14/12/12

ACIDENTE

Nove da tarde. Os bombeiros intentan sacar do coche a un mozo que está atrapado. Según parece, derrapou ó saír da ronda do Eroski cara Dena e bateu nun poste. A garda civil está pendente de que a circulac ón continúe coa maior normalidade posible. Haberá que esperar máis información.

O NOVO PRECIO DO SOLO NO POBO

Según parece, facenda considera que aínda que se pode baixar o valor por m2 en Portonovo dos 900 os 700 €, en Vilalonga-suburbana seguirá o prezo de 550 por m2. Claro que ai que ter en conta que Sanxenxo, curiosamente, está por enriba que a propia cidade de Pontevedra, capital, cun prezo de 1100€/ m2,  (case nada). Considera facenda que este último prezo é inalterable, como fai un ano.
... Será que a pesares da crise, ¿Sanxenxo segue a ser tan 'chic'?

10/11/12

INCENDIO

Na tarde de hoxe os bombeiros tiveron que acudir ó pobo para apagar un extraño incendio nun contenedor

7/11/11

¡¡ UN ESCRITOR !!

Por casualidade e para a miña completa sorpresa, cae nas miñas mans un libro escrito por un dos nosos veciños.
Recoñezo que cando lin pola parte de atrás do libro, de qué se falaba nas súas 456 páxinas, viñéronme á cabeza ideas e cousas que te das conta non é exactamente do que trata unha vez que o abres e tes pos a lelo.
En realidade ven a ser, nin máis nin menos que todo un percorrido por lendas, creenzas, historia, mitoloxía, moralexas ("LA MARIPOSA Y EL CUERVO")... a través das conversas entre un avó e o seu neto. En todo o libro (ou debería dicir ata cerca da metade, que é por onde vou lendo) trátase a ironía e as incongruencias da relixión, Deus, o Demo... expóñense preguntas para a reflexión... Decididamente, non é un libro para leer dun tirón, senón para ir lendo a poucos.
Dende aquí a miña noraboa por lanzarse á aventura, indicando unha fermosa frase á que él mesmo fai referencia no libro: "Aprender es como remar contracorriente, en cuanto se deja, se retrocede".

28/10/11

DOS PERMISOS PARA LUMES

No sucesivo, os permisos para lumes, denuncias de medio ambiente, e semellantes, serán levados dende a nova oficina de Medio Ambiente, que ven a ser o antigo centro médico de Vilalonga, diante da gasolineira. Deste xeito, o concello aforra o aluguer que lle costaba anualmente a antiga oficina ó lado do campo de futbol (8.400 €/ao), o cal, nos tempos que corren é moi de agradecer. 
Alí, os martes de 8 da mañán a 3 da tarde, J.Luis Rodriguez atenderá ós veciños persoalmente. 
Tamén se levará dende alí todo o referente ó GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) do Salnés.

1/10/11

HOXE, CATRO ANOS NO CAMIÑO.

Un día tal como hoxe, douse inicio a este blog da seguinte maneira... http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/10/si-que-sale-en-el-mapa.html 
Quero aclarar que a este blog déralle aloxamento primeiro en blogia, pero pasado arredor dun ano, decidín trasladalo a blogspot co conseguinte traslado dos artigos que considerei oportunos, e tamén algún comentario foi trasladado.
Durante este tempo, tentei ir dando a coñecer un pouquiño a historia do pobo, os seur rinconciños con encanto e ata a súa fauna, xa que como saberedes, estamos incluídos na zona ZEPA http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/11/lagunas-de-cachadas-y-os-leiros.html  o cal non quero que se nos esqueza a ninguén.
Despois de este tempo. . . bueno, dicirvos que si ben os medios e o tempo non sobra, a ilusión non falta, polo que espero seguir outros 4 anos ó pé do cañón, ensinando a quen o desexe que estamos aquí, no mapa, dentro do Salnés, e tamén somos Sanxenxo.
Porque, como alguén dixo unha vez... "un pueblo sin memoria, es un pueblo sin identidad".
Graciñas a todos.

11/9/11

PARQUE INFANTIL DE LAGAREI

Un día tal como hoxe, fai xa dous anos, pasei por un parque que estaba subindo dunha lagoa nas Cachadas  atopándoo neste estado http ://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/07/un-parque-para-as-cobras.html e fai uns días puiden comprobar que segue igual, aínda que o que sí puiden ver e que debe ocuparse algún veciño de "darlle unha pasada" de guadaña de cando en cando (porque non creo que pasaran os do concello), xa que a herba estaba a medio crecer nalgúns sitios.
O banco está mais vello, as árbores medraron (bastante)... pero alguén debe seguir agardando que os nenos entablen conversación coas cobras. De pena.

8/9/11

A PE DE CAMIÑO, BASURA.

 Viña eu para a Lomba cando antes de chegar ó sinal volvín ollar, como tantas outras veces para os restos do que no seu día debeu ser un fogar. Ruinoso,esquecido... pasándolle o tempo por riba...
E casi en frente dela, reparei no que se está a converter nun vertedoiro, xa que puiden ver que había un chisco de todo. De todo o que un non quere na casa, claro: plásticos, botes de pintura, un cesto de mimbre vello, botellas, ferros, restos de podar árboles, un espello enteiro (non o romperían por aquelo da mala sorte...), cartón e demáis porcadas.  Ás veces estas pequenas cousas non custa tanto facelas ben e non dou entendido á xente que fai isto (sintoo si o leen, non vou cambiar de parecer). Non estamos en plena África onde a fame e a sede non lles deixa pensar na estética nin no ambiente nin en nada. Estamos nun dos países que chamamos "civilizados".
Esto é unha porcada, e punto.