26/8/13

VOLTA CICLISTA 2013

Novamente a volta ciclista a España pasa por Vilalonga. Despois de pasar xa o sábado 24 ás 7 da tarde dende Dena cara Gondar, espérase que atravesen hoxe sobre as 16hs. toda a Avenida de Vilar cara Dena para seguir por Padrenda. 


18/8/13

ROMANCE DE VILALONGA

Entre os anos 1929 e 1934, recorría España como podía, Aníbal Otero, recopilando todos os romances e versións dun mismo romance que ía topando por os pobos.
En 1936 cando realizaba encuestas nas fronteiras de Portugal achegadas a Tuy, foi entregado ós militares acusado de espiar para os republicanos e a punto estivo de ser fusilado. Non foi así, finalmente, pero non tivo a liberdade condicional ata maio de 1941, despois de pasar por as cárceres de Tuy, Vigo, San Simón, Burgos e Figueirido.
En 1939, anotaba unha versión dun romance de boca de outro preso no cárcere de Pontevedra. Este preso, Albino Alfonso Rey, tiña 40 anos e era de Vilalonga.
Velaquí a versión de Vilalonga daquel romance:

ROMANCE    "LA MERIENDA DEL MORO ZAIDE"
Año nuevo, año nuevo, primera fiesta del año.
Entre duques y doncellas, al Rey le pido aguinaldo.
No le pido oro ni plata, ni tampoco su reinado,
que le pido tres mil hombres para pelear nel campo.
Tres mil hombres le he pedido, cuatro mil me ha mandado.
Por las calles donde iba, todo queda arrasado;
no queda cabra ni oveja ni pastor con su ganado,
solo queda un pobre viejo de los miembros derreado.
-¿Vistes por aquí a mi primo?, ¿vistes por aquí a mi hermano?.
- Queda en un campo de flores muy deprisa merendando,
con las sogas al pescuezo y el espadín en la mano.
Con el jrimo que tomó pasó el río toledano.
A la salida de un río, a la saltada de un valo,
cayó mi mula conmigo, partió mi puñal dorado
no lo quisiera perder ni por doscientos ducados.
Sírvase usté, Señor Rey, sírvase usté apañarlo.
Allá por la media noche, los gallos quieren cantar,
los años viejos despiden, los nuevos quieren entrar.

_____________________________________________________
DATOS TIRADOS DO "ARCHIVO DEL ROMANCERO, VOL. I" (Diego Catalán).
                                                                                              Fund. RAmón Menéndez Pidal

12/4/13

CONCERTO NA CULTURAL ??



O acordeón é un instrumento que según teño entendido é bastante difícil de aprender.

O día 28 deste mes de Abril, para as 19hs. había programado un concerto no Centro Cultural, que ían a dar os integrantes da asociación "Amigos do acordeón Rías Baixas"


O que non sei, e si con todo o lío da caída do falso teito, si aínda está o concerto en pé...




10/4/13

ALZANDO AS INQUEDANZAS

Vilalonga está en vistas dun novo actor. Estamos a falar de Alberto Torres (o noso Jhonny be Good) que será protagonista na curta "Fatal Night", escrita e dirixida por Diego J. Fernández (que tamén será protagonista). 
De sabido son as inquedanzas de Jhonny por as antigas películas  de terror e suspense, vampiros... ("La orgía nocturna de los vampiros"), así que, desta vez, a súa inquedanza lévao a traballar nesta curta, producida por Emilio J.Carro. 
O argumento comeza cunha noite que ía ser toda unha festa para os protagonistas, pero en cambio as cousas non saen como se tiña pensado. 
Certamente, unha servidora, espera impaciente o estreno, pero mentras tanto para ir abrinto ganas, aquí podemos ver como van collendo as tablas.    ;)
Por certo, que imos ver si cando estean a competir con Santiago Segura, nos trae entradas de balde...  

11/3/13

"TEGENARIA ATRICA"

Hoxe, facendo tranquilamente a rutina diaria, topei con esta "amiguiña" no meu camiño e dado que me impresionou algo o seu tamaño, acordei que igual merecía unha mención no noso apartado de fauna. Topeina porque me dou por levantar unhas caixas, porque disque son de hábitos nocturnos.
Buscando buscando, topeime con que é unha "Tegenaria átrica", penso, ou igualmente, a araña común doméstica, e é das arañas máis grandes de toda Europa, chegando a femia a casi os 2 cms. e os machos a algo menos, aínda que as patas máis longas poden rondar os 8cms.
Corren a bastante velocidade e sen embargo as telas non son moi pegañentas así que moitas veces fuxiralles a comida si non se apuran a ir por ela. Polo demáis, en principio teñen asegurada a supervivencia da especie, xa que cada femia pode deixarnos unhas 60 crías. Por fortuna, aínda que o tamaño é respetable, as mandíbulas non teñen demasiada forza e apenas poden furar a nosa pel, e cando o fan, o efecto do veleno e inapreciable case sempre.
Como dato curioso, que ás veces os adultos poden ser caníbales e comer as crías.

10/3/13

UNHA VECIÑA EN ALZA

Hoxe veño falarvos dunha veciña blogueira totalmente en alza. Fai xa un tempo Rocío Garrido Caramés iniciara o seu blog para aportarnos o seu bo gusto (e capacidade) coa cociña, e tamén para ter como unha especie de relaxación persoal, xa que no seu momento Rocío viuse obrigada a deixar de traballar para coidar do seu avó que padecía demencia senil. Nel Rocío dábanos recetas, falábanos da evolución do seu avó e ata chegaba a ensinarnos como diferenciar un producto galego dun que non o é. Pouco a pouco foi engadindo aquelas cousas que seu avó lle pedía de cando neno... e todo foi derivando ata hoxe, que segue a deleitarnos no seu blog.
Foi o pasado ano cando Rocío presentou o seu libro "Cociñando coas razas autóctonas" editado por Boaga (Federación de Razas Autóctonas Galegas), no Salón da Alimentación do Atlántico en Silleda e rematou gañando o premio "Gourmand World Cookbook", que destaca o libro como o mellor de cociña sostible de España. É o primeiro libro que trae recetas a base de carnes de todas as razas autóctonas galegas que están en extinción: a cabra e a ovella típica galega, o galo de Mos, o porquiño celta, a vaca cachea, a vaca limiá...
Ela mesma creou os platos que contén o libro. E para interesados, tamén trae postres, con ovos, leite, queixo... derivados de esas razas.


Rocío, as miñas máis sinceiras felicitacions.

* Para facerse co seu libro:                    cocinademiabuelo.blogspot.com.es
                                                  
Información:   DIARIO DE AROUSA - FARO DE VIGO -LA VOZ DE GALICIA

3/3/13

DO CINE DON JUAN

O cine Don Juán (antes "Torres"), situado ó lado da Alameda de Vilalonga, foi o primeiro cine do que se sabe en Sanxenxo.
En 1976, de tanta xente que acudía tiña que achegarse a Garda Civil para poñer algo de orde e que puidesen circular os coches.


(Texto e imaxe do DIARIO DE PONTEVEDRA, 17 Feb.2013)

Información máis completa:

http://ondequedavilalonga.blogspot.com.es/2010/08/o-cine-don-juan.html