11/6/10

TRANSFORMADOR

Case diante do cartel que reza : LAGAREI, está este transformador. Alí o está, no medio das casas, xusto diante da entrada de unha. Co seu aspecto descoidado, non é que me inspire demasiada confianza, certamente, e non quixera ser eu a casa de enfrente o día que veña un camión sen frenos e o tumbe, ou teñamos esa probabilidade entre mil, de que pase un tornado... 
O caso, é que eu non podo asegurar si é malo ou non para a saúde... pero sí que podo asegurar que non entendo que a manivela que rixe a corrente eléctrica de toda Vilalonga esté alí ó aire tranquilamente, sen tapa, nin fecho. Que non sexa fácil, nin seguro, non significa que ningún cabeza furada teña a "xenialísima" idea de unha "broma" subindo de noite alí arriba, con axuda, e dándolle cara abaixo á palanquiña. Según me dí un veciño, xa pasou algunha vez.
Atopo moi curioso non ter lido nada do tema.

5/6/10

DE TRIFÁSICOS E COHETES.

Contábame un coñecido que se foi anotar para algunha das prazas que saca o concello para a limpeza de praias, e, que para a súa desilusión, apareceron unha burrada de aspirantes para solo 40 prazas (normal, con estes tempos), total que aínda me sacou unhas risas cando me explicaba que tras un exame tipo test, teñen que facer unha proba práctica (vai resultar que ai que demostrar a velocidade co angazo) e tamén que teñen que falar galego (¡que idiotez!). Días antes contába alguén como Catalina fixo repetir un examen poñendo de excusa un defecto de non sei moi ben o que, para que a cuñada de Aguín Magdalena puidera entrar na convocatoria, senon quedaba fóra...
Fai uns anos contábame un empregado de unha chea de anos, que no Concello todo está dado de antemán, algúns que levan anos, nunca son fixos, e algúns son fixos dende o primeiro ano, e sin proba ningunha. As veces contaba que lle regalara non sei qué a Catalina, que tiña que sacarlle a praza fixa como fora (eu nunca vin os regalos), e a mín fervíame o sangue solo de oílo.
Ó final un convéncese de que as "lendas urbanas" arredor dos concellos soen ser certos, que normalmente, en temas de licenzas e postos de traballo, todo está manga por hombro, non ai títere con cabeza... chamádelle X e despexade Y. Un convéncese de que é unha pérda de tempo presentarse a unha convocatoria nun concello, que as plazas, xa están dadas de antemán.
De pronto, mentras vos escribo, vólveme á retina a imaxe dunha mañá recente: Mari Paz, Angel e outros sentados arredor dunha mesa (eso sí, a Cata non a levaban). Mari Paz, ten unha suave conversa polo móvil, non se entende nada. Logo rin e falan entre eles, atácanlle a os pastéis que lles puxeron co café.. De súpeto recibe Ángel a chamada de Marcos (Gondariño), dicindo que ten alí unha inspección e menos discreto que Mari Paz, repite polo teléfono en voz alta: Vale, Marcos, vale, ¿pero estás ahí no Boavista?.
Alí os estaban, como compañeiros de clase comentando un examen.
Alguén na miña mesa dixo que topara currando para o Concello, á rapaza máis "burra" (falando con idioma popular) que se pode un topar, e que non se creía nin de coña que pasara algún examen. Outro decía que por eso dimitira a concellala de facenda, porque vía demasiadas historias e acabou ata o moño.
 Despois do que levo oído, e recordando o grupiño, ¿que queredes que vos diga?, non podo por menos que preguntarme si alguén se ocupou de mirar si algún familiar deles está a currar no concello, ¿alguén lles supervisou os coñecementos para o posto de traballo?.
Non teño nada contra o de ter familiares e amigos traballando, pero, "cogones", si xa che facilitan a oferta de traballo sen ter que actualizar curriculum, facer entrevistas, ler a sección no xornal... polo menos, ¡¡ ten a decencia de prepararte a conciencia !!.
... Pero, dame que noite pechada ... vamos, para votar cohetes.

29/5/10

CRUCEIRO DE 1896

Na zona da Costiña pódese contemplar este cruceiro que data do 1896, e no cal parece lerse con bastante dificultade no pé, que foi ...? por Juan de Otero e a súa muller  Taresa Fernández Gonza ou González no ano 1896. A primeira vista un pensa que leva pouco tempo instalado no sitio pola cor uniforme, sen embargo ó achegarnos facémonos á idea que foi choreado en conxunto por os seus donos (está nunha parcela privada).



11/4/10

GORRION COMUN

Aquí vos deixo unha foto dun gorrión macho que pillei camiñando unha tarde por Vilalonga. Dende logo é un "Passer domesticus", póñoo en latín por darlle algo de interés ao tema, xa que absolutamente todos, coñecedes ó gorrión común. O que espero que non saibades todos, e que según se pensa en toda a Península, aínda que pareza mentira, temos menos gorrións que pinzóns comúns. ¿E algún sabe como vai de mozas un gorrión macho?. O macho achégase á fémia coas alas baixas a cabeza votada para atrás e a cola cara arriba. Si se achega demasiado, pode que a femia intente correlo a picotazos.
O niño pode ser aberto ou cerrado, pero acostuma a ser de herba seca, e de aspecto pouco coidado.

25/3/10

HABELAS, AILAS.

Primeiro foi o "baby", logo "mami" (eu), e logo "papi"... e todo distinto:  HABELAS, AILAS...

3/3/10

"POLIS" con vocación.


Unha vez pasado o temporal, dame por pensar si desta vez a Policía Local estaría máis ó rego que no anterior ataque forte de vento á zona, que casualmente caeu en días que se estaban a cortar as árbores dentro do campo de fútbol de Baltar e dentro do parque público de Sanxenxo. A cuestión é que de aquela, (e seino porque no de Baltar, estaba, por circunstancias que non veñen ó caso, alí), quedeime sorprendida porque polo visto estaban avisados para que cortaran a calle ou o carril polo menos, para cortar e retirar ás arbores e que puideran cargalas nun camión, e déronlles pranton. Alí non apareceu nin o tato en toda a tarde. Oínlles decir que no parque público onde o Hotel Sanxenxo os agardaron durante HORAS (moi profesionales), asíque que ían seguir a pesar do risco que entrañaba, como demostrado quedou. Unha das árbores, ó cortala caeu cara a carretera, pero por sorte (si pode decirse), quedou enganchado e bailando nun cable que imaxinei era do alumeado. TREMENDO. Anda, que se chega a caer de todo e nese intre baixa alguén andando...
E mira, tí, colega blogueiro, que por sorte (e aquí sí que non pode decirse sorte), comprobei axiña a tremenda "vocación" dalgún deles.
Para esta menda resultou algo "moi godido" porque son estrita respetuosa dos pasos de peón (aínda lembro que me pillaron nun deles). O caso é que levaba no asento de atrás un bebé enfermo, e subía eu pola Progreso a 40 pero eso sí, totalmente na berza, coa cabeza posta no asento de atrás, e, cousas que pasan, na milésima de segundo que mirei para atrás polo retrovisor porque oín que se atragantaba e non podía respirar ben, polo visto, parou un home na acera para cruzar, e eu non parei, vamos, que eu non vin parar a ninguén, pero... un coche da "Poli" local, veume. Fixádevos que vos dixen que eu ía a 40 e totalmente coa cabeza no outro tema, polo tanto, cando oín unha sirena e vin o coche que se lanzou sobre mín como un raio chirriando rodas, nin pensei que era por mín, buscaba onde aparcar rápidamente sin estorbar. O caso é que parei, baixei dun salto e puxenme a bater na espalda do bebé, e escoito un "Buenas Tardes" tan entonado de mala uva que me fixo xirarme tan de sorpresa que peguei coa testa no teito do coche (a imaxe ata ten a súa gracia). Cando vin que era un da local, bastante maior, e cunha cara que dicía "o máis chulo aquí son eu" quedoume cara de berza, e máis cando se puxo a explicarme o que pasaba. El veu perfectamente o que estaba facendo, e  polo pouco ata pareceu que lle tardaba eu moito en colocar ben de novo o bebé, ata batía co pe no chan, (igual quería que o soltara como si fora unha serpentina en fin de ano). Primeiro pideume os papeles de moi mal ton, e logo, cunha falta de respeto total, veume a decir que como iría, que non os vira, e da maneira que o fixo só lle faltou chamarme idiota. Ó lado del, outro da local bastante máis novo, quizáis novato, miraba os papeles, mirouno a él cando se puxo nese ton, e non dou un chío. De repente doume un completo noxo, a vocación dese "maior" que debía dar un pouco de exemplo ó novato, e non ensinalo a ir de "chulo-nenas" cando se multa a alguén. Eu que os tiña por un oficio que alguén tén que facer, dei en pensar que cando a xente os pon a caer dun burro, teñen toda a razón, aínda que paguen todos, ó mellor, por a metade.
Porque... vale que tiña que multarme, clarísimo, e non teño nada que obxetar, pero non entendo aínda eu a que viña tanta sirena, tanto chirrido e aquel ton tan despectivo, vamos, que si cando lle veu a vocación foi pensando nesto, máis lle valera facerse prestamista.
¡¡ Ni que fuera yo Bin Laden!!, (que diría  a Belén Estéban).

19/2/10

A TELLEIRA, SÓ PARA ELES.

Hoxe, para a miña sorpresa e cabreo leo algo que me resulta indignante: O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) vai entregar os premios ós proxectos orixináis. Estupendo. Gaña unha granxa-escola do Concello de Méis e un hotel especializado en setas dun matrimonio que vive en Barcelona. Xenial hasta aquí. O premio son 1200 € que teñen que repartirse entre ambos. Moi ben.  
O que xa non me gusta, o que me mosquea, o que indigna e me parece de franco mal gusto, (igual son eu) é que os premios os deran onte á noite... ¡¡ NA TELLEIRA !?.
É dicir que a Telleira non se pode abrir para o turismo, non se pode abrir para os veciños, pero ¡¡ vaia !! si se pode abrir para o evento, que non pasa nada. Os arredores siguen cheos de broza, e non ai maneira de que vexamos o museo que ía ser. O final non vai ser máis que un local para cuchipandas.
Vamos, que casi entendo que os veciños non somos dignos dela. 
Alucino.

17/2/10

INCRIBLE PERO CERTO

Fai arredor dun mes, dei queixa no Concello das silvas sobre o muro da CR Sineiro, tal como comentei nunha entrada no mes de decembro do pasado ano  http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/12/silveiras-tutiplen.html
Pois ben, incrible pero certo, HOXE, veu a máquina do concello,e deixou esa parede pulida. Da gusto ollar o sitio agora. Por unha vez, e sin que sirva de precedente... Dona Cata, "quítome o sombreiro"