5/2/13

POUCO A POUCO...

Na mañá do viernes 1, soltáronse varios m2 de falso teito dentro da cultural. Por suerte, nese momento, ó ser de mañá cedo non se celebraba na sala ningún dos habituales bailes ou festas e non houbo que lamentar danos físicos a ninguén. A casa Cutural non está nas mellores condicions de uso e xa fai tempo que se ven falando do tema en Vilalonga e se está a buscar axuda suficiente para deixar renovado o local, que dado que está no edificio que antes tivo ó cine "D.Juán", xa terá máis de 30 anos. 
Sen embargo, nos tempos que corren parece que a axuda tarda en chegar e sábese que o dono do edificio tampouco está pola labor a pesares que o sitio está cheo de humidades e filtracions.
 Esperemos que pronto se dea cunha solución porque a este paso, pouco a pouco e dentro de nada os bailes van celebrarse directamente no campo das festas...

3 comentarios:

Atalaya dijo...

No obliga la ley al propietario del inmueble a que este cumpla las más elementales normas de habitabilidad? En el contrato debe figurar a quien corresponde subsanar las deficiencias

Anónimo dijo...

O mesmo penso eu. Se teño unha casa teño o deber de arreglala sobre todo se a teño arrendada, polo tanto parece mentira que ese persoaxe se negue a arreglar un local do que leva anos cobrando un aluguer. Como veciña non penso poñer un euro porque o deber e que o poña o propietario, non os veciños que non temos ali arte nin parte.

Vilagonde dijo...

En xeral, estou de acordo en que debía arreglar o local o dono, pero esta cuestión xa a vin noutro caso fai uns anos. No contrato non se chegou a especificar, e cando este outro local tivo unha avería de tuberías, pretendían que llo arreglaran os que pagaban o aluguer. Vivir para ver !.