
Pasadas as festas de S. Pedro e falando con un coñecido da miña idade, comentábamos o feito de que a orquesta Panorama quedara parada durante unha hora por o tema de que non lle funcionaba o show, os instrumentos, as plataformas... as luces. Eu non cheguei a baixar á festa, pero sí que o fixo él, polo que se puxo a comentar como estivo o ambiente durante esa hora sen música. A cuestión é que eu estaba convencida que era porque en Vilalonga non tiñamos suficiente potencia eléctrica para toda a parafernalia que trae esa orquesta habitualmente, e cal foi a miña sorpresa, cando este antigo socio e integrante de outra orquesta, espuxo como era realmente o “intríngulis”.
Según parece á orquesta Panorama esto non é a primeira vez que lles pasa, ó parecer xa lles pasou nunha ocasión en Barrantes e nalgún outro sitio, e según explica este coñecido, non é que normalmente os concellos non dispoñan desa forza eléctrica, senón que a orquesta non leva os xeradores precisos para a cantidade de material eléctrico que levan. (O certo é que a outra anécdota da noite foi que un deles foi buscar un xerador a Cambados, e á volta, multouno Tráfico onde o Eroski). Despois de oír isto, quédome coa idea de que é bastante indecente para unha orquesta que é de renombre, é que enriba, como explica este coñecido, dase de exquisita (polo visto, xamáis acepta un contrato onde non lles toque o turno das horas que máis xente soe haber na festa). Seica é unha orquesta bastante esixente, que eses cobran, que veñen a tiro fixo, que non se pillan os dedos, e eu supoño que alguén que esixe, tamén ten que dárse a valer, e a parte de cantar/tocar ben, terán que ser responsables do seu propio funcionamento sen tacha... e van e quedan como o cú (esperemos que o contrato contemplara algunha sanción por cousas similares, porque xa ó día seguinte oín queixarse con gana a dúas veciñas). Sae entón a cuestión de porqué o comisión de festas non pediu á outra orquesta que actuaran eles, e xa o faría a Panorama logo, en vez de deixar que se vaciara medio campo de festas ó non haber música, (nin atraccions, xa que estuveron ó final da avda. Vilar, na subida á igrexa). E a resposta dada por este mozo, é que aínda que seguramente a Panorama non ía aceptar semellante “ofensa”, parecía que tampouco había ninguén da comisión por alí. ¿Será posible que non había ningún a comprobar que a festa ía según o previsto ou para resolver os imprevistos???. Eu no meu último traballo, por exemplo, cando tiña unha idea para poñer en práctica, procuraba estar ó tanto, presente, comprobar que a idea estaba en práctica, ver si funcionaba ou non... Non sei, cóstame crelo pero él dí que non notou a presenza de ningún da comisión por a zona. (Por certo que ó final non souben si houbo a barra-bar na festa ou non).
Total, que moito chorar porque a xente non solta un pataco (que non o nego), que o curraron moito, que ían ser unhas festas máis que decentes a pesar da baixada de presuposto... e para o máis esencial, que é vixiar todo o panegírico estreitamente e máis a organización na música, a ningún da comisión se lle ocorreu esixirlle á Panorama que esperaran a cantar despois e que o fixeran os outros antes, antes que permitir a pifiada de deixar á xente cunha puñada nos dentes toda unha hora. Eu xa non entendo nada...
pero o que parece quedar claro é que uns por outros, como dí alguén que coñezo, “o cuciño sen limpar”