28/2/11

UNHA VECIÑA NA POSTGUERRA...

Unha veciña conta que nos tempos das barreiras en Vilalonga, tiña unha especie de veleiro cuio casco tiña a proa en pico e popa recta, e unha soa vela, que trouxera da Coruña e que todos os veciños llo rían por ser o único daquel modelo que había na zona. Era un barco curto, e sen embargo máis ancho do habitual, cunha vela e guiado por unha veleta manual na parte de atrás. Sen embargo, aquel barco que algún veciño consideraba ridículo, tiña uns cinco metros de longo e podía levar ata 4000 kgs., que xa era importante para aquela época. Ela usábao como medio de vida para levar golfeiro dun lado a outro. Ou cando era preciso para achegar algunha outra cousa ós grandes barcos que chegaban á Toxa e non podían achegarse a esta zona polo pouco fondío existente. Conta que nunha ocasión foille requisada a carón da Toxa, inxustamente polos gardas da postguerra, e por enriba fixéronlle pagar unha multa. Ela agardou á noite para ir recuperala, xa que sabía onde as gardaban, coa tranquilidade de que os gardas non soían voltar por os sitios onde gardaban o que "requisaban", asunto que levaban outros. (Imaxino que o que faltaban eran rexistros ou control do tema, pois ninguén veu reclamarlla e ela sigueu a faenar con ela. A cuestión é que tivo moita sorte.)















3/2/11

DO DUQUE DE PATIÑO

Fai un tempo alguén me comentaba que tiña entendido que o marqués de Patiño estaba enterrado en Vilalonga. Despois de ver o Compendio historico, xeografico e xenealogico dos soberanos europeos, escrito por Manuel Trincado, e algún libro de Pazos, a información tirada foi que D. BALTASAR PATIÑO SAAVEDRA Y MOSCOSO, señor do pazo de Vilalonga foi enterrado nel, din no 1714. Fora nomeado por Felipe V, o rey, Duque de Patiño en Nápoles mediante un Decreto Real o 11 de febreiro de 1713, e marqués non foi ata os anos sesenta. Dise que distintas ramas formáronse por Galicia, Portugal, Andalucía e ata Italia.
Como curiosidade, indícase que o escudo foi creado con cinco patos de prata sobre un fondo de cor azul.
O que hoxe é o hotel Pazo el Revel, propiedade dos Ansorena, foille comprado ós Patiño no 1950, máis ou menos, e daquela parece ser que se lle chamaba Casa dos Patiño.
Daquela, chamábanlle Pazo Revel, á casa dos Velón, así que cando D. Luis Ansorena decidiu abrir o hotel co nome de Revel, a familia Velón pensou chamarlle á súa casa, Pazo dos Pardo en honor á avoa de D. Ignácio Velón: Dona Elisa Pardo, que foi quen legou a casa.
Fai xa tempo, Luis Ansorena fixo derribar a capilla do pazo de Patiño, que esta onde agora é depósito de auga, na Candelaria, e según puiden saber de boca de D. Ignacio Velón, nunca se falou de ningún enterramento e tampouco ten idea de donde puidera estar.
Polo tanto, si é certo o indicado, quédame o interese por saber en que momento foi exhumado e trasladado a outro sítio, e a cal.