1/10/11

HOXE, CATRO ANOS NO CAMIÑO.

Un día tal como hoxe, douse inicio a este blog da seguinte maneira... http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/10/si-que-sale-en-el-mapa.html 
Quero aclarar que a este blog déralle aloxamento primeiro en blogia, pero pasado arredor dun ano, decidín trasladalo a blogspot co conseguinte traslado dos artigos que considerei oportunos, e tamén algún comentario foi trasladado.
Durante este tempo, tentei ir dando a coñecer un pouquiño a historia do pobo, os seur rinconciños con encanto e ata a súa fauna, xa que como saberedes, estamos incluídos na zona ZEPA http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/11/lagunas-de-cachadas-y-os-leiros.html  o cal non quero que se nos esqueza a ninguén.
Despois de este tempo. . . bueno, dicirvos que si ben os medios e o tempo non sobra, a ilusión non falta, polo que espero seguir outros 4 anos ó pé do cañón, ensinando a quen o desexe que estamos aquí, no mapa, dentro do Salnés, e tamén somos Sanxenxo.
Porque, como alguén dixo unha vez... "un pueblo sin memoria, es un pueblo sin identidad".
Graciñas a todos.

6 comentarios:

A Lareira Máxica dijo...

Noraboa, e que sexan moitos anos máis. Saúdos desde o blog paisano de A Lareira Máxica, que tamén leva alumeando desde hai cinco anos e medio.

Un saúdo,
Julio Torres

Anónimo dijo...

Enhorabuena, hace poco tiempo que te descubrí, pero desde entonces soy adicta a tu blog, que sea para muchos años más.

Vilagonde dijo...

Gracias, Julio, felicidades a tí, ¡¡ que me levas ventaxa !!.
Eu tentarei de seguir mantendo a ilusión durante moito tempo.

Vilagonde dijo...

Graciñas, anónima, espero non decepcionarte.

Alondra Viajera dijo...

Felicidades amigo, desexo que sean a lo menos outros catro anos mais.

Vilagonde dijo...

Grazas, Alondra.