27/4/09

NO REVEL, UNHA HORTA

Novamente unha fermosísima fotografía antiga por Vilalonga, e novamente me chega da man de Nacho Velón, (GRAZAS). Abofé que creo que esta aínda me gusta máis que a anterior...
Nela nos mostra con nostalxia o resultado dun día castigado sen praia, por non rematar de recoller as mazás que serían o menú dos cochos. A imaxe é do pilón que entón usaban para regar “La Huerta de Abajo”, xusto onde se está a facer o centro de saúde.
Como vedes, o pai non se bañou, pero a súa nai, Dna.Luz, non estaba disposta a pasarse sen o seu baño, e así foi... toda a mañá.

2 comentarios:

luis dijo...

Outra preciosa foto. Que peniña que non aia máis fotos do pobo.

Nacho Velón dijo...

Teño moitas fotos familiares antigas, pero otras moitas as teño en caixas pechadas despois do desalojo do picadeiro de cabalos. Cando torne a villalonga e poda abrirlas, xa mandarei mais.