
No meu último paseo por os Leiros e Cachadas, puiden comprobar que ademáis de patos, cobras muxes e paxaros, ai outras especies máis pequenas ás que normalmente non se lle vota ollo ata que, como xa dixen varias veces, che sobra tempo. Dado que ía moi pouco a pouco dada a calor, e parándome a coller amorias (sí, esas que ninguén as come porque non as venden no super) para unha torta, tiven ocasión durante a mañá de ver pousarse dúas libeliñas,
moi distintas entre sí pero ben fermosas as dúas. Tiven ocasión de fotografar a azul co móvil (xa vedes a calidade), pero fun incapaz de fotografar a vermella, polo que tiven que buscar según lembraba e topeina en mixfotos.com. A azul, pareceume un exemplar novo, femia, de Anax imperator e a de color vermello, si a memoria non me enganou era esta, que según lin chámase Sympetrumm pedemontanum. . Se me equivoco, correxídeme porque non estou nada posta no tema. E desta destaco unha vez máis a cantidade de fauna de todo tipo que temos por alá abaixo e nin nos enteramos, nin a damos a coñecer nin nos interesa. Unha pena.
E respecto ás amorias... nós non lles damos importancia, pero alí estaba unha parella madura de turistas a coller ás dúas mans para un cesto, onde xa levarían uns 2 kilos cando os topei e me miraron rindo: ¡Uy!, creíamos que aquí no dábais valor a estas maravillas... ¡¡ VIVIR PARA VER !!