7/11/11

¡¡ UN ESCRITOR !!

Por casualidade e para a miña completa sorpresa, cae nas miñas mans un libro escrito por un dos nosos veciños.
Recoñezo que cando lin pola parte de atrás do libro, de qué se falaba nas súas 456 páxinas, viñéronme á cabeza ideas e cousas que te das conta non é exactamente do que trata unha vez que o abres e tes pos a lelo.
En realidade ven a ser, nin máis nin menos que todo un percorrido por lendas, creenzas, historia, mitoloxía, moralexas ("LA MARIPOSA Y EL CUERVO")... a través das conversas entre un avó e o seu neto. En todo o libro (ou debería dicir ata cerca da metade, que é por onde vou lendo) trátase a ironía e as incongruencias da relixión, Deus, o Demo... expóñense preguntas para a reflexión... Decididamente, non é un libro para leer dun tirón, senón para ir lendo a poucos.
Dende aquí a miña noraboa por lanzarse á aventura, indicando unha fermosa frase á que él mesmo fai referencia no libro: "Aprender es como remar contracorriente, en cuanto se deja, se retrocede".

28/10/11

DOS PERMISOS PARA LUMES

No sucesivo, os permisos para lumes, denuncias de medio ambiente, e semellantes, serán levados dende a nova oficina de Medio Ambiente, que ven a ser o antigo centro médico de Vilalonga, diante da gasolineira. Deste xeito, o concello aforra o aluguer que lle costaba anualmente a antiga oficina ó lado do campo de futbol (8.400 €/ao), o cal, nos tempos que corren é moi de agradecer. 
Alí, os martes de 8 da mañán a 3 da tarde, J.Luis Rodriguez atenderá ós veciños persoalmente. 
Tamén se levará dende alí todo o referente ó GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) do Salnés.

1/10/11

HOXE, CATRO ANOS NO CAMIÑO.

Un día tal como hoxe, douse inicio a este blog da seguinte maneira... http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/10/si-que-sale-en-el-mapa.html 
Quero aclarar que a este blog déralle aloxamento primeiro en blogia, pero pasado arredor dun ano, decidín trasladalo a blogspot co conseguinte traslado dos artigos que considerei oportunos, e tamén algún comentario foi trasladado.
Durante este tempo, tentei ir dando a coñecer un pouquiño a historia do pobo, os seur rinconciños con encanto e ata a súa fauna, xa que como saberedes, estamos incluídos na zona ZEPA http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/11/lagunas-de-cachadas-y-os-leiros.html  o cal non quero que se nos esqueza a ninguén.
Despois de este tempo. . . bueno, dicirvos que si ben os medios e o tempo non sobra, a ilusión non falta, polo que espero seguir outros 4 anos ó pé do cañón, ensinando a quen o desexe que estamos aquí, no mapa, dentro do Salnés, e tamén somos Sanxenxo.
Porque, como alguén dixo unha vez... "un pueblo sin memoria, es un pueblo sin identidad".
Graciñas a todos.

11/9/11

PARQUE INFANTIL DE LAGAREI

Un día tal como hoxe, fai xa dous anos, pasei por un parque que estaba subindo dunha lagoa nas Cachadas  atopándoo neste estado http ://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/07/un-parque-para-as-cobras.html e fai uns días puiden comprobar que segue igual, aínda que o que sí puiden ver e que debe ocuparse algún veciño de "darlle unha pasada" de guadaña de cando en cando (porque non creo que pasaran os do concello), xa que a herba estaba a medio crecer nalgúns sitios.
O banco está mais vello, as árbores medraron (bastante)... pero alguén debe seguir agardando que os nenos entablen conversación coas cobras. De pena.

8/9/11

A PE DE CAMIÑO, BASURA.

 Viña eu para a Lomba cando antes de chegar ó sinal volvín ollar, como tantas outras veces para os restos do que no seu día debeu ser un fogar. Ruinoso,esquecido... pasándolle o tempo por riba...
E casi en frente dela, reparei no que se está a converter nun vertedoiro, xa que puiden ver que había un chisco de todo. De todo o que un non quere na casa, claro: plásticos, botes de pintura, un cesto de mimbre vello, botellas, ferros, restos de podar árboles, un espello enteiro (non o romperían por aquelo da mala sorte...), cartón e demáis porcadas.  Ás veces estas pequenas cousas non custa tanto facelas ben e non dou entendido á xente que fai isto (sintoo si o leen, non vou cambiar de parecer). Non estamos en plena África onde a fame e a sede non lles deixa pensar na estética nin no ambiente nin en nada. Estamos nun dos países que chamamos "civilizados".
Esto é unha porcada, e punto.

31/8/11

FINCA DO TOUREIRO, II

Conta un veciño que na fonte da Torre, fai uns 20 anos, tamén había un pasadizo. Para ir a fonte baixabase todo por unha especie de camiño cuberto cunha viña e logo por uns escalons de pedra, quedando a fonte, tamén debaixo de unha viña, e cunha especie de pequeno cerrado en redondo de pedra, xa que cadraba baixo nivel da terra. Á esquerda había, facendo unha media luna, un banco de pedra e á dereita estaba o picho da fonte cun pequeno recuadro onde caía a auga e un banco mais pequeno. Parécelle lembrar que nun dos lados había tamén un pé de pedra do que unha vez fora unha mesa. No murete do lado dereito, houbo unha virxe nun oco na pedra, e debaixo dela, cunha altura de 1 mt. aproximado, o pasadizo. Dime que nunha ocasión, coa ánsia que dan os 15 anos, meteuse cun amigo por ese pasadizo cunha linterna ata onde o medo puido máis que a curiosidade (uns 50 mts.aprox.), xa que ademáis de estar en mal estado, había que ir de rodillas. Di que na súa casa sempre escoitou que o pasadizo ía a dar á unha nogueira e que por varias zonas de Rouxique había pasadizos que quedaran do tempo dos mouros. Todo esto quedaba dentro da antiga finca do que foi o chamado "Pazo do toureiro".
Dentro da finca, había tamén unha palmeira que estaba diante das escaleiras que ían de maior a menor (empezando por abaixo) ata a entrada do pazo que estaba na primeira planta (tamén ai quen di que debaixo da palmeira había enterrado un mouro...). No baixo estaban as cuadras de animais, ás que para entrar dende a 1ª planta, xa se podía saír por outra escaleira que baixaba por a parte de atrás do pazo, e así non dar un rodeo. De todo isto, puxémonos a facer unha especie de "croquis". PERDOADE A BAIXA CALIDADE.
Asegura él, que cando se desfixo o pazo, parte do vecindario quedouse con antigos mosquetons que estaban aínda dentro, levaron tamén a virxe da fonte, moita da pedra... e desapareceu tamén unha enorme lagareta, que estaba nun caseto a un lado do pazo. 
Cara a parte de atrás (do que se ve aínda o sitio onde houbo un portalón http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/11/finca-do-toreiro-i.html ) estaba un camiño que ó outro lado tiña unha finca tamén do pazo, onde corrían os toros e se supón, practicaba o toreo o dono do pazo. A ese lado habíatamén un cruceiro (que alí segue).
Curiosamente, aínda non conseguín que ninguén me dera o nome do toreiro.
Todo o que queda daquel pazo hoxe, son as paredes maltreitas, o cruceiro, e o piorno que foi trasladado de sitio e pode verse dende a carretera (aínda que cuberto de silvas).
¡ O que disfrutaría eu hoxe!, podendo ir ver algo semellante do pasado do noso pobo: pazo, pasadizos, mosquetons e demáis...

30/8/11

¡ A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA !

Por un anaco de Vilalonga, pasará o xoves a Volta Ciclista a España, que virían de Combarro, pasarían por Raxó, Areas, Nanín e o Vinquiño, para chegar á rotonda diante do Bar Stop, e deseguida collerían para Cambados ó longo da PO-550.
Calculan que pasarían ó redor das 5 da tarde,polo que todos aqueles que desexen ver o seu paso, que lembren estar vixiantes dende unha hora antes, diría eu... e con este tempo...
A min vaime ser imposible... Igual se anima alguén a tomar unha fotografía do momento e remitila para ser engadida aquí no blog do pobo.
¡ Saudiños !.

11/8/11

EN 1935...

(17 Nov. do 35). Tivo lugar en Vilalonga o choque frontal entre dúas bicicletas. Nunha iba José Lis Fajardo, de 21 anos, e na outra José Varela Vázquez, un veciño de 18 anos que levaba con él un neno de 12, Miguel Jiménez Silven, fillo de vendedores ambulantes. Os tres sufriron lesions importantes, sobre todo o neno que foi trasladado ó hospital.



MEMORIA HISTORICA DE O GROVE

6/7/11

MAIS PASADIZOS

Falábabos fai uns días do pasadizo que ía fai moitos anos dende a casa de Toñito e Laura, que para os que non o leran, ía da finca destes veciños ata a igrexa de San Pedro pasando por o Revel. Pois ben, tras ler esto, dime un amigo que fai uns 15 anos, traballando él na casa dun veciño da Touticeira, por detrás de Pinturas Cholo, tamén veu unha especie de galería ou minas que tiña na finca del e que tamén parecía ir hacia a igrexa.
Desto dos pasadizos non topei constancia en ningún sitio máis, que na boca dos que me foron contando, quizáis onde se podería saber algo é nos archivos do Arzobispado, o cal non está ó meu alcance, aínda que penso seguir informarme en onde me surxa ou poida, xa que me parece moi intererante a cuestión: ¿a qué obxecto tiñan casas concretas na antigüidade estes pasadizos?, suponse que para escapar (en teoría as igrexas daban cobixo en malos tempos) ou no mellor dos casos por discreción... pero... ¿porqué esas casas concretas?...
 Fervéllame a curiosidade por saber máis do asunto.

4/7/11

CHEGAN AS FESTAS

Pasadas as festas que empezan con San Pedro, e acaban co Carme pasando por San Cristobal e o Sacramento ai que dicir que o balance en xeral, según puiden oir e bastante bo, tendo en conta que as orquestas foron collidas a ultima hora, rápido e correndo, e tivemos á "Panorama" e á "Marbella"  no medio, que son de primeira categoría, e tamén se logrou variedade para os cativos. Lástima que o tempo non foi todo o veraniego que se quería, pero foi aproveitable. 
Lembremos que fai arredor dun mes que se formou a nova directiva, pois en principio ninguén quería facerse cargo dela (o cal non é de extrañar según as anecdotas que me contaron acerca dalgún veciño...). A cuestión é que con ganas, todo se fai, e menos mal, porque non me podía imaxinar que un pobo como Vilalonga non tivera a súa festa cando sitios máis pequenos ían tela. Non faltaron fogos, pasacalles, banda de música, chocolate gratis... en fin, que para habela feito nun mes, estivo bastante ben, para mín.
Gracias polo esforzo.

1/7/11

PETO DE ANIMAS E PASADIZOS

Na fachada dun domicilio particular, pola zona de Rouxique, topei fai un tempo o que eu cría o seu propio "Peto de Ánimas". Non vía ningunha data, pero parecíame bastante antigo, e por algunha razón dábame a impresión que pertencía a outra cousa máis grande... E así era: tempo despois, a neta e o xenro da casa fanme saber que antigamente era como un altar onde se poñían velas e que antes de ser unha casa, fai moitos anos, houbo un pazo cuya capilla comunicaba a traves duns pasadizos baixo terra coa torre e coa igrexa parroquial de Vilalonga (alucinante). A entrada dos pasadizos, según me din, está cuberta nunha punta da finca, en esquina. Parece ser que en certa ocasión un dos donos, o fillo de Toñito (o dono),  tentou baixar xa que aínda conservan as escaleiras, sen embargo foi imposible ó estar anegado todo en auga, ademáis de que fai uns anos, un derrumbamento que houbo no Revel foi debido a esta cuestión dos pasadizos ata a igrexa, por eso se rechearon con terra.
A virxe como era costume polo visto naquela época (lembrade http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/06/de-mal-de-ollo-e-crenzas.html ) non quixo tirala a dona no momento de tirar o pazo xa que se decía que os santos non deben sacarse do sítio. O pazo, tamén como é o habitual tiña un escudo que agora esta na fachada da casa do defunto Alfonso Vilar, que, dinme, naceu nese pazo no 1927. Esto consulteino con tres maiores por Rouxique e solamente unha veciña dixo que sí o sabía. As terras que están á dereita, dime a neta de Laurita (a dona) pertencían ós moros, e hacia alí quedaba a capilla. 
Contan os donos, que nos bordes da finca houbo un cementerio de nenos que pertencía á capilla.
Esto último sorprendeu moito ós tres maiores ós que consultei... toda unha historia, ¡¡e non sae en ningún sitio!!.

DENDE AQUÍ, O MEU AGRADECEMENTO POLA INFORMACIÓN.

O escudo na casa de Vilar.


25/6/11

AS TELLEIRAS EN AZUL

Seica despois de invertir 1,4 millons de € no "museo" Telleira, aquela zona vai contar coa bandeira azul. O sitio en xeral é bonito, pero non está nada aproveitado nin moito menos posto en uso, salvo, para os da escola taller, e sen embargo... todo o que veña ben vido sexa...

O que me pregunto é que van facer co tubo que alo menos fai un par de meses, seguía a votar ó mar un líquido cheirento xusto alí na telleira ...   

24/6/11

ENTRENADOR E PRESIDENTE

Finalmente, a pesar do seu desexo manifesto de deixar a presidencia, Jaime Camiña confirmaba ó entrenador Gabi Leis para a proxima tempada. Cabe facer saber, que aínda que segue a ser o presidente, e con esto, o que vai prestar a imaxe nas cuestións que se deba, no clube acaba de fundarse unha xunta de xestión.

 
Imos ver si co esforzo e as ganas de todos, polo menos, non baixamos. Seguro que sí.

7/4/11

OUTRO VECIÑO. , D.E.P.

Enterome fai media hora de que novamente temos que lamentar a morte dun veciño, por enfermidade, a noite pasada: o pai de Beatriz Camiña (Betty).
Os meus respetos para toda a familia, e ó falecido, que descanse na gracia de Deus.

12/3/11

UN VECIÑO, D.E.P.

Acabo de saber o falecemento dun dos nosos veciños, Bernardo, o home de Raquel, da familia dos Lores. Na mañá de hoxe según as primeiras informacións polo pobo, estaba a "tomar" un bloque de pedra, cando non se sabe ben porqué a pedra véuselle enriba e esmagouno.
Según comenta un veciño da Revolta, a primeiras horas da mañán vírono él e súa nai alí ó lado da casa, polo que quedaron impactados ó saber da súa morte na zona de Nantes.
As miñas maiores condolencias á viuva, e envíolle unha aperta a ela é ós tres fillos, que necesitarán de todo o cariño e apoio que se lles poida ofrecer.

Para o falecido, que descanse en paz.


8/3/11

DO TALLER DE EMPREGO

Falando cun afortunado do taller de emprego, coméntame que lle gusta o que están a facer. Os luns teñen teórica, que antes daban en Portonovo, e agora lle imparten no Museo-Telleira, polo que non pisan a Carpintería de Piedras, e os empregados de Piedras traballan. E de Martes a Venres, pola mañán están na de Piedras facendo as clases prácticas, e por a tarde os traballadores de Piedras.
Polo que me conta, xa están a facer cousas para ir colocando por o concello.
E por certo, según me dí, rumoréase que antes da Carpintería de Piedras, o Concello tratara con unha de Portonovo, pero, houbo un desacordo, e de rebote, véulle caer a Piedras. Esperemos que lle paguen o aluguer en punto, polo menos, que coa fama de pagador que ten o concello dun tempo a esta parte...

28/2/11

UNHA VECIÑA NA POSTGUERRA...

Unha veciña conta que nos tempos das barreiras en Vilalonga, tiña unha especie de veleiro cuio casco tiña a proa en pico e popa recta, e unha soa vela, que trouxera da Coruña e que todos os veciños llo rían por ser o único daquel modelo que había na zona. Era un barco curto, e sen embargo máis ancho do habitual, cunha vela e guiado por unha veleta manual na parte de atrás. Sen embargo, aquel barco que algún veciño consideraba ridículo, tiña uns cinco metros de longo e podía levar ata 4000 kgs., que xa era importante para aquela época. Ela usábao como medio de vida para levar golfeiro dun lado a outro. Ou cando era preciso para achegar algunha outra cousa ós grandes barcos que chegaban á Toxa e non podían achegarse a esta zona polo pouco fondío existente. Conta que nunha ocasión foille requisada a carón da Toxa, inxustamente polos gardas da postguerra, e por enriba fixéronlle pagar unha multa. Ela agardou á noite para ir recuperala, xa que sabía onde as gardaban, coa tranquilidade de que os gardas non soían voltar por os sitios onde gardaban o que "requisaban", asunto que levaban outros. (Imaxino que o que faltaban eran rexistros ou control do tema, pois ninguén veu reclamarlla e ela sigueu a faenar con ela. A cuestión é que tivo moita sorte.)















3/2/11

DO DUQUE DE PATIÑO

Fai un tempo alguén me comentaba que tiña entendido que o marqués de Patiño estaba enterrado en Vilalonga. Despois de ver o Compendio historico, xeografico e xenealogico dos soberanos europeos, escrito por Manuel Trincado, e algún libro de Pazos, a información tirada foi que D. BALTASAR PATIÑO SAAVEDRA Y MOSCOSO, señor do pazo de Vilalonga foi enterrado nel, din no 1714. Fora nomeado por Felipe V, o rey, Duque de Patiño en Nápoles mediante un Decreto Real o 11 de febreiro de 1713, e marqués non foi ata os anos sesenta. Dise que distintas ramas formáronse por Galicia, Portugal, Andalucía e ata Italia.
Como curiosidade, indícase que o escudo foi creado con cinco patos de prata sobre un fondo de cor azul.
O que hoxe é o hotel Pazo el Revel, propiedade dos Ansorena, foille comprado ós Patiño no 1950, máis ou menos, e daquela parece ser que se lle chamaba Casa dos Patiño.
Daquela, chamábanlle Pazo Revel, á casa dos Velón, así que cando D. Luis Ansorena decidiu abrir o hotel co nome de Revel, a familia Velón pensou chamarlle á súa casa, Pazo dos Pardo en honor á avoa de D. Ignácio Velón: Dona Elisa Pardo, que foi quen legou a casa.
Fai xa tempo, Luis Ansorena fixo derribar a capilla do pazo de Patiño, que esta onde agora é depósito de auga, na Candelaria, e según puiden saber de boca de D. Ignacio Velón, nunca se falou de ningún enterramento e tampouco ten idea de donde puidera estar.
Polo tanto, si é certo o indicado, quédame o interese por saber en que momento foi exhumado e trasladado a outro sítio, e a cal. 






27/1/11

O CONCELLO ALUGA UNHA CARPINTERIA

Finalmente, para o obradoiro de emprego, o concello decántase por unha carpintería de Vilalonga, para alugar, se e certo o que me asegura alguén esta fin de semana. Non me trascendeu o importe nin as condicions, pero bueno, é de supoñer que coa crise, e algo que vai ben. A carpintería elexida e á de Piedras. 

25/1/11

DESPEDIDA A UN ARTISTA

Despois dunha longa enfermidade, morreu o escultor Alfonso Vilar, enterrado hoxe na parroquia, coa dor dos fillos e a viuva, e acompañados este por representantes da Diputación.
Tamén acudiron dente a Escola de Canteiros de Poio a despedir a un dos mestres.
Morreu o artista creador da Madama de Sanxenxo entre moitas outras obras de singular beleza, algunhas nin están no país.

Moito dese arte queda tamén no exterior da súa casa, e nos xardíns da súa filla, na Toxa.
Morreu un artista. Descanse en paz.




IMAXE: J.L.MOSQUERA