10/6/09

O SEPRONA, ¿como as petunias?.

Dígovos que últimamente non sei que pasa, pero “por haches ou por bes”, parece que sae o tema de emporcar, e, mirade por onde, me enterei dunha anécdota (para ser educada) co Seprona, que non tén desperdicio.
Polo visto, este tubo, situado na zona dos Leiros e que leva como uns 7 anos a rezumar “zumo de alcantarilla” directamente ao mar, non estivo sempre así. A opinión xeral na zona da Costiña é que a alcantarilla non debía poder asumir nesa zona todo o que se lle mandaba e “alguén” non topou mellor solución que romper que entubar cara o mar.

O caso é, que fai un tempo unha veciña, comentou na caseta de Medio Ambiente, aquí na Avda. Vilar, o tema, e dixéranlle que non era cousa deles. Logo, topándose cos do Seprona, (que tanto pasean por a zona a pillar queimas sin permiso ou mariscadores/pescadores sin permiso), comentoulles sin rodeos o problema, en compaña dalgúns veciños. Enseñáronlle o sítio, e como estaba (e arrecendía), explicoulles que ía directo ao peixe e ás xivas e a o marisco que se colle na zona a cotío, que algo se podería facer, que qué trámite habería que seguir... que algo poderían eles facer, aínda que eles “solo levamos montes e fincas”.
Resposta literal dos axentes do Seprona:
-
O que teñen que facer é atorar o tubo, tapalo con cemento, e andando.
-¿¿¿¡¡???
Eu, claro, quedeime mirando a quen mo contaba, sabendo de boa fe que podía dar creto do que me contaba, e non puden por menos que sentir vergonza allea. Digo eu, que si un se mete a vixiar os montes, será porque o medio ambiente lle interesa un chisquiño.
¿Bastaría con escribir ao Concello?, se cadra ai que empezar por ahí. En fin, que sin alguén por acá sabe que trámite habería que seguir, para que alguén lle poña “o tapón” ó tubo, AGRADECERÍASE O MENCIONASE AQUÍ NOS COMENTARIOS, porque está visto que moitas multas, moitos organismos, moitos rollo bananero... para acabar sentindo que realmente o Seprona no medio dos políticos que nos “gobernan” non che son máis cas petúnias nos balcóns:
Un adorno.

11 comentarios:

iris dijo...

Por Deus, como vai ser cousa do concello, como vai a policía medioambiental que temos levantar acta diso, por favor como vai o concello indicarlle o organismo competente dos feitos que ali suceden, por favor que o concello e a poli ambiental esta para outros menesteres, usease: mira para outro lado.

E visto o visto o de taponar non che é tan mala idea, así cando rezume a alcantarilla noutros lugares habitados xa veras como protestan e o concello move o cu

Vilagonde dijo...

Iris, o último que dís, xa se comentou, pero algúns rajáronse porque claro, arríscaste a unha multa, por enriba. De pena. O comentario do Seprona, SERVICIO DE PROTECCION DA NATUREZA, e para mexar sen gota.

Maxa dijo...

Creo que sei unha "posible solución". Traballando no que traballo teño controis continuamente da Xunta por centos e centos de razóns. E non hai moito (un mes aprox.) estiveron por aquí os de Augas de Galicia. Pregunteilles que temas levaban exactamente e dixéronme que todo o que teña que ver coa auga, e por suposto niso inclúense os verquidos. E con respecto ó que falei con eles, o tema dese tubo tamén o levan. Así pois para quen lle faga falta sabelo por algunha razón deste calibre, que calquera tipo de verquidos ó mar, ríos, augas subterraneas... o leva Augas de Galicia. Pásoche o tlf. por correo. Xa me contarás se tedes sorte. Biquiños

Vilagonde dijo...

Meu Deus, Maxa. MIL GRAZAS. De inmediato me poño a redactar a carta, falar con algún veciño e mandarlla coas fotos.
Voume ó correo electrónico nun intre.

LED ZEPPELIN dijo...

Eu opto polo comando de liberación de augas fecais e non so atorar o tube senon que ademáis enterarse de que o puso así e envialo a desatoralo coas mans e sin mascarilla. äs veces as barricadas son a única solución. Fora bromas, MOI BO ARTIGO e desexo que alguén faga algo para solucionalo (tal vez dende a oposición).

Vilagonde dijo...

Gracias, Zepelin. Tamén eu quixera saber quen foi e ter probas...

admin dijo...

Ese tubo lleva muchos pero que muchos años, ojalá tu denuncia en el blog, haga mella en algún partido de la oposición.
Yo tengo otra propuesta:

Lo canalizamos directamente hacia silgar, seguro que solucionan el problema.

Xesús dijo...

Parabens. Menuda denuncia, vexote feita unha xornalista de investigación.O normal sería denuncialo na concellalía competente no concello,ou senon na Consellería do Medio Ambente,pero tendo en conta o corporativismo partidario, dubido moito que actue mais aló dun apercebemento ou sanción admistrativa. Pola contra penso que aquí estamos a falar dun delicto ecolóxico con responsabilidades penais. Meu consello:
ANABAM.ANABAM@terra.es
contacto: Agustín Ferreira
Saben ben ó que facer.
Unha aperta.

Vilagonde dijo...

JPF... douche toda a razón. Seguro que si o pasamos para alá, resólveno nun só día.
XESUS, grazas. Agora mesmo mando aviso a ese mail, porque en Augas de Galicia non os vin moi preocupados, aínda que sí me dixeron que virían ver o tema, imos ver.

Anónimo dijo...

que traballe a policía de medio ambiente e se deixe de pasear

Anónimo dijo...

e unha lastima que ainda a dia de hoxe despois de mais de 2 anos da vosa denuncia ninguen poña fin a esta varvaridade. para multar os veciños si que hai policia