Hoxe doume por ir pasear (ordes médicas), e pasei por a igrexa. E curioso no que un se fixa cando lle sobra tempo. Teño paseado moito por Os Leiros, a Telleira, a Fianteira... pero nunca me dou por ir alí arriba, salvo para ir a algunha boda, e moito menos pasara por a parte de atrás da igrexa. Dado a hora que era, non había ninguén, e paseando tranquilamente, fixeime por primeira vez de que ai unhas escaleiras picadas na pedra, (totalmente abandoadas e esquecidas) na parte posterior, que supoño serán do século XVII. Tamén me fixei na fonte, na que me sentei tranquilamente un rato a descansar. Gustaríame saber que simbolizan as dúas chaves cruzadas na parte superior...
11 comentarios:
As escaleiras corresponden a unhas tumbas medievais, pero que estan no olvido.
O tema das chaves non o sei pero supoño que sera porque a parroquía esta adica da a San Pedro, guardian das chaves do ceo.
Tes unha errata na cabeceira do blog. Vilalonga ten 5,4 Km2 e supera lixeiramente os 3.000 habitantes.
As "escaleiras" que ti dis é unha necrópolis da Alta Idade Media que, por certo, a anterior AA. de VV. quixo arrasar para anchear a estrada que sube ó cemiterio.
En canto ás chaves da fonte, está no certo o q di o comentario anterior.
Chorona, fíxate que relaxada andaba que non caín neso tan evidente, e eso que a frase "aforrar pa comprar a San Pedro" e unha frase que uso moito. Gracias.
ANONIMO: Non me costa nada nada retocalo agora mesmo, lembro que cando inicie o blog mirei en varios lugares e non coincidían así que fixen algo así como unha media, pero si ti estás seguro, sin problema. GRACIAS, DENDE LOGO.
Ei, anonimo, ¿como que querían arrasar as escaleiras?... penso que o cemiterio vaise sobradamente. Se meteran caña para mirar o asfaltado en todo o pobo... será que por Rouxique abaixo non van ou o coche non lles doe.
As "escaleiras" das que falas son as tumbas que xe dixen noutro post que estaban abandoadas ao caron da igrexa. Boas fotos e ánimo.
Amigo Zeppelin, pois era a primeira vez que as vía, nunca fun cara atrás. E tampouco pensei que fosen tumbas, (claro, non se ve máis ca herba e musgo...).
Grazas e un saúdo.
Pois se te fixas debe existir unha placa onde pon algo como "Tumbas medievais" (ou algunha incoherencia similar) pero debe estar oxidada e ilexible. Aínda que medieval debemos ser nós para aturar algunhas cousas que pasan hoxe en día. E para exemplo as goteiras do Museo da Tilleira. Como se nota que os mandamais actuais nunca traballaron subindo barro nunha cesta na cabeza dende un buraco a 20 metro para a tilleira. Eu tampouco o fixen (grazas a deus) pero non hai tanto que se facía así e que as penurias eran diarias nas casas dos nosos avós.
De tódolos xeitos para que queremos patrimonio e historia se xa temos un Concello que tira os nosos cartiños en parvadas como "Organizan un taller de risoterapia para ayudar a combatir el estrés".
Desexo de todo corazón que algún día non choremos polos cartos derrochados en épocas de bonanza e "gAIVOTAS"
Uy... pois eu creo que sí imos chorar. EStá todo chunguísimo, cada vez peor. Pero como pa eles todo é igual... pois ala, a tirar pa diante. A chorrada esa da risoterapia xa a lera, creo que na piscina, e aínda me rin un rato.
Na tilleira estiven hoxe un chisco, e vin que dentro está abandoado, pero non notei que tivera goteiras (claro, o non chover). Pois xa é o último deste tema... pffffffffffffffffff.
E as tumbas medieváis de marras, ei volver o fin de semana ou así, porque estiven alí como 20 minutos, e xúroche que non vin tal placa. Igual está algo cuberta de herba e pasóuseme. (Ou pasóume como coas chaves da fonte, que estaba eu na inopia).
POR CERTO, que pasei por Piñeiros... e ou moito me enganou a vista, ou está o asfalto ese novo, cheo de furados, xa, uns 7 ou así. ¿¿ Tan mal votado foi??.
Os furados deben ser para marcar onde van as tapas das alcantarillas. Se as poñen claro¡¡¡¡
hola,pa empezar encantame este blog posto q eu son de vilalonga encantame este blog, en canto as escaleiras esas son unhas tumbas medievais abandoadas, e encanto as duas chaves e o sinbolo de san pedro, as duas chaves significa as chaves do ceo, se te fixas cando entres na igrexa a imaxe de san pedro q esta no altar maior leba unha chave na man
Grazas, anónimo, e non, non se me dou por fixarme no altar na igrexa. Eime fixar, xa que teño prevista unha visita en xulio.
O das chaves, aclaroumo Chorona, e que nin para ahí me fora a cabeza, naqueles días (algo chungos).
Mil grazas por a visita
Publicar un comentario