6/7/11

MAIS PASADIZOS

Falábabos fai uns días do pasadizo que ía fai moitos anos dende a casa de Toñito e Laura, que para os que non o leran, ía da finca destes veciños ata a igrexa de San Pedro pasando por o Revel. Pois ben, tras ler esto, dime un amigo que fai uns 15 anos, traballando él na casa dun veciño da Touticeira, por detrás de Pinturas Cholo, tamén veu unha especie de galería ou minas que tiña na finca del e que tamén parecía ir hacia a igrexa.
Desto dos pasadizos non topei constancia en ningún sitio máis, que na boca dos que me foron contando, quizáis onde se podería saber algo é nos archivos do Arzobispado, o cal non está ó meu alcance, aínda que penso seguir informarme en onde me surxa ou poida, xa que me parece moi intererante a cuestión: ¿a qué obxecto tiñan casas concretas na antigüidade estes pasadizos?, suponse que para escapar (en teoría as igrexas daban cobixo en malos tempos) ou no mellor dos casos por discreción... pero... ¿porqué esas casas concretas?...
 Fervéllame a curiosidade por saber máis do asunto.

5 comentarios:

anonimo vilalonga dijo...

antigamente na idade media algunhas casas da fidalguia e demais nobreza estaban conectadas coa igrexa,para non ter que cruzarse coa xente do pobo.Home realmente nn sei si eso seria posible en Vilalonga que tivesemos alguén da nobreza con tanto poder pero bueno...e unha alternativa ante o vacio de ideas

Led Zeppelin dijo...

A verdade e que é moi interesante e posería ser magnifico facer un estudo sobre o tema.Si existiran noutro lado estaría algunha arreglada e chea de turistas pero aquí como estamos a asistir ao asalto e desfeita de Vilalonga dende hai anos pois non lle inetresa a ningué (a ninguén das forzas vivas). Agora o intersante e repartirse os poucos cartos que quedan no Concello. Ánimo e novamente un magnifico traballo. Non desanimes.

Vilagonde dijo...

Bueno Zepelin, faise o que se pode... jjejej, GRACIAS. Pero ando curioseando se alguén me confirma eso dos pasadizos, pero, salvo a neta dos donos e o seu marido, a xente se ve que non estaba nada posta no que había ou deixaba de haber no vecindario. E eso que so preguntei a maiores.

Anónimo dijo...

Los pasadizos, llegaban también hasta La Torre,(según decían) dónde está ahora la Urbanización, de hecho sigue estando la fuente que tenía el antiguo Pazo, que fue propiedad de un torero, no recuerdo ahora el nombre. Además se decía que debajo de la enorme palmera que había en la fachada de dicho Pazo, descansaban los restos de un rey moro. Supongo que si preguntas a los mayores de la zona algo sabrán.

Te animo a seguir con el tema, es muy apasionante.

Vilagonde dijo...

En ello estou, anónimo, parece que era realmente bonito, e fai 25 anos aínda quedaba bastante que ver, según me están comentando. Unha pena que lle deixaran arrasar con todo a unha inmobiliaria...