10/4/13

ALZANDO AS INQUEDANZAS

Vilalonga está en vistas dun novo actor. Estamos a falar de Alberto Torres (o noso Jhonny be Good) que será protagonista na curta "Fatal Night", escrita e dirixida por Diego J. Fernández (que tamén será protagonista). 
De sabido son as inquedanzas de Jhonny por as antigas películas  de terror e suspense, vampiros... ("La orgía nocturna de los vampiros"), así que, desta vez, a súa inquedanza lévao a traballar nesta curta, producida por Emilio J.Carro. 
O argumento comeza cunha noite que ía ser toda unha festa para os protagonistas, pero en cambio as cousas non saen como se tiña pensado. 
Certamente, unha servidora, espera impaciente o estreno, pero mentras tanto para ir abrinto ganas, aquí podemos ver como van collendo as tablas.    ;)
Por certo, que imos ver si cando estean a competir con Santiago Segura, nos trae entradas de balde...  

No hay comentarios: