29/9/10

¿ALGO DE RACISMO NA VILA?

Últimamente, todos vos daríades conta que Vilalonga é, en canto a poboación se refire, unha mistura de nós mesmos, brasileiras, marroquíes, algún negro (porqué son de cor negro, e non me parece ofensivo), arxentinos... E non creo, en principio, que teñamos grandes dificultades para convivir. Sen embargo, cóntame unha parella un detalle da fin de semana, que me ten pensando si é un caso illado, ou por esa raza expresamente, ou, algún outro extranxeiro se sinteu menosprezado nalgún momento.
Atopábase esta parella facendo unhas compras nun coñecido comercio da vila. Asegúranme que mentras estaban a elexir o que precisaban levar, pasaron unhas marroquíes, e quedaronse mirando algo que parecía gustarlles na cristaleira. De seguido entraron, e preguntáronlle á dona, educadamente, se podían mirar, e ante a sorpresa deles dous e das marroquíes, a dona doulles un non rotundo. Elas tardaron uns segundos en asimilar a resposta e o ton, e cando sen mirar atrás saíron por a porta, a dona cerrou a porta case dun portazo. Díme él, que falaron entre elas uns minutos fóra na acera, e deseguida unha delas dou en rir (sería por non chorar), sacudindo a cabeza e tirou pola outra para acabar marchando. Dime ela, que a él lle pareceu tan desagradable que xa non lle deixou completar a compra, pagaron o collido e fóronse a outro comercio.
Xa se sabe que, inxustamente, neste mundo uns pagan por outros, e por desgraza os marroquíes non son dos que gozan de popularidade, pero a educación, penso eu, é primordial, cando esas persoas non che fixeron nada, e máis, estando á fronte dun negocio. Se ten desconfianzas, que poña unha cámara.
Agora, antes de empezar esta entradiña, dei en pensar, que o que tivo esta muller foi unha sorte "como un can", que se soe decir (aínda que eu non teño claro que os cans teñan sorte), xa que puideron dar en denunciala por racismo e metela nun fregado dos finos. E como se chiven e lle collan manía, mira que non ai poucos marroquíes vivindo agora en Vilalonga e arredores...
E a esta menda, que tanto lle ten falar, de entrada,  con brasileira, xamaicana, cubano, xitano, china ou negro... ou marroquí, está a preguntarse si tiña algún motivo que eles descoñecían para actuar así, ou si é unha "estratexia" para atraer xente cara o pequeno comercio da vila, porque si é esto último, LÉVAA CLARA.

28/9/10

VIPS RESPONDE

En relación a esta entrada, http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/09/surrealista-onde-se-veu.html en onde algún comentario suxería que estaba de acordo, José Luis Rodriguez dame a seguinte resposta tras preguntarlle http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/09/o-mal-da-cereixa-ii.html:

Estimado Vilagonde:
O importante non e o que pense eu, o importante e que todo aquel que contrata un traballo o faga a boa fe e que cando llo terminen que pague. Eu nunca vin empresas que poideran manter os traballadores se non cobran elas.
Teño constancia de que o traballo foi encargado de palabra, que se fixo e que os traballadores cobraron; pero que o Vilalonga non recibeu os cartos, motivo po-lo que os da directiva se fixeron cargo da debeda con todas-las consecuencias.
Ahora como e loxico pretenden cobrar. NON ENTRO EN MAIS.
Ahhhhhhhhhhhhhh, si entro en algo: A pouca responsabilidade de quen xoga así cos cartos de outros.

Que cada un saque conxeturas.

26/9/10

POR FIN, REINICIASE A GARDERÍA.

Xustamente un ano despois disto http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/09/alcaldia-responde.html POR FIN, REINICIASE A GARDERÍA. Esto leín eu na prensa, e de momento, esto solo vou dicir, ata que pase por a zona, e vexa, que realmente están a elo.

25/9/10

UN BIOMUSICO

Hoxe falareivos de alguén que aínda que naceu no Grove, está a vivir aquí en Vilalonga. Trátase de Senén Barreiro, biomúsico. Dende moi novo o seu foi a música, empezando xa ós 11 anos no Conservatorio de Santiago de Compostela e despois de diversas voltas na vida, atopou aquí a súa paixón. Como xa indica o nome, biomúsico, facer música cos sons da natureza. Recalca que "la música no es solo patrimonio del ser humano, si no de  los animales que forman parte del mundo sonoro y que gracias a ellos, sobre todo de las aves, nuestra vida es más alegre",  (que non deixa de ter razón). Según él di, os paxaros dispoñen de uns sons moi distintos para cortexo, alarma, comunicación... pois o aparello emisor deles (Sirinxe) e máis complexo que o noso gracias a varias cavidades e músculos. 
Como él mesmo dí, por desgraza,  a bioacústica é algo prácticamente descoñecido no noso país. Todo o seu ideal está recollido no seu libro "Ecoloxía e Música", con moitos datos analizados ao longo dos anos. Tamén fixo tres cd´s : " Ecomusic-guitar", "Mundo sonoro" e "Biomúsica".

http://www.fulltono.com/download/buscar.aspx?q=Todo-El-Amor-Del-Mundo

22/9/10

UNHA PANTASMA NA FIGUEIRA

Pasando por Rouxique coméntolle a quen me acompaña, que a cancela dunha casa sempre está aberta, día e noite, que xa se nota que leva moito sin cerrarse, se non lles dará medo que entre calquera véndoa así. Esta persoa cóntame que é unha costume que teñen dende pouco tempo despois de morrer a antiga dona da casa, fai xa anos. Polo visto, esta muller deixou dito antes de morrer, que non quería que se cerrara nunca a entrada á súa casa, que a súa casa a quería sempre aberta. Sen embargo, ó pouco do finamento, os que quedaron comezaron a pechala cancela polas noites. Pasan uns días, e de súpeto unha veciña asustada asegura ter visto á finada debaixo da figueira da horta, que da ó camiño.
Co medo no corpo, nunca máis se cerrou esa cancela.

21/9/10

O MAL DA CEREIXA (II)

Respecto á primeira entrega deste mal... fanme saber que os antigos directivos que en principio decidiron aceptar un trato de palabra por o Concello, curiosamente, veñen a ser:
- Cesáreo Fernández: propietario da tenda de azulexos..
- José Fernández: irmá de Cesáreo, contratista.
- José: Contratista (non sei o apelido)
- O dono de Electrovilalonga.
A entrada xa levantou diversas reaccions, algún deixaba caer que eran todos eles dun mesmo ideal, outros que eran da mesma calidade... e incluso houbo quen aseguraba que ao VIPS, esto parecíalle ben, é dicir, que lle parecía de recibo esta clase de "contratos orais" que non se sustentan en documento nin ley ningunha. Teño que dicir, que en relación con isto último, púxenme en contacto con José Luís Rodríguez, concejal do grupo político VIPS, para ver que opina realmente do tema da débeda e estou agardando a resposta.
Eu non podo evitar pensar agora, ¡o que é a mente!, que é moi raro que todos eles sexan empresarios. ¿Terá algo que ver esto co feito de que aceptaran un trato de palabra, así polas boas?. ¡Raro, raro, raro!.
Neste caso terei que aplicarme o conto do revés.
O mal da cereixa: o espíritu quere, pero a cabeza non deixa.
Desconfiada que é unha...


17/9/10

O MAL DA CEREIXA

Leo hoxe no Diario de Arousa (creo, porque lin 3), que directivos do Vilalonga do antigo grupo, convencidos pola alcaldesa, adiantaron 42000 € para os campos de futbol. A-LU-CI-NO, ¿ONDE SE VEU TAL COUSA?. Bueno, non sei si me parece mais surrealista que se atreveran a facer tal proposta, ou que eles (e que me perdonen) a aceptaran con confianza, vistos os precedentes. Polo amor de Deus, ¿non se lles ocorreu que soaba raro ter que adelantar a pasta dunha subvención concedida?, eu, e que tiven que leer o artigo 2 veces, pensando que entendera mal. Porque, ata donde sei, por experiencia, primeiro van as facturas mondas e lirondas e logo as donacións, así que, me da que se van a acordar da nai da alcaldesa para cobrar. Xa puderon aproveitar a Larpeirada para poñelos en evidencia cunha pancarta...
E ademáis, e que non sei eu ata que punto esto é legal, esto de facelo de palabra (como lle pasara a Nacho Velón), pero si non o é, xa me parece de risa, porque eu, dende que lle deron licenza a aqueles chaléts ó lado dun cementerio, francamente, pregúntome que narices fan os abogados do Concello, porque penso que é un sítio espléndido para facer curriculum, e si o curriculum e este, ¡ vaia por Deus !.
Pero repito, pecando de "listilla", ¿como aceptaron tal trato?. ¿Será que esta aínda ten mellor pico ca Telmo?. ¿Será, como di unha coñecida miña... "O mal da cereixa: que a cabeza quere pero a alma non deixa "?
SURREALISTA.

15/9/10

UNHA LUDOTECA EN VILALONGA

O GDR, (Grupo de Desenvolvemento Rural), celebrou esta semana a súa 8ª Xunta, e para a miña "surprise" (porque non o oín en ningures)aprobou dar 46000 €, ó proxecto de construir unha ludoteca en Vilalonga. Non ven nada mal, ¡ alabado sea !. 
Desde tema pouco máis se pode dicir, sen caer en redundancia, pero, xa ía sendo hora, xa ía sendo hora.
Agora só falta saber canto pensan tardar...

9/9/10

VILALONGA, A CONTAGOTAS.

Onte leía eu na Voz de Galicia dixital, as queixas do PSOE, porque a alcaldesa pretende quitar o bus das actividades escolares e aforrar cartos, cousa que non ten moita lóxica, cando xa os invirten en outras cousas de menos interés. Digo eu, que a educación e a saúde son dúas cousas que nunca deben ir a precario, pero bueno, eu non mando.
O caso é que hacia o final leo, téxtualmente:

"En el ámbito local, afirman que el PP debería defender la gratuidad de los libros en vez de limitarse a conceder ayudas. Además, reclaman que desde que gobierna el PP, hace casi 12 años, en Sanxenxo no se ha construido ninguna vivienda protegida y que las guarderías de Portonovo y Vilalonga son insuficientes.

Estooo, vamos a ver, imaxino que sería unha errata do xornal, porque, en Vilalonga NON TEMOS NINGUNHA GARDERÍA. Nin grande nin pequena. Os que xa me coñecen dende ai un tempo, xa saben que non son moi dada a temas políticos, sen embargo, non podo máis que dicir que nós, como sempre, a esperar. Non sei, ás veces basta votar unha ollada por ahí para ver o abandono. Sería interesante que houbera unha casa de Cultura (sen socios) para levar a cabo tanto os discursos políticos en tempo de campaña, como disfrutar dalgún grupo de cando en vez, algún contachistes, algunha charla sobre temas de interese, algún curso...a historia e o tipo arquitectónico da igrexa... e ata algún ecoloxista que nos explicara ata que punto é valiosa toda a zona das Cachadas e arredores.
Fai uns días vin un cartel da Rede Natura, dende o coche, aquí en Vilalonga, e cando 2 horas despois quixen ir leelo, topeino arrancado (lástima non collelo na allada). Sentín curiosidade, xa que non fai nada soubemos que aínda que o presidente da Xunta se comprometeu no parlamento a ver de ampliar a superficie galega protexida (somos os segundos con menos territorio protexido, nas Directrices Territoriales de Ordenación (DOT), non aparece nadiña de nada sobre o asunto, o cal lle virá de verlas a moitos empresarios, seguramente. E o caso é que a Unión Europea obriga a ampliar. (Cositas que pasan).
Non viña mal unha restauración e catalogación VISIBLE das tumbas medieváis a carón da igrexa... Unha ruta clara de senderismo por as zonas naturáis e arquitectónicas...
URXE, un cambio nos accesos a pasos de peons e aceras. ¿Alguén se fixou nas aceras no paso de peons diante do antigo centro médico?, ¿alguén se preguntou COMO pode un minusválido baixar ou subir semellante altura?. Aquí é todo un pouco a contagotas ou sen sentido. ¿Porqué ten un particular, por moita ilusión que lle faga, que ocuparse persoalmente de ter fermosa unha rotonda que é propiedade municipal, farto de vela seca ou chea de merd..., ou sen nada?. 
Claro, para todas estas cousas fan falla cartos, e eu entendo que cartos agora mesmo é o que non sobra, e que se todos pedimos e a todos nos deran... pero eso sí, cada Revista do Concello no buzón, esa, ¡non falta nunca!. E que eu saiba non é gratis. Non digo que non sería interesante, se fora do pobo, con participación de todos, e non para contarnos o que ó fin e ó cabo xa lemos no xornal ou xa nos fan saber por outras canles... pero gastar esa burrada, nestes momentos...
 Para a miña sorpresa, nesta última, Angel Casal di no seu espazo que os Corredores Ecolóxicos ven disminuída a sua afección, e aínda o dí, como se fose unha proeza, e pola contra, (non entendo nada) a nosa alcaldesa di:
" ... el turismo ornitológico ... paisajísticamente hablando, un placer para los sentidos: lagunas, ensenadas, marismas... espacios naturales de singular belleza: O Bao, Arnosa, Fianteira, As Telleiras, Rouxique."
"... Éstas y otras muchas opciones, nos permiten disfrutar de un Sanxenxo distinto, de una jornada sin sol y sin playa, de un día sin baños de mar..."

A boas horas se da vostede conta, "siña Catalina".