18/7/10

OUTRA CEPA CENTENARIA

Velaquí outra cepa centenaria en Vilalonga, desta vez, a que está ben á vista diante do Bar Stop. É catalán negro, e aínda produce froito. Foi prantada no 1890 por o tataravó da remitente da imaxe, e que me conta que o que máis lle agradecen hoxe á cepa, é a sombra que ofrece.

IMAXE E DATOS CEDIDOS POR ROSY

17/7/10

A RONDA DE ENTRADA

Imaxino que todos recoñecedes ben o sitio...
Aquí vemos na primeira imaxe, o que era a ronda de entrada a Vilalonga dende Sanxenxo, fai bastante tempo, e debaixo dos sináis a Ángel, un veciño no 1958. Na segunda, o mesmo sitio xa nos anos 60, onde podemos ver que daquela a ronda contaba con un cruceiro. E para rematar xa unha terceira imaxe máis recente da "historia" desa ronda.
Como curiosidade: ¿podería alguén dicir si é este o cruceiro que está agora no colexio?. 
IMAXES E DATOS ENVIADOS A vilalonga08@gmail.com por Rosy.  MIL GRAZAS.

16/7/10

¿PETO DE ÁNIMAS?

Na fachada dun domicilio particular, pola zona de Lagarei, atopo o que penso o seu propio "Peto de Ánimas".  Non vexo ningunha data, pero semella bastante antigo, e non sei porqué, doume a impresión que pertenecía a outra peza, antigamente.

14/7/10

UN NIÑO DE PEGA

Velaquí onde foi unha parella de pegas a poñer o seu niño, nun limoeiro. O niño, aquí non se aprecia, pero está feito de vides e alambres. E como unha pelota alargada cun furado por onde entran e saen a traer comida ós pequenos.

13/7/10

A CAPELA DA LANZADA

Aquí, 3 imaxes da Ermita da Lanzada. Bueno, certamente, esta primeira imaxe é das excavacions en 1973, ó outro lado da carretera.
As outras dúas son máis antigas, sen embargo non temos ano, aínda que da última apúntase que pode ser do 54 aproximadamente.
IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO, A NOVAPONTE.

12/7/10

UNHA ANTIGA TELLEIRA


Velaquí unha xenial imaxe que me fai chegar Fernando, (dono do bar A Nova Ponte), dunha antiga Telleira da Fianteira, ¿será a que está agora "restaurada" e pechada a cal e canto?. Vista por 2 persoas máis, tén toda a apariencia, pero haber si alguén pode aportar algo.
Fernándo, quítome o sombreiro.

10/7/10

SAN CRISTOBAL EN 1969

Aquí vos quedan dúas  imaxes que me mandaron ao meu correo. Trátase da procesión de San Cristobal no ano 1969, pasando por diante do Hotel Delfín Azul, na Lanzada, que, según me indica o remitente, pode ser que durante esa época non fora un hotel, senón un clube de alterne chamado "Blue Shark", (Tiburón Azul). Na terceira imaxe vemos unha panorámica da zona no mesmo ano.

Gracias por esta estupenda aportación, Fernándo-Barradaugas.


7/7/10

OS 200 ANOS DUNHA CEPA DE VIÑO


Uns veciños de Vilalonga posúen esta tremenda cepa de viño, que curiosamente aínda da uvas. E digo curiosamente, porque unha vez preguntados de sobre canto ten a condanada cepa, dinme que cerca dos ¡¡200 anos!!.