11/9/11

PARQUE INFANTIL DE LAGAREI

Un día tal como hoxe, fai xa dous anos, pasei por un parque que estaba subindo dunha lagoa nas Cachadas  atopándoo neste estado http ://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/07/un-parque-para-as-cobras.html e fai uns días puiden comprobar que segue igual, aínda que o que sí puiden ver e que debe ocuparse algún veciño de "darlle unha pasada" de guadaña de cando en cando (porque non creo que pasaran os do concello), xa que a herba estaba a medio crecer nalgúns sitios.
O banco está mais vello, as árbores medraron (bastante)... pero alguén debe seguir agardando que os nenos entablen conversación coas cobras. De pena.

8/9/11

A PE DE CAMIÑO, BASURA.

 Viña eu para a Lomba cando antes de chegar ó sinal volvín ollar, como tantas outras veces para os restos do que no seu día debeu ser un fogar. Ruinoso,esquecido... pasándolle o tempo por riba...
E casi en frente dela, reparei no que se está a converter nun vertedoiro, xa que puiden ver que había un chisco de todo. De todo o que un non quere na casa, claro: plásticos, botes de pintura, un cesto de mimbre vello, botellas, ferros, restos de podar árboles, un espello enteiro (non o romperían por aquelo da mala sorte...), cartón e demáis porcadas.  Ás veces estas pequenas cousas non custa tanto facelas ben e non dou entendido á xente que fai isto (sintoo si o leen, non vou cambiar de parecer). Non estamos en plena África onde a fame e a sede non lles deixa pensar na estética nin no ambiente nin en nada. Estamos nun dos países que chamamos "civilizados".
Esto é unha porcada, e punto.

31/8/11

FINCA DO TOUREIRO, II

Conta un veciño que na fonte da Torre, fai uns 20 anos, tamén había un pasadizo. Para ir a fonte baixabase todo por unha especie de camiño cuberto cunha viña e logo por uns escalons de pedra, quedando a fonte, tamén debaixo de unha viña, e cunha especie de pequeno cerrado en redondo de pedra, xa que cadraba baixo nivel da terra. Á esquerda había, facendo unha media luna, un banco de pedra e á dereita estaba o picho da fonte cun pequeno recuadro onde caía a auga e un banco mais pequeno. Parécelle lembrar que nun dos lados había tamén un pé de pedra do que unha vez fora unha mesa. No murete do lado dereito, houbo unha virxe nun oco na pedra, e debaixo dela, cunha altura de 1 mt. aproximado, o pasadizo. Dime que nunha ocasión, coa ánsia que dan os 15 anos, meteuse cun amigo por ese pasadizo cunha linterna ata onde o medo puido máis que a curiosidade (uns 50 mts.aprox.), xa que ademáis de estar en mal estado, había que ir de rodillas. Di que na súa casa sempre escoitou que o pasadizo ía a dar á unha nogueira e que por varias zonas de Rouxique había pasadizos que quedaran do tempo dos mouros. Todo esto quedaba dentro da antiga finca do que foi o chamado "Pazo do toureiro".
Dentro da finca, había tamén unha palmeira que estaba diante das escaleiras que ían de maior a menor (empezando por abaixo) ata a entrada do pazo que estaba na primeira planta (tamén ai quen di que debaixo da palmeira había enterrado un mouro...). No baixo estaban as cuadras de animais, ás que para entrar dende a 1ª planta, xa se podía saír por outra escaleira que baixaba por a parte de atrás do pazo, e así non dar un rodeo. De todo isto, puxémonos a facer unha especie de "croquis". PERDOADE A BAIXA CALIDADE.
Asegura él, que cando se desfixo o pazo, parte do vecindario quedouse con antigos mosquetons que estaban aínda dentro, levaron tamén a virxe da fonte, moita da pedra... e desapareceu tamén unha enorme lagareta, que estaba nun caseto a un lado do pazo. 
Cara a parte de atrás (do que se ve aínda o sitio onde houbo un portalón http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/11/finca-do-toreiro-i.html ) estaba un camiño que ó outro lado tiña unha finca tamén do pazo, onde corrían os toros e se supón, practicaba o toreo o dono do pazo. A ese lado habíatamén un cruceiro (que alí segue).
Curiosamente, aínda non conseguín que ninguén me dera o nome do toreiro.
Todo o que queda daquel pazo hoxe, son as paredes maltreitas, o cruceiro, e o piorno que foi trasladado de sitio e pode verse dende a carretera (aínda que cuberto de silvas).
¡ O que disfrutaría eu hoxe!, podendo ir ver algo semellante do pasado do noso pobo: pazo, pasadizos, mosquetons e demáis...

30/8/11

¡ A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA !

Por un anaco de Vilalonga, pasará o xoves a Volta Ciclista a España, que virían de Combarro, pasarían por Raxó, Areas, Nanín e o Vinquiño, para chegar á rotonda diante do Bar Stop, e deseguida collerían para Cambados ó longo da PO-550.
Calculan que pasarían ó redor das 5 da tarde,polo que todos aqueles que desexen ver o seu paso, que lembren estar vixiantes dende unha hora antes, diría eu... e con este tempo...
A min vaime ser imposible... Igual se anima alguén a tomar unha fotografía do momento e remitila para ser engadida aquí no blog do pobo.
¡ Saudiños !.

11/8/11

EN 1935...

(17 Nov. do 35). Tivo lugar en Vilalonga o choque frontal entre dúas bicicletas. Nunha iba José Lis Fajardo, de 21 anos, e na outra José Varela Vázquez, un veciño de 18 anos que levaba con él un neno de 12, Miguel Jiménez Silven, fillo de vendedores ambulantes. Os tres sufriron lesions importantes, sobre todo o neno que foi trasladado ó hospital.



MEMORIA HISTORICA DE O GROVE

6/7/11

MAIS PASADIZOS

Falábabos fai uns días do pasadizo que ía fai moitos anos dende a casa de Toñito e Laura, que para os que non o leran, ía da finca destes veciños ata a igrexa de San Pedro pasando por o Revel. Pois ben, tras ler esto, dime un amigo que fai uns 15 anos, traballando él na casa dun veciño da Touticeira, por detrás de Pinturas Cholo, tamén veu unha especie de galería ou minas que tiña na finca del e que tamén parecía ir hacia a igrexa.
Desto dos pasadizos non topei constancia en ningún sitio máis, que na boca dos que me foron contando, quizáis onde se podería saber algo é nos archivos do Arzobispado, o cal non está ó meu alcance, aínda que penso seguir informarme en onde me surxa ou poida, xa que me parece moi intererante a cuestión: ¿a qué obxecto tiñan casas concretas na antigüidade estes pasadizos?, suponse que para escapar (en teoría as igrexas daban cobixo en malos tempos) ou no mellor dos casos por discreción... pero... ¿porqué esas casas concretas?...
 Fervéllame a curiosidade por saber máis do asunto.

4/7/11

CHEGAN AS FESTAS

Pasadas as festas que empezan con San Pedro, e acaban co Carme pasando por San Cristobal e o Sacramento ai que dicir que o balance en xeral, según puiden oir e bastante bo, tendo en conta que as orquestas foron collidas a ultima hora, rápido e correndo, e tivemos á "Panorama" e á "Marbella"  no medio, que son de primeira categoría, e tamén se logrou variedade para os cativos. Lástima que o tempo non foi todo o veraniego que se quería, pero foi aproveitable. 
Lembremos que fai arredor dun mes que se formou a nova directiva, pois en principio ninguén quería facerse cargo dela (o cal non é de extrañar según as anecdotas que me contaron acerca dalgún veciño...). A cuestión é que con ganas, todo se fai, e menos mal, porque non me podía imaxinar que un pobo como Vilalonga non tivera a súa festa cando sitios máis pequenos ían tela. Non faltaron fogos, pasacalles, banda de música, chocolate gratis... en fin, que para habela feito nun mes, estivo bastante ben, para mín.
Gracias polo esforzo.

1/7/11

PETO DE ANIMAS E PASADIZOS

Na fachada dun domicilio particular, pola zona de Rouxique, topei fai un tempo o que eu cría o seu propio "Peto de Ánimas". Non vía ningunha data, pero parecíame bastante antigo, e por algunha razón dábame a impresión que pertencía a outra cousa máis grande... E así era: tempo despois, a neta e o xenro da casa fanme saber que antigamente era como un altar onde se poñían velas e que antes de ser unha casa, fai moitos anos, houbo un pazo cuya capilla comunicaba a traves duns pasadizos baixo terra coa torre e coa igrexa parroquial de Vilalonga (alucinante). A entrada dos pasadizos, según me din, está cuberta nunha punta da finca, en esquina. Parece ser que en certa ocasión un dos donos, o fillo de Toñito (o dono),  tentou baixar xa que aínda conservan as escaleiras, sen embargo foi imposible ó estar anegado todo en auga, ademáis de que fai uns anos, un derrumbamento que houbo no Revel foi debido a esta cuestión dos pasadizos ata a igrexa, por eso se rechearon con terra.
A virxe como era costume polo visto naquela época (lembrade http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/06/de-mal-de-ollo-e-crenzas.html ) non quixo tirala a dona no momento de tirar o pazo xa que se decía que os santos non deben sacarse do sítio. O pazo, tamén como é o habitual tiña un escudo que agora esta na fachada da casa do defunto Alfonso Vilar, que, dinme, naceu nese pazo no 1927. Esto consulteino con tres maiores por Rouxique e solamente unha veciña dixo que sí o sabía. As terras que están á dereita, dime a neta de Laurita (a dona) pertencían ós moros, e hacia alí quedaba a capilla. 
Contan os donos, que nos bordes da finca houbo un cementerio de nenos que pertencía á capilla.
Esto último sorprendeu moito ós tres maiores ós que consultei... toda unha historia, ¡¡e non sae en ningún sitio!!.

DENDE AQUÍ, O MEU AGRADECEMENTO POLA INFORMACIÓN.

O escudo na casa de Vilar.