8/9/11

A PE DE CAMIÑO, BASURA.

 Viña eu para a Lomba cando antes de chegar ó sinal volvín ollar, como tantas outras veces para os restos do que no seu día debeu ser un fogar. Ruinoso,esquecido... pasándolle o tempo por riba...
E casi en frente dela, reparei no que se está a converter nun vertedoiro, xa que puiden ver que había un chisco de todo. De todo o que un non quere na casa, claro: plásticos, botes de pintura, un cesto de mimbre vello, botellas, ferros, restos de podar árboles, un espello enteiro (non o romperían por aquelo da mala sorte...), cartón e demáis porcadas.  Ás veces estas pequenas cousas non custa tanto facelas ben e non dou entendido á xente que fai isto (sintoo si o leen, non vou cambiar de parecer). Non estamos en plena África onde a fame e a sede non lles deixa pensar na estética nin no ambiente nin en nada. Estamos nun dos países que chamamos "civilizados".
Esto é unha porcada, e punto.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A vivenda en cuestión non está abandonada senon que hay un par de ahi un par de anos que "parrulo" plantoulle lume e ardeu quedando no estado actual.

Anónimo dijo...

e non pasou nada,pa eso e o noso parrulo