28/12/09

SILVEIRAS A TUTIPLEN

Hoxe apenas saeu o sol, pero non fai tanto frío. Non é que preste saír a pasear, con tanta auga, pero claro, a nevera ai que enchela, así que alá me fun ó Mercadona. Curiosamente fixeime nesta imaxe ao pasar... así, de súpeto, e doume por preguntarme, porque se deixou chegar a este extremo, xa que ata onde teño entendido, a máquina do concello limpa de cando en cando os beirales. ¿Que tén este de especial que sufríu a "discriminación" de non ser incluído na lista?. Dende logo non é que sexa un camiño, e os coches pasan, pero é un dos pouquísimos sítios de Vilalonga onde se pode aparcar tranquilamente. Agora mesmo, en cambio, os coches procuran non achegarse demasiado o muro (que é da casa rural,http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/02/casa-sineiro-tr.html ) , para non raiar a pintura, que non están os tempos para levar o coche ó taller. Deste xeito, ás veces non se pasa, e a cuestión é que aparte dun camiño, cara atrás está un garaxe. Se cadra, existe algún motivo en concreto que impide ao concello "pasarlle a cuchilla" a todo o muro, e se o ai quixera coñecelo. Ademáis, de seguro que está todo cheo de bechocos de todo tipo, e no verán se cadra houbo ata sérpes (e todo tipo de basura que o vento e as mans pouco cívicas levaron cara alí).
Non é que sexa unha cousa tremenda, pero paréceme unha desas pequenas cousas que se podían ter a punto por Vilalonga, con moi pouco esforzo... ¡que diaños!, a todo o mundo lle gusta ver os sitios, as casas, as aceras... os pobos, pulcros e coidados. As silveiras a tutiplen, tamén están ben... no monte (e ata certo punto).

9 comentarios:

  1. Sera para darlle un caracter máis rural ao entorno da casa e que así Vilalonga amose o seu lado máis natural no centro da vila amosando que os espazos verdes abundan nesa vila.

    ResponderEliminar
  2. jejeje... Iris, sempre me gustou o teu sentido da ironía...

    ResponderEliminar
  3. Gerrilleiro29/12/09, 17:37

    E non será que tamen os propietarios teñen que limpar os muros e os veirales das suas propiedades?... Esto non quere decir que tamen o concello ten que velar po la limpeza dos valos, pero vivindo unha concelleira o lado que ademais ten acceso dende ese camiño hacia a propiedade dos seus pais non se preocupou por vixiar ese valo? ¿ A que lle votastedes nas anteriores eleccions que asi nos vai?

    ResponderEliminar
  4. Pois non Guerrilleiro, nas anteriores eu persoalmente non votei a ninguén, por forza maior. E tamén penso que si non é obriga do concello, sí que é obriga deles, darlles un toque.

    ResponderEliminar
  5. Felices Fiestas Vilagonde, a ti y todos tus lectores, que esos problemillas de salud se vayan arreglando, que es lo mas importante.

    ResponderEliminar
  6. Mil gracias, Atalaya. Por fortuna la cosa está mejorando.

    ResponderEliminar
  7. Guerrilleiro30/12/09, 14:01

    Vexo neste blog un interes moi loable por ve los problemas de esta vila veciña miña e a que a menudo me desplazo (sobor de todo polo futbol). Felicito as persoas que o traballan pois esta moi ben feito e plantea cousas da vila que todo o mundo ve e nadie fala... felicidades por este traballo.
    Agora quero facer unha pregunta:
    Visto que dentro de nada empeza un ano que no noso concello vai a estar moi politizado pois dentro de nada xa hai eleccións, ¿ A que persoas vedes vos como posibles representantes no concello da vosa vila en cada un dos partidos principales?

    ResponderEliminar
  8. Feliz salida y entrada de año y Próspero 2010

    ResponderEliminar
  9. HOme, Guerrilleiro, pois moi agradecida, aínda que eu penso que lle falta moito para estar ó meu gusto, precisa estar máis currado.
    E respecto o tema político, non suelo opinar... pero poreime a pensar no tema, e igual un día de estos fago unha entrada sobre o tema e móllome.

    ResponderEliminar

CONTANME