Nestes días un mozo de arredor dos 30 anos adicouso a ensinar as súas partes e masturbarse diante das nais e rapaces que acudían cada día ó parque infantil que está na praza do pobo, onde os taxistas. Parece ser que as veciñas pensaron nun primeiro intre que era un comercial, xa que viña nunha furgoneta, sen embargo empezaron a notar raro que o home aparecera todos os días, e se adicara a "esperar" aparentemente. O achegarse ó coche, o individuo estaba a "tocar a gaita", e non á de fol precisamente, dentro do coche, polo que hubo que avisar ás autoridades. Nun primeiro instante o mozo tentou fuxir pero foi detido para ser acusado de exhibicionista ante menores.
VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
15/10/10
14/10/10
E TROUXONOS A LUZ
No ano 1900, abril, constitúese en España a S.G.G.E. (Sociedad General Gallega de Electricidad, que é FENOSA, dende 1955), cun capital de 2 millons de pts., que xa eran moitos cartos para aquel entón. Era un feito a necesidade da electricidade para o bo funcionamento da empresa cerámica de Guisasola, na Fianteira e que era o pilar da industria da zona. Sen embargo foron outros pobos máis prósperos os que disfrutaron da luz antes, como Pontecesures, ou a propia Pontevedra, que tiña alumeado público dende 1888. Sería preciso a aparición dun coñecido inxeñeiro industrial, considerado filántropo pola súa multitude de proxectos: Era dono da empresa "La Hulla Blanca", empresa coa que foi solicitar permiso para levar a electricidade a Cuntis aproveitando o caudal do río Mesego, fundou un xornal no Val Miñor, participou na construcción do tranvía Vigo-Gondomar-Baiona, participou dunha fábrica de azúcre de remolacha, e ata estivo na ampliación do porto de Vilagarcía. Chamábase Laureano Salgado Rodríguez, nado en Caldas de Reis, (¡1847 +1930). Según se sabe, no 1903, empezou os trámites e solicitudes para colocar unha liña eléctrica de alta tensión entre Cambados e a Toxa, que sen embargo, non lle foi aprobada ata agosto do 1906, sendo él representante da S.G.G.E.
Non puiden atopar unha data exacta, máis sábese que corría o ano 1911, e seguía habendo problemas para que lle concederan unha liña entre Cambados e Vilalonga.
Compre dicir que tamén estivo no proxecto das fábricas de electricidade de Segade e no río Almofrei, primeiras en Galicia, polo que se pode dicir, que foi un precursor da riqueza hidroeléctrica galega.
IMAXE DA FIGURA EN HONRA DE LAUREANO, EN CALDAS.
Como curiosidade, dicir que foi quen creou a Virxe da Roca, de Baiona que fora pensada inicialmente como faro eléctrico (colgado nas mans da virxe) para os mariñeiros.
Colaboracións: Rocío Garrido Caramés, que foi que aportou a idea e a primeira información para esta entrada. Grazas.
13/10/10
ANTES DE HABER COLEXIO EN VILALONGA...
Antes de construirse o colexio de Vilalonga, en 1967 (que foi cando se fixeron tamén o do Casal e o do Tombelo), todos os rapaces de Piñeiros, Rouxique, Piñeiros, Carballal, O Castro, Carballal, Iglesario, Laureiro, Tombelo e Revolta ían á mesma escola. Tanto ían os de 6 anos como os de 14. Falo da escola que deron en chamar do Pósito ou de Orientación Náutico-pesqueira. O local é onde, ata hai uns anos, estaba o restaurante Os Caseiros, diante do antigo cuartel de Noalla. O mestre era D. José Ramón, que era natural de Pontedeume e morreu este ano.
7/10/10
CELSO BUGALLO RETURNS
Novamente, o actor nacido en Vilalonga no 47, fai presencia. Achéganos a historia dunha peruana que coida dun home de certa idade que está encamado, Amador (Celso), que pasa o tempo a facer puzzles. Sen embargo ó pouco de empezar, Amador morre e a peruana non pode permitirse perder ese soldo. Unha película con certas dosis de humor. Estrénase mañá en toda españa: "Amador"...
Velaquí o que este gran actor nos conta.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/10/05/postrado-cama-profundizar-vida/478392.html
5/10/10
DE ESTILO VISIGODO
¿Alguén sabía que según a "Asociación de Archiveros de la Iglesia en España", a nosa igrexa ten raíces de estilo Visigodo?. Así figura nos seus archivos. E no libro "XX Ruta Cicloturistica del Romanico internacional" de Rafael Fontoira Suris, dí que é dunha nave rectangular prolongada por unha sacristía. A nave ten tres arcos de medio punto sobre os que se apoia unha estructura moderna que antes era de madeira. O prebisterio cúbrese con bóveda de crucería e a sacristía con outra de cañón corrido. Por fóra, a nave ten cornisa en gola, e tres contrafuertes por lado. A fachada occidental ten unha porta acabada en arco de medio punto e enriba un frontón triangular que é soportado por dous pilares acanalados. No ápice, unha cruz. Nótase que é do s. XVII, o barroco compostelano, aínda non está moi arraigado.
Por certo, para ver tres dinteles que foron da igrexa teríamos que acercarnos ó Museo arqueolóxico de Pontevedra, que é quen dispón deles.
IMAXE DE panoramio.com
Por certo, para ver tres dinteles que foron da igrexa teríamos que acercarnos ó Museo arqueolóxico de Pontevedra, que é quen dispón deles.
IMAXE DE panoramio.com
4/10/10
A TELLEIRA DE NOYA
E velaquí vos deixo dúas bonitas imaxes da telleira do señor Noya, en Dena, a que se ve dende o "museo" Telleira que temos de adorno a carón do mar.
Eiquí non fixeron como o noso Concello, ¡eh?.
IMAXES ENVIADAS POR Albino Caneda
IMAXES ENVIADAS POR Albino Caneda
1/10/10
MAIS CEPAS LONXEVAS
Vilalonga ten historia lonxeva, e desto dan fé outras dúas cepas de viño que aquí vos traio. As dúas primeiras imaxes, son dunha cepa na entrada de Vilar (antes da pastelería), e ven a ser da variedade Corindo Tinto (que tan bén arrecenden ó pasar). Ten uns 60 anos e aínda así segue a dar uns 250 litros de viño, según me conta Rocío Garrido Caramés, que é a dona.
A terceira imaxe corresponde a outra cepa da mesma dona e variedade na zona de Gondar, e que ten uns 80 anos.
29/9/10
¿ALGO DE RACISMO NA VILA?
Últimamente, todos vos daríades conta que Vilalonga é, en canto a poboación se refire, unha mistura de nós mesmos, brasileiras, marroquíes, algún negro (porqué son de cor negro, e non me parece ofensivo), arxentinos... E non creo, en principio, que teñamos grandes dificultades para convivir. Sen embargo, cóntame unha parella un detalle da fin de semana, que me ten pensando si é un caso illado, ou por esa raza expresamente, ou, algún outro extranxeiro se sinteu menosprezado nalgún momento.
Atopábase esta parella facendo unhas compras nun coñecido comercio da vila. Asegúranme que mentras estaban a elexir o que precisaban levar, pasaron unhas marroquíes, e quedaronse mirando algo que parecía gustarlles na cristaleira. De seguido entraron, e preguntáronlle á dona, educadamente, se podían mirar, e ante a sorpresa deles dous e das marroquíes, a dona doulles un non rotundo. Elas tardaron uns segundos en asimilar a resposta e o ton, e cando sen mirar atrás saíron por a porta, a dona cerrou a porta case dun portazo. Díme él, que falaron entre elas uns minutos fóra na acera, e deseguida unha delas dou en rir (sería por non chorar), sacudindo a cabeza e tirou pola outra para acabar marchando. Dime ela, que a él lle pareceu tan desagradable que xa non lle deixou completar a compra, pagaron o collido e fóronse a outro comercio.
Xa se sabe que, inxustamente, neste mundo uns pagan por outros, e por desgraza os marroquíes non son dos que gozan de popularidade, pero a educación, penso eu, é primordial, cando esas persoas non che fixeron nada, e máis, estando á fronte dun negocio. Se ten desconfianzas, que poña unha cámara.
Agora, antes de empezar esta entradiña, dei en pensar, que o que tivo esta muller foi unha sorte "como un can", que se soe decir (aínda que eu non teño claro que os cans teñan sorte), xa que puideron dar en denunciala por racismo e metela nun fregado dos finos. E como se chiven e lle collan manía, mira que non ai poucos marroquíes vivindo agora en Vilalonga e arredores...
E a esta menda, que tanto lle ten falar, de entrada, con brasileira, xamaicana, cubano, xitano, china ou negro... ou marroquí, está a preguntarse si tiña algún motivo que eles descoñecían para actuar así, ou si é unha "estratexia" para atraer xente cara o pequeno comercio da vila, porque si é esto último, LÉVAA CLARA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











