29/5/10

CRUCEIRO DE 1896

Na zona da Costiña pódese contemplar este cruceiro que data do 1896, e no cal parece lerse con bastante dificultade no pé, que foi ...? por Juan de Otero e a súa muller  Taresa Fernández Gonza ou González no ano 1896. A primeira vista un pensa que leva pouco tempo instalado no sitio pola cor uniforme, sen embargo ó achegarnos facémonos á idea que foi choreado en conxunto por os seus donos (está nunha parcela privada).



10 comentarios:

  1. veciño de Sanxenxo30/5/10, 17:39

    Boas, xa che se botaba de menos.
    benvida.

    ResponderEliminar
  2. Moi boas, veciño, o cerco e que estiben bastante coa cabeza noutra parte este mes, problemas familiares. Gracias e un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Ola

    benvida, dis que o cruceiro foi lavado mediante chorreo??
    unha cousa e lavalo e outra e agredilo con técnicas tan abrasivas.

    un saúdo e benvida.

    ResponderEliminar
  4. Pois ante a duda, preguntei esta mañán, e díxome un veciño que veu como andaban coa máquina. Non sei si foi ou non chorreado, pero ós dous amigos masculinos que iban comigo, pareceullo.Claro que sería unha sandez, pero, ó ser privado...

    ResponderEliminar
  5. e enfrente dese hai outro tamen moi antigo pero mais pequeno

    ResponderEliminar
  6. son o dono dese cruceiro e foi chorreado por tecnicos de patrimonio

    ResponderEliminar
  7. e unha pena que abendo cruceiros publicos en mal estado como o do carballo se dediquen a lavar cruceiros privados sen o permiso dos donos porque chegaron arrancaron a cancela e os donos sen enterarse de nada foron a denunciar o roubo a policia local, e eu preguntome se é privado para que se mete patrimonio e o ayuntamiento

    ResponderEliminar
  8. Vilagonde8/2/11, 12:18

    POr técnicos de patrimonio?, pois válgame Deus, porque a a maioría pensa que non se debeu facer. O que non entendo é como funciona o tema sendo privado. ¿Tuvéstedes que pedir explícitamente a patrimonio que o fixeran e pagar ou realmente fixérono "por libre"?

    ResponderEliminar
  9. non foi cousa do axuntamento sen pedirlle permiso os donos

    ResponderEliminar
  10. Pois iso quere unha demanda en toda regra e avisar ó xornal. Que falta de ética, co..o

    ResponderEliminar

CONTANME