Ás veces os cruceiros marcan lindes entre parroquias ou son o signo de identidade dunha aldea, pero os cruceiros cumpren a súa función relixiosa, de feito suponse que esa foi a súa función orixinal. Son sagrados e enténdese que fan sagrado o sitio onde se poñen, (aínda que hoxe calquera pode mandar poñer un no seu xardín). Antígamente, ante os cruceiros rezábase por os mortos, ou pedindo favores, buscando protección contra o sobrenatural, como a Santa Compaña ou as meigas. Arredor de algúns xurdiu ó longo de séculos a superstición relacionada coa morte violenta de alguén. Erguíanse na plaza para protexer a xente ou nos campos das festas, onde soía facerse a feira, para protexer o gando. Arredor de outros cruceiros, concretamente, aqueles que teñen no pe unhas iniciais ou cruces pequeniñas gravadas, pénsase que están soterrados nenos que morreron antes de se bautizar. Noutros pedíase un embarazo ou curar o raquitismo... Algúns cruceiros tiñan/teñen unha mesa ó pe, que se usaba para deixar un morto camiño do cemiterio durante unhs instantes mentras se lle rezaba algo.
Hoxe en día, aínda se chega a ver algunha vez cirios ó pé e flores nalgún deles.
Hoxe en día, aínda se chega a ver algunha vez cirios ó pé e flores nalgún deles.
3 comentarios:
Nada, o que eu sempre digo: non te deitarás sen saber unha cousa máis. Non tiña nin idea destas historias dos cruceiros, e sempre é bo sabelo, porque a partir de agora mirareinos con outros ollos e observarei se aparecen algunhas desas marcas e procurarei saber a súa orixe. Grazas.
os cruceiros como indica a sua raiz etimolóxica ubicabanse nas encrucilladas de camiños, ainda que na sua orixe non foron simbolos cristians.Sonche a resulta da cristianización(século V) de antigos monolitos castrexos asociados probablemente ós rituais de fertilidade (según uns) ou de os miliarum romanos (según outros).
Sexa como fore, a feitura que hoxe coñecemos deles, proven da epoca barroca(século XVII).Castelao recolle no seu libro CRUCES DE PEDRA na GALIZA unha escolma dos mais señeiros, entre os que se atopa un ubicado na parroquia de TOMBELO.
unha aperta
Maxa, direiche que eu tamén me fixo sempre si vexo as marcas, nos que son vellos, aínda que non distinguín as tales iniciais.
Xesús, tanto como se ó principio xa eran cristians, pois terás razón, porque ata donde sei ai tamén cruceiros en Irlanda, Brasil... e aquí algo lin de que puderon iniciarse por cultos paganos á natureza e ir variando con tempo. Agradécense os datos.
Publicar un comentario