pareceralles que está no medio dun patatal, pero eu digo que según co prisma que un mire, e as ganas que un lle poña. Non se pode ser tan tiquis-miquis. A verdade é que boa falta nos facía unha novidade. ¿Que patatal?!.  ¿Que vedes vos na foto?, ¿coas palmeriñas ao fondo e algo de imaxinación non vos parece ata tropical?, jejeje...

2/2/10

HOXE, DIA INTERNACIONAL DOS HUMEDÁIS

Para quen non teña "pajolera" idea do asunto, o 2 de febreiro do 1971 (non estaba eu nin en proxectos), firmouse o Convenio sobre os Humedáis, a carón do Mar Caspio, na cidade iraní de Ramsar (de ahí o nome que se lle dá á lista, Ramsar). Esta lista, que se fixo daquela, incluía as zonas húmidas internacionáis de maior importancia, que son na actualidade, paréceme, 1011 humedáis, repartidos en 117 países. España sumóuse á lista en 1982 con 38 humedáis. Pois ben, parece ser que a Concellería de Medio Ambiente puxo en marcha unha serie de actividades para rapaces/zas de 4º de Primaria, co fin de celebrar este Día. Seica quere o Concello inculcarlle ós nen@s o darlle valor á natureza. Mediante talleres dan a coñecer o noso humedal, o Complexo Ons-O Grove. Eu penso que unhas visitas guiadas por a zona, serían bastante máis productivas en varios sentidos... Os rapaces estarían máis atentos con alguén explicándolles as especies animáis e vexetáis, as características de cada cal, os círculos migratorios... e indo a varios sitos, O QUE NON SE DEBE FACER.  En fin, é a miña humilde opinión. Tamén puxeron en marcha ‘Os humedais, un patrimonio natural’, que ven a ser un xogo parecido a unha mezcla entre o parchís e o trivial, con 34 casillas, e preguntas acerca do tema.  E pois sí, que está moi ben o xogo didáctico, e a celebración, e ata a propaganda do Concello do xornal,  pero ¿qué queredes que vos diga?... o ideal de predicar o respeto ó natural, é demostrar que os peixes gordos lle dan importancia tamén ¿non?, e eu non vin que do Concello mandaran ninguén a limpar todo o que ai, nin que se organizara algunha partida de voluntarios, (como se fai nalguns ríos noutras cidades),  nin que mandaran máis vixianza para acá, e "multa que Dios te criou, por guarro". Aínda me lembro do día que nun dos meus paseos, un vello estaba a descargar do "tranquinillo"  vides, botellas de viño escachadas, unha alfombra vella...  e pasou o Seprona, miraron, e nin do coche baixaron ("facía demasiada calor").
Vamos, que sí, que a celebración está moi ben, e o xogo estupendo, e os talleres... e bla, bla, bla... pero, o noso humedal (estarán esperando que perda o nome), queda tal como estaba: cheo de merdiña.