18/5/09

AS FESTAS DE VILALONGA

A comisión de festas, presidida por José Buezas, rebaixa este ano o presuposto de 98000 para as festas, do ano pasado a 38000 € menos. Acorde cos tempos que corren, e xa que había aínda moitas deudas do ano pasado, a comisión dedidiu sanear ás contas sen pagar do ano pasado. Con todo, aseguran que van quedar unhas festas máis que dignas, con menos orquestas, pero de boa calidade.
Este ano, tampouco vai a comisión a explotar a barra de copas no recinto das festas, asignouse a unha terceira persoa para que os da comisión tamén poidan disfrutar das celebracions
.

Digo eu que cos aires que corren está ben gastar menos nas festas, mal que nos pese, aínda que recoñezo o meu respeto por a moral desta xente. Eu mesma sei con detalle as veces que a xente atopa 30 excusas para non dar un peso, pero as festas quérenas. Tamén recollezo que aquí só pediron un ano, imaxino que porque ate agora traballei sempre e non me toparon na casa. Menos mal que tampouco baixo á festa, a ningunha, creo que a última festa que pisei foi á da Lanzada ai 3 anos. Algún da comisión me ten contado anécdotas, como cando foron á casa duns veciños a pedir, timbraron porque os viran entrar de lonxe. Insistiron porque sabían que estaban dentro, pero os de dentro caladiños e quietos e non abriron a porta, nin para arrear 10 €, (suponse que axexaron por a ventá ou a mirilla). Eso sí, logo, foron dos primeiros en presentarse nas festas o primeiro día, o ano pasado. E... ¡ que cousas !, eran dos máis afortunados ... pero tamén parece que moi devotos da Santa Virxe da Billeteira.

4 comentarios:

Atalaya dijo...

Lo de las comisiones de fiestas tiene mucho mérito, anécdotas como las que cuentas seguro que hay un montón, y es muy cierto que aquellos que menos dan ( o no dan) son los primeros en criticar. En estos tiempos no es muy fácil mantener estos festejos, por lo que aplaudo la determinación de la comisión de fiestas de Vilalonga por seguir con unas fiestas que siempre fueron emblemáticas. Muy acertado lo de reducir los gastos. Un 10.

Anónimo dijo...

E eu non sabía que se metían tantos cartos nas festas, mimadriña. Agora entendo algunhas cousas.

Atalaya dijo...

Las fiestas cuestan mucho dinero: orquestas,fuegos,seguros.Se amortizan con las donaciones, subvenciones y atracciones, pero es una labor muy dificil e ingrata.Las empresas colaboraban bastante, pero ahora con la crisis....

Anónimo dijo...

Iso das festas pasa en Vilalonga e en todas partes. Á xente gústalle que se fagan as cousas pero se aporta o veciño moito mellor e logo o dia da festa en primeira plana.Sempre hai algún listillo ou listillos en cada pobo