ESte fin de semana perdeu o Vilalonga o partido contra o Compostela (que sigue na primeira plana da clasificación). O noso equipo local meteu o primeiro gol, de feito, xogaban moi ben naquel intre. Sen embargo foron perdendo fuelle aínda que sabían que así se metían nun lío. Saúl fixo un último intento de marcar, tras un remate de Adrián, pero fallou. Xusto un minuto despois, o Compostela alcanzaba os dous goles deixando o partido sentenciado. Compostela-2 ++ Vilalonga- 1.
Unha pena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario