07/11/11

¡¡ UN ESCRITOR !!

Por casualidade e para a miña completa sorpresa, cae nas miñas mans un libro escrito por un dos nosos veciños.
Recoñezo que cando lin pola parte de atrás do libro, de qué se falaba nas súas 456 páxinas, viñéronme á cabeza ideas e cousas que te das conta non é exactamente do que trata unha vez que o abres e tes pos a lelo.
En realidade ven a ser, nin máis nin menos que todo un percorrido por lendas, creenzas, historia, mitoloxía, moralexas ("LA MARIPOSA Y EL CUERVO")... a través das conversas entre un avó e o seu neto. En todo o libro (ou debería dicir ata cerca da metade, que é por onde vou lendo) trátase a ironía e as incongruencias da relixión, Deus, o Demo... expóñense preguntas para a reflexión... Decididamente, non é un libro para leer dun tirón, senón para ir lendo a poucos.
Dende aquí a miña noraboa por lanzarse á aventura, indicando unha fermosa frase á que él mesmo fai referencia no libro: "Aprender es como remar contracorriente, en cuanto se deja, se retrocede".

28/10/11

DOS PERMISOS PARA LUMES

No sucesivo, os permisos para lumes, denuncias de medio ambiente, e semellantes, serán levados dende a nova oficina de Medio Ambiente, que ven a ser o antigo centro médico de Vilalonga, diante da gasolineira. Deste xeito, o concello aforra o aluguer que lle costaba anualmente a antiga oficina ó lado do campo de futbol (8.400 €/ao), o cal, nos tempos que corren é moi de agradecer. 
Alí, os martes de 8 da mañán a 3 da tarde, J.Luis Rodriguez atenderá ós veciños persoalmente. 
Tamén se levará dende alí todo o referente ó GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) do Salnés.

01/10/11

HOXE, CATRO ANOS NO CAMIÑO.

Un día tal como hoxe, douse inicio a este blog da seguinte maneira... http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/10/si-que-sale-en-el-mapa.html 
Quero aclarar que a este blog déralle aloxamento primeiro en blogia, pero pasado arredor dun ano, decidín trasladalo a blogspot co conseguinte traslado dos artigos que considerei oportunos, e tamén algún comentario foi trasladado.
Durante este tempo, tentei ir dando a coñecer un pouquiño a historia do pobo, os seur rinconciños con encanto e ata a súa fauna, xa que como saberedes, estamos incluídos na zona ZEPA http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2008/11/lagunas-de-cachadas-y-os-leiros.html  o cal non quero que se nos esqueza a ninguén.
Despois de este tempo. . . bueno, dicirvos que si ben os medios e o tempo non sobra, a ilusión non falta, polo que espero seguir outros 4 anos ó pé do cañón, ensinando a quen o desexe que estamos aquí, no mapa, dentro do Salnés, e tamén somos Sanxenxo.
Porque, como alguén dixo unha vez... "un pueblo sin memoria, es un pueblo sin identidad".
Graciñas a todos.

11/09/11

PARQUE INFANTIL DE LAGAREI

Un día tal como hoxe, fai xa dous anos, pasei por un parque que estaba subindo dunha lagoa nas Cachadas  atopándoo neste estado http ://ondequedavilalonga.blogspot.com/2009/07/un-parque-para-as-cobras.html e fai uns días puiden comprobar que segue igual, aínda que o que sí puiden ver e que debe ocuparse algún veciño de "darlle unha pasada" de guadaña de cando en cando (porque non creo que pasaran os do concello), xa que a herba estaba a medio crecer nalgúns sitios.
O banco está mais vello, as árbores medraron (bastante)... pero alguén debe seguir agardando que os nenos entablen conversación coas cobras. De pena.

08/09/11

A PE DE CAMIÑO, BASURA.

 Viña eu para a Lomba cando antes de chegar ó sinal volvín ollar, como tantas outras veces para os restos do que no seu día debeu ser un fogar. Ruinoso,esquecido... pasándolle o tempo por riba...
E casi en frente dela, reparei no que se está a converter nun vertedoiro, xa que puiden ver que había un chisco de todo. De todo o que un non quere na casa, claro: plásticos, botes de pintura, un cesto de mimbre vello, botellas, ferros, restos de podar árboles, un espello enteiro (non o romperían por aquelo da mala sorte...), cartón e demáis porcadas.  Ás veces estas pequenas cousas non custa tanto facelas ben e non dou entendido á xente que fai isto (sintoo si o leen, non vou cambiar de parecer). Non estamos en plena África onde a fame e a sede non lles deixa pensar na estética nin no ambiente nin en nada. Estamos nun dos países que chamamos "civilizados".
Esto é unha porcada, e punto.

31/08/11

FINCA DO TOUREIRO, II

Conta un veciño que na fonte da Torre, fai uns 20 anos, tamén había un pasadizo. Para ir a fonte baixabase todo por unha especie de camiño cuberto cunha viña e logo por uns escalons de pedra, quedando a fonte, tamén debaixo de unha viña, e cunha especie de pequeno cerrado en redondo de pedra, xa que cadraba baixo nivel da terra. Á esquerda había, facendo unha media luna, un banco de pedra e á dereita estaba o picho da fonte cun pequeno recuadro onde caía a auga e un banco mais pequeno. Parécelle lembrar que nun dos lados había tamén un pé de pedra do que unha vez fora unha mesa. No murete do lado dereito, houbo unha virxe nun oco na pedra, e debaixo dela, cunha altura de 1 mt. aproximado, o pasadizo. Dime que nunha ocasión, coa ánsia que dan os 15 anos, meteuse cun amigo por ese pasadizo cunha linterna ata onde o medo puido máis que a curiosidade (uns 50 mts.aprox.), xa que ademáis de estar en mal estado, había que ir de rodillas. Di que na súa casa sempre escoitou que o pasadizo ía a dar á unha nogueira e que por varias zonas de Rouxique había pasadizos que quedaran do tempo dos mouros. Todo esto quedaba dentro da antiga finca do que foi o chamado "Pazo do toureiro".
Dentro da finca, había tamén unha palmeira que estaba diante das escaleiras que ían de maior a menor (empezando por abaixo) ata a entrada do pazo que estaba na primeira planta (tamén ai quen di que debaixo da palmeira había enterrado un mouro...). No baixo estaban as cuadras de animais, ás que para entrar dende a 1ª planta, xa se podía saír por outra escaleira que baixaba por a parte de atrás do pazo, e así non dar un rodeo. De todo isto, puxémonos a facer unha especie de "croquis". PERDOADE A BAIXA CALIDADE.
Asegura él, que cando se desfixo o pazo, parte do vecindario quedouse con antigos mosquetons que estaban aínda dentro, levaron tamén a virxe da fonte, moita da pedra... e desapareceu tamén unha enorme lagareta, que estaba nun caseto a un lado do pazo. 
Cara a parte de atrás (do que se ve aínda o sitio onde houbo un portalón http://ondequedavilalonga.blogspot.com/2010/11/finca-do-toreiro-i.html ) estaba un camiño que ó outro lado tiña unha finca tamén do pazo, onde corrían os toros e se supón, practicaba o toreo o dono do pazo. A ese lado habíatamén un cruceiro (que alí segue).
Curiosamente, aínda non conseguín que ninguén me dera o nome do toreiro.
Todo o que queda daquel pazo hoxe, son as paredes maltreitas, o cruceiro, e o piorno que foi trasladado de sitio e pode verse dende a carretera (aínda que cuberto de silvas).
¡ O que disfrutaría eu hoxe!, podendo ir ver algo semellante do pasado do noso pobo: pazo, pasadizos, mosquetons e demáis...

30/08/11

¡ A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA !

Por un anaco de Vilalonga, pasará o xoves a Volta Ciclista a España, que virían de Combarro, pasarían por Raxó, Areas, Nanín e o Vinquiño, para chegar á rotonda diante do Bar Stop, e deseguida collerían para Cambados ó longo da PO-550.
Calculan que pasarían ó redor das 5 da tarde,polo que todos aqueles que desexen ver o seu paso, que lembren estar vixiantes dende unha hora antes, diría eu... e con este tempo...
A min vaime ser imposible... Igual se anima alguén a tomar unha fotografía do momento e remitila para ser engadida aquí no blog do pobo.
¡ Saudiños !.

11/08/11

EN 1935...

(17 Nov. do 35). Tivo lugar en Vilalonga o choque frontal entre dúas bicicletas. Nunha iba José Lis Fajardo, de 21 anos, e na outra José Varela Vázquez, un veciño de 18 anos que levaba con él un neno de 12, Miguel Jiménez Silven, fillo de vendedores ambulantes. Os tres sufriron lesions importantes, sobre todo o neno que foi trasladado ó hospital.



MEMORIA HISTORICA DE O GROVE