VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados.
AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
Na zona da Costiña pódese contemplar este cruceiro que data do 1896, e no cal parece lerse con bastante dificultade no pé, que foi ...? por Juan de Otero e a súa muller Taresa Fernández Gonza ou González no ano 1896. A primeira vista un pensa que leva pouco tempo instalado no sitio pola cor uniforme, sen embargo ó achegarnos facémonos á idea que foi choreado en conxunto por os seus donos (está nunha parcela privada).