3/2/11

DO DUQUE DE PATIÑO

Fai un tempo alguén me comentaba que tiña entendido que o marqués de Patiño estaba enterrado en Vilalonga. Despois de ver o Compendio historico, xeografico e xenealogico dos soberanos europeos, escrito por Manuel Trincado, e algún libro de Pazos, a información tirada foi que D. BALTASAR PATIÑO SAAVEDRA Y MOSCOSO, señor do pazo de Vilalonga foi enterrado nel, din no 1714. Fora nomeado por Felipe V, o rey, Duque de Patiño en Nápoles mediante un Decreto Real o 11 de febreiro de 1713, e marqués non foi ata os anos sesenta. Dise que distintas ramas formáronse por Galicia, Portugal, Andalucía e ata Italia.
Como curiosidade, indícase que o escudo foi creado con cinco patos de prata sobre un fondo de cor azul.
O que hoxe é o hotel Pazo el Revel, propiedade dos Ansorena, foille comprado ós Patiño no 1950, máis ou menos, e daquela parece ser que se lle chamaba Casa dos Patiño.
Daquela, chamábanlle Pazo Revel, á casa dos Velón, así que cando D. Luis Ansorena decidiu abrir o hotel co nome de Revel, a familia Velón pensou chamarlle á súa casa, Pazo dos Pardo en honor á avoa de D. Ignácio Velón: Dona Elisa Pardo, que foi quen legou a casa.
Fai xa tempo, Luis Ansorena fixo derribar a capilla do pazo de Patiño, que esta onde agora é depósito de auga, na Candelaria, e según puiden saber de boca de D. Ignacio Velón, nunca se falou de ningún enterramento e tampouco ten idea de donde puidera estar.
Polo tanto, si é certo o indicado, quédame o interese por saber en que momento foi exhumado e trasladado a outro sítio, e a cal. 






5 comentarios:

LED ZEPPELIN dijo...

Bo traballo, moi bo.

Fer dijo...

http://www.usc.es/arquivo/fondos/acceso.htm

Busca por aqui que se poden atopar moitas cousas sò hai que ter unha boa conexion e moita paciencia.

VILAGONDE dijo...

Vou votar unha ollada, Fer. GRACIAS.

Vilagonde dijo...

Que va, zeppelin, súpome a moi pouco.

Anónimo dijo...

noticia bomba e gravisima

un concejal de dorrón foi a casa dun afiliado a berrarlle por ir a asamblea de ALS. parecer ser que este afiliado historico quedará excluido das famosas mesas parroquiales do pp. esto parece libia e os concejales gadafis. Louzán debe tomar cartas nun asunto tan grave como iste. viva a libertad, viva a democracia, abaixo los caciquiños.