Pasando por Rouxique coméntolle a quen me acompaña, que a cancela dunha casa sempre está aberta, día e noite, que xa se nota que leva moito sin cerrarse, se non lles dará medo que entre calquera véndoa así. Esta persoa cóntame que é unha costume que teñen dende pouco tempo despois de morrer a antiga dona da casa, fai xa anos. Polo visto, esta muller deixou dito antes de morrer, que non quería que se cerrara nunca a entrada á súa casa, que a súa casa a quería sempre aberta. Sen embargo, ó pouco do finamento, os que quedaron comezaron a pechala cancela polas noites. Pasan uns días, e de súpeto unha veciña asustada asegura ter visto á finada debaixo da figueira da horta, que da ó camiño.
Co medo no corpo, nunca máis se cerrou esa cancela.
Co medo no corpo, nunca máis se cerrou esa cancela.
somos un pobo rico tamen nestas couas, lendas urbans, que so vemos ou escoitamos nos programas adicados a eses temas, so pensar no medo que pasabamos de pequenos cando o cañero pasaba pola nosa zona e os vellos do lugar contaban historias de mortos, santa compaña, e outras cousas parecidas, que despois cando tocaba marchar nunca nadie chegou a semellante velocidade correndo, e unha das cousas que sempre che quedan na memoria.
ResponderEliminarHola Albino, ¿que é da túa vida?. Espero que todo en orde. Pois sí, pola vila corren outras historias "sobrenaturais", como á do cruceiro da Costiña (non sei si chegaste a leela). Si coñeces algunha outra da zona, xa sabes, é benvida. Saúdos.
ResponderEliminarcal e a historia do cruceiro da costiña? eu so sei que lle falta un anxo da cruz (nas fotos que tendes vese que so queda a copa e a man o lado do crito)porque un veciño sendo rapaz tiroulle unha pesdra
ResponderEliminarVaia, moi interesante. ¿E cal é o cruceiro ó que lle falta un anxo por unha pedrada?. Digo, por que non o notei en ningún, igual non me fixei abondo.
ResponderEliminar