IMAXES CEDIDAS POR FERNANDO-ANOVAPONTE
VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
23/7/10
SANXENXO "anticua" I
22/7/10
21/7/10
A EXTRACCION DO BARRO
Unha fermosísima imaxe, POR FIN, das extraccións de barro en Vilalonga, da que parece que só se sabe que as persoas en primeiro plano, non son de Vilalonga.
IMAXE CEDIDA POR ALBINO CANEDA.
20/7/10
Aclaración TELLEIRA
Sobre a imaxe da Telleira que subín http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/07/unha-antiga-telleira.html ,faime chegar o primeiro anónimo dos comentarios dese día, o seguinte mapa, como base para indicar que realmente esa imaxe é da antiga telleira dos Calixtos, en Castrelo
19/7/10
IMAXES DO RECORDO

Aquí vos deixo 3 imaxes que non corresponden a Vilalonga, pero de fermosa vista. No primeiro lugar, unha imaxe da visita da infanta Isabel ó Gran Hotel da Toxa no 1914.Na segunda imaxe, outros tempos no final da Lanzada, hacia San Vicente, cando se aproveitaba ben o golfeiro para abonar as terras.
E na terceira imaxe o barco de pasaxe CANGAS-VIGO no ano 1968.
IMAXES E DATAS CEDIDAS POR FERNANDO
18/7/10
OUTRA CEPA CENTENARIA
Velaquí outra cepa centenaria en Vilalonga, desta vez, a que está ben á vista diante do Bar Stop. É catalán negro, e aínda produce froito. Foi prantada no 1890 por o tataravó da remitente da imaxe, e que me conta que o que máis lle agradecen hoxe á cepa, é a sombra que ofrece.
IMAXE E DATOS CEDIDOS POR ROSY
17/7/10
A RONDA DE ENTRADA
Imaxino que todos recoñecedes ben o sitio...
Aquí vemos na primeira imaxe, o que era a ronda de entrada a Vilalonga dende Sanxenxo, fai bastante tempo, e debaixo dos sináis a Ángel, un veciño no 1958. Na segunda, o mesmo sitio xa nos anos 60, onde podemos ver que daquela a ronda contaba con un cruceiro. E para rematar xa unha terceira imaxe máis recente da "historia" desa ronda.
IMAXES E DATOS ENVIADOS A vilalonga08@gmail.com por Rosy. MIL GRAZAS.

16/7/10
¿PETO DE ÁNIMAS?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




