VILALONGA EXISTE, SAE NO MAPA cos seus 5,3km2 e 3096 habitantes aproximados. AS RÍAS BAIXAS NON SON SANXENXO SOAMENTE, E SANXENXO ... NON É SÓ 1 KM ARREDOR DO CONCELLO.
25/3/10
HABELAS, AILAS.
Primeiro foi o "baby", logo "mami" (eu), e logo "papi"... e todo distinto: HABELAS, AILAS...
3/3/10
"POLIS" con vocación.
Unha vez pasado o temporal, dame por pensar si desta vez a Policía Local estaría máis ó rego que no anterior ataque forte de vento á zona, que casualmente caeu en días que se estaban a cortar as árbores dentro do campo de fútbol de Baltar e dentro do parque público de Sanxenxo. A cuestión é que de aquela, (e seino porque no de Baltar, estaba, por circunstancias que non veñen ó caso, alí), quedeime sorprendida porque polo visto estaban avisados para que cortaran a calle ou o carril polo menos, para cortar e retirar ás arbores e que puideran cargalas nun camión, e déronlles pranton. Alí non apareceu nin o tato en toda a tarde. Oínlles decir que no parque público onde o Hotel Sanxenxo os agardaron durante HORAS (moi profesionales), asíque que ían seguir a pesar do risco que entrañaba, como demostrado quedou. Unha das árbores, ó cortala caeu cara a carretera, pero por sorte (si pode decirse), quedou enganchado e bailando nun cable que imaxinei era do alumeado. TREMENDO. Anda, que se chega a caer de todo e nese intre baixa alguén andando...
E mira, tí, colega blogueiro, que por sorte (e aquí sí que non pode decirse sorte), comprobei axiña a tremenda "vocación" dalgún deles.
Para esta menda resultou algo "moi godido" porque son estrita respetuosa dos pasos de peón (aínda lembro que me pillaron nun deles). O caso é que levaba no asento de atrás un bebé enfermo, e subía eu pola Progreso a 40 pero eso sí, totalmente na berza, coa cabeza posta no asento de atrás, e, cousas que pasan, na milésima de segundo que mirei para atrás polo retrovisor porque oín que se atragantaba e non podía respirar ben, polo visto, parou un home na acera para cruzar, e eu non parei, vamos, que eu non vin parar a ninguén, pero... un coche da "Poli" local, veume. Fixádevos que vos dixen que eu ía a 40 e totalmente coa cabeza no outro tema, polo tanto, cando oín unha sirena e vin o coche que se lanzou sobre mín como un raio chirriando rodas, nin pensei que era por mín, buscaba onde aparcar rápidamente sin estorbar. O caso é que parei, baixei dun salto e puxenme a bater na espalda do bebé, e escoito un "Buenas Tardes" tan entonado de mala uva que me fixo xirarme tan de sorpresa que peguei coa testa no teito do coche (a imaxe ata ten a súa gracia). Cando vin que era un da local, bastante maior, e cunha cara que dicía "o máis chulo aquí son eu" quedoume cara de berza, e máis cando se puxo a explicarme o que pasaba. El veu perfectamente o que estaba facendo, e polo pouco ata pareceu que lle tardaba eu moito en colocar ben de novo o bebé, ata batía co pe no chan, (igual quería que o soltara como si fora unha serpentina en fin de ano). Primeiro pideume os papeles de moi mal ton, e logo, cunha falta de respeto total, veume a decir que como iría, que non os vira, e da maneira que o fixo só lle faltou chamarme idiota. Ó lado del, outro da local bastante máis novo, quizáis novato, miraba os papeles, mirouno a él cando se puxo nese ton, e non dou un chío. De repente doume un completo noxo, a vocación dese "maior" que debía dar un pouco de exemplo ó novato, e non ensinalo a ir de "chulo-nenas" cando se multa a alguén. Eu que os tiña por un oficio que alguén tén que facer, dei en pensar que cando a xente os pon a caer dun burro, teñen toda a razón, aínda que paguen todos, ó mellor, por a metade.
Porque... vale que tiña que multarme, clarísimo, e non teño nada que obxetar, pero non entendo aínda eu a que viña tanta sirena, tanto chirrido e aquel ton tan despectivo, vamos, que si cando lle veu a vocación foi pensando nesto, máis lle valera facerse prestamista.
¡¡ Ni que fuera yo Bin Laden!!, (que diría a Belén Estéban).
19/2/10
A TELLEIRA, SÓ PARA ELES.
Hoxe, para a miña sorpresa e cabreo leo algo que me resulta indignante: O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) vai entregar os premios ós proxectos orixináis. Estupendo. Gaña unha granxa-escola do Concello de Méis e un hotel especializado en setas dun matrimonio que vive en Barcelona. Xenial hasta aquí. O premio son 1200 € que teñen que repartirse entre ambos. Moi ben.
O que xa non me gusta, o que me mosquea, o que indigna e me parece de franco mal gusto, (igual son eu) é que os premios os deran onte á noite... ¡¡ NA TELLEIRA !?.
É dicir que a Telleira non se pode abrir para o turismo, non se pode abrir para os veciños, pero ¡¡ vaia !! si se pode abrir para o evento, que non pasa nada. Os arredores siguen cheos de broza, e non ai maneira de que vexamos o museo que ía ser. O final non vai ser máis que un local para cuchipandas.
Vamos, que casi entendo que os veciños non somos dignos dela.
Alucino.
17/2/10
INCRIBLE PERO CERTO
Fai arredor dun mes, dei queixa no Concello das silvas sobre o muro da CR Sineiro, tal como comentei nunha entrada no mes de decembro do pasado ano http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/12/silveiras-tutiplen.html
Pois ben, incrible pero certo, HOXE, veu a máquina do concello,e deixou esa parede pulida. Da gusto ollar o sitio agora. Por unha vez, e sin que sirva de precedente... Dona Cata, "quítome o sombreiro"
12/2/10
ROUBO A EPIFANIO CAMPO
Nos terreos de Campo produciuse o roubo de 800 kg. de cobre (250mts. de cable de cobre), que rondan os 3000€.
Os veciños desconfían dunha furgoneta branca de chatarreiros que votou uns días por a zona, que ía ocupaba por dous homes de apariencia rumana, (eu mesma os vin na zona dos Institutos).
Chama a atención, que o cable suministraba electricidade para extraer a arcilla polo que se cree que tiñan bos coñecementos na materia.
O que non teñen claro e que van facer para evitar que lles volten a roubar o cable que sustituia ó roubado.
Chama a atención, que o cable suministraba electricidade para extraer a arcilla polo que se cree que tiñan bos coñecementos na materia.
O que non teñen claro e que van facer para evitar que lles volten a roubar o cable que sustituia ó roubado.
9/2/10
UN PETIROJO
Hoxe, dando un paseo, topei cun regato que non sabía nin que existía. Está no camiño que vai dende o parque infantil cerca dos institutos ó Lavado Engrase Carmelo, na marxe esquerda. Estaba tan cheo de porcalla ("¡¡que raro!!"), que en realidade non sabería dicir si é exactamente un regato. En verdade o que me chamou a atención, foi un fermoso paxaro enriba do vimbieiro que se ve detrás do poste. Sinto que non saia o paxaro, non me dou tempo e de todos os xeitos, co móvil, pouco ía a verse, pero recollecín de inmediato a un petirojo (pensei que xa non quedaban). Cantaba que espentellaba, así que, me sentín na obriga de buscar unha imaxe por Google para lembrar a beleza deste paxaro, que, curiosamente, non estou segura de como se denomina en galego (ay, que mal quedei).
Eso sí, en latín, sei que o petirojo que se ve por estos lares, é o Europeo, é dicir, o Erithacus rubecula.
A saber cando voltarei a ver outro...
3/2/10
CON OU SIN PATATAL
O Sergas xa pideu ao Concello licenza para por a funcionar o centro de saúde do Revel. Polo que parece a construcción está practicamente lista (ata puxeron un arboliño na fronte), así que, para unha puñeteira cousa que van rematar, espero, que Catalina non se ande con remilgos e lles dea licenza correndo. Francamente, xa imaxino que ó primeiro igual ai erros, e quizáis o material non ande moi ó día... e o personal, se o collen todo novo, igual está nervioso ou na berza (a xogo coa zona), pero, SINCEIRAMENTE, que me aleda que algo se poña a andar dunha santa vez. Fai un mes asegurábanme que a gardería nunca se ía por en marcha por culpa dun regato que pasa polo lado que seica foi denunciado, que había que conservalo e non sei que máis (quen me dera saber de onde saeu tal lucidez)... así que me da que vai moi para longo o asunto. Unha lástima, porque quedaba unha rúa moi de agradecer por alí arriba: Gardería, Campo de Fútbol, Centro de Saúde. Con todo urbanizado (co seu lado verde, claro está), ía quedar estupendo. E a mín, que me toca ir a Baltar, víñame xenial.
E, oíde, igual estéticamente non merece un premio, como xa dixo algún grupo, pareceralles que está no medio dun patatal, pero eu digo que según co prisma que un mire, e as ganas que un lle poña. Non se pode ser tan tiquis-miquis. A verdade é que boa falta nos facía unha novidade. ¿Que patatal?!. ¿Que vedes vos na foto?, ¿coas palmeriñas ao fondo e algo de imaxinación non vos parece ata tropical?, jejeje...
2/2/10
HOXE, DIA INTERNACIONAL DOS HUMEDÁIS
Vamos, que sí, que a celebración está moi ben, e o xogo estupendo, e os talleres... e bla, bla, bla... pero, o noso humedal (estarán esperando que perda o nome), queda tal como estaba: cheo de merdiña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


