20/7/10

Aclaración TELLEIRA

Sobre a imaxe da Telleira que subín http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/07/unha-antiga-telleira.html ,faime chegar o primeiro anónimo dos comentarios dese día, o seguinte mapa, como base para indicar que realmente esa imaxe é da antiga telleira dos Calixtos, en Castrelo

19/7/10

IMAXES DO RECORDO

Aquí vos deixo 3 imaxes que non corresponden a Vilalonga, pero de fermosa vista. No primeiro lugar, unha imaxe da visita da infanta Isabel ó Gran Hotel da Toxa no 1914.
Na segunda imaxe, outros tempos no final da Lanzada, hacia San Vicente, cando se aproveitaba ben o golfeiro para abonar as terras.
E na terceira imaxe o barco de pasaxe CANGAS-VIGO no ano 1968.

IMAXES E DATAS CEDIDAS POR FERNANDO

18/7/10

OUTRA CEPA CENTENARIA

Velaquí outra cepa centenaria en Vilalonga, desta vez, a que está ben á vista diante do Bar Stop. É catalán negro, e aínda produce froito. Foi prantada no 1890 por o tataravó da remitente da imaxe, e que me conta que o que máis lle agradecen hoxe á cepa, é a sombra que ofrece.

IMAXE E DATOS CEDIDOS POR ROSY

17/7/10

A RONDA DE ENTRADA

Imaxino que todos recoñecedes ben o sitio...
Aquí vemos na primeira imaxe, o que era a ronda de entrada a Vilalonga dende Sanxenxo, fai bastante tempo, e debaixo dos sináis a Ángel, un veciño no 1958. Na segunda, o mesmo sitio xa nos anos 60, onde podemos ver que daquela a ronda contaba con un cruceiro. E para rematar xa unha terceira imaxe máis recente da "historia" desa ronda.
Como curiosidade: ¿podería alguén dicir si é este o cruceiro que está agora no colexio?. 
IMAXES E DATOS ENVIADOS A vilalonga08@gmail.com por Rosy.  MIL GRAZAS.

16/7/10

¿PETO DE ÁNIMAS?

Na fachada dun domicilio particular, pola zona de Lagarei, atopo o que penso o seu propio "Peto de Ánimas".  Non vexo ningunha data, pero semella bastante antigo, e non sei porqué, doume a impresión que pertenecía a outra peza, antigamente.

14/7/10

UN NIÑO DE PEGA

Velaquí onde foi unha parella de pegas a poñer o seu niño, nun limoeiro. O niño, aquí non se aprecia, pero está feito de vides e alambres. E como unha pelota alargada cun furado por onde entran e saen a traer comida ós pequenos.

13/7/10

A CAPELA DA LANZADA

Aquí, 3 imaxes da Ermita da Lanzada. Bueno, certamente, esta primeira imaxe é das excavacions en 1973, ó outro lado da carretera.
As outras dúas son máis antigas, sen embargo non temos ano, aínda que da última apúntase que pode ser do 54 aproximadamente.
IMAXES CEDIDAS POR FERNÁNDO, A NOVAPONTE.

12/7/10

UNHA ANTIGA TELLEIRA


Velaquí unha xenial imaxe que me fai chegar Fernando, (dono do bar A Nova Ponte), dunha antiga Telleira da Fianteira, ¿será a que está agora "restaurada" e pechada a cal e canto?. Vista por 2 persoas máis, tén toda a apariencia, pero haber si alguén pode aportar algo.
Fernándo, quítome o sombreiro.